Mina Novo Frixo NON

Mina Novo Frixo NON Plataforma contra o proxecto mineiro Novo Frixo en Laza, Sarreaus e Cualedro

Ir a Marte, ¡eso é o que nos queda con que non poñamos límite a minería e os seus impactos! Ollade este vídeo explicativ...
03/12/2024

Ir a Marte, ¡eso é o que nos queda con que non poñamos límite a minería e os seus impactos!

Ollade este vídeo explicativo dos efectos da minería sobre o noso entorno, con exemplos reais dos desastres que provocan as minas e o pasotismo a hora de enmendalos. Moi importante para estar ben informados.



Mina Touro - O Pino NON Plataforma comarcas Limia - Verín Non ás Minas

Llevamos décadas con la idea de colonizar Marte para crear poblaciones estables en el planeta como alternativa a la sobrepoblación de la Tierra y la degradac...

Neste medio dixital praza.gal , fanse eco da nosa recollida de alegacións, que foron máis de 400 as alegacións que prese...
02/08/2024

Neste medio dixital praza.gal , fanse eco da nosa recollida de alegacións, que foron máis de 400 as alegacións que presentamos, estando máis pretas pasadas das 1000, e en conxunto foron cerca de 3000-4000 alegacións dos tres proxectos de investigación mineira por parte da empresa madrileña Omega Real Estate SL.

Do seu administrador ou CEO ainda non falou nada ninguén, e nós tampouco sabemos nada si dita empresa púxose en contacto cos alcaldes dos tres concellos afectados, ou un "interlocutor válido" como nos trasladaron os alcaldes nas reunións.

Omega Real Estate solicitou permisos de investigación en Novo Arboim (Oímbra), Novo Frixo (Laza, Sarreaus e Cualedro) e Novo Cima (Verín e Vilardevós). A SGHN ou a Plataforma comarcas Limia-Verín Non ás minas mobilízanse para fiscalizar os proxectos.

Onte rematou o período para alegar contra os proxectos mineiros da comarca da Limia. 💪 ¡Xuntos e xuntas presentamos máis...
23/07/2024

Onte rematou o período para alegar contra os proxectos mineiros da comarca da Limia. 💪 ¡Xuntos e xuntas presentamos máis de 1000 alegacións! 💪

Esta mobilización popular indica o interese da cidadanía por coidar do seu fogar e rexeitar o expolio dos nosos montes.

¡Grazas a todas as persoas que presentaron alegacións, aos colectivos que apoian a loita, e aos voluntarios e voluntarias que traballan para manter viva a oposición!

Plataforma comarcas Limia - Verín Non ás Minas Stop Eólicos Xurés Celanova Asociación " Petón Do Lobo"Mina Touro - O Pino NON

A Plataforma comarcas Limia-Verín-Non ás Minas informa dunha cifra similar de alegacións contra cada un dos dous proxectos que afectan o concello de Oímbra, e os concellos de Verín e Vilardevós.

Como presentar alegacións electrónicas en menos de 5 minutos:1. 📄 Cubrir e gardar PDF:   - Cubrir os datos no documento ...
17/07/2024

Como presentar alegacións electrónicas en menos de 5 minutos:

1. 📄 Cubrir e gardar PDF:
- Cubrir os datos no documento de Word adxunto.
- Gardalo como PDF.
- Asinalo co certificado electrónico.

2. 🌐 Acceder ao portal:
- Ir a [https://reg.redsara.es/]).
- Acceder co certificado electrónico.

3. 📝 Novo rexistro:
- Premer en "novo rexistro".
- Poñer os datos persoais e marcar a casilla para recibir notificacións por correo.

4. 🏢 Datos do organismo:
- Código: A12017393 (Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense).

5. 📋 Asunto e expón:
- Asunto: Alegacións contra Novo Cima Nº 52982, Novo Frixo Nº 5291, Novo Arboim Nº 5290.
- Expón: Presentar alegacións ás solicitudes de permisos de investigación.

6. 📎 Engadir documento:
- Engadir o PDF asinado.

7. ✔️ Revisar e confirmar:
- Revisar, firmar electronicamente e confirmar rexistro.
- Descargar e gardar o xustificante.

Agora, comparte e anima a outros a presentar as súas alegacións!

Á XEFATURA TERRITORIAL EN OURENSE DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ESCRITO DE ALEGACIÓNS D/na ……………………………………………………………………………………, con DI ######XX-X, con enderezo a efectos de notificación en ………………………………...

16/07/2024

🌿🌾 Non ás Minas de estaño e wolframio, que non de litio, na Limia e Verín!🌾🌿

📢 Sr. Rueda , Presidente da Xunta, quen son os de sempre?

🔸 Vostede afirmou que os que se opoñen ás minas a ceo aberto en Ourense son "os de sempre". Mais, en Laza, Sarreaus e Cualedro, onde o PP ten maioría absoluta, os tres alcaldes e a cidadanía estamos en contra da mina.

🔸 As nosas aldeas están rodeadas pola poligonal da mina, collendo as nosas casas de cheo. A xente, sen importar a súa afiliación política, tamén a rexeita.

📅 Convidámolo a ver a nosa realidade. Veña sen avisar, colla a moto e fale coa xente. 🚴‍♂️💬

🏡 O rural precisa medidas para fixar poboación, non para acabar con ela e coa súa saúde. Unha mina destas características non é benvida ao lado das casas, a pesar de que cumpra coa normativa como vostede di.

💧 Todos sabemos das repercusións nos nosos acuíferos, do po en suspensión, das balsas de lodos que filtran velenos ás nosas augas, das que bebemos. Aquí bebemos do grifo, Sr. Rueda. A nosa auga é a nosa vida.

❌ NON A MINA. Fale cos seus alcaldes e cos seus votantes, eses son os de sempre.

😡 Lemos no  isto e é indignante ver como os alcaldes aseguran non estar a favor da mina a ceo aberto, mentres o presiden...
15/07/2024

😡 Lemos no isto e é indignante ver como os alcaldes aseguran non estar a favor da mina a ceo aberto, mentres o presidente do PP minimiza as críticas dicindo que "os que están en contra son os de sempre". Eiqui os de sempre é o rural, xente de todos os cores políticos 😤 ¡Basta de desviar a atención! 🚨 Necesitamos líderes que realmente escoiten e respondan ás preocupacións de todos os cidadáns, especialmente no rural. 🏞️

Precisamos iniciativas que aseguren poboación no rural a longo prazo, non que acaben coa saúde da xente que vive aquí. 🏡👨‍👩‍👧‍👦 ¡Non á mina a ceo aberto!

Distintos medios recollen a loita veciñal contra as minas e a explotación desmedida dos nosos recursos. As persoas que q...
15/07/2024

Distintos medios recollen a loita veciñal contra as minas e a explotación desmedida dos nosos recursos. As persoas que queren protexer a beleza dos seus fogares e do seu entorno NON SON UNHA MINORIA!

📌 LA REGIÓN
https://www.facebook.com/stopeolicosxurescelanova/posts/pfbid02ESPKKWsJcAb3hnY9kdATq7jFFSR2VbvZkHkN4iW5oFw7H7VX6wtQBTSoRWE4Vin2l

📌 DENDE A LIMIA
https://www.facebook.com/dende.alimia/posts/pfbid03678WNiuWykhcC1efspp3Y7LZZdNt8DErvXv56xs4gEkKcC6PmymcZvekzT2mDZGAl

📌 XURESCELANOVA FALA GAL
https://www.facebook.com/stopeolicosxurescelanova/posts/pfbid0uFrxgwPBJcbvVCz9ZUAgqMJabG8NmaLn7pTfVgevWmzKLQfj5DGrHd3BLu2xP6qtl

📌 ourensenarede

Durante a feira de Xinzo de Limia produciuse a recollida de firmas contra a Mina Novo Frixo e sesións de información á cidadanía.

Onte estivemos recollendo alegacións en Xinzo de Limia. Grazas ao apoio de outras plataformas e colectivos, así como aos...
14/07/2024

Onte estivemos recollendo alegacións en Xinzo de Limia. Grazas ao apoio de outras plataformas e colectivos, así como aos voluntarios e voluntarios.

Loitemos contra as minas, xuntos!

📣 Hoxe saímos na portada do  📣Falamos con eles para dar a coñecer a preocupación da veciñanza da comarca de que exista a...
14/07/2024

📣 Hoxe saímos na portada do 📣

Falamos con eles para dar a coñecer a preocupación da veciñanza da comarca de que exista a posibilidade de que se implante unha mina de litio a ceo aberto de arredor de 2290 hectáreas de terreo que afectaría a aldeas de Laza, Sarreaus e Cualedro e incluso ós ríos Támega e Limia.

Artigo completo a continuación!

Veciñanza dos concellos afectados recolle alegacións aos proxectos.

Podedes pasar polos seguintes puntos de recollida de alegacións contra a mina Novo Frixo para presentar as vosas alegaci...
12/07/2024

Podedes pasar polos seguintes puntos de recollida de alegacións contra a mina Novo Frixo para presentar as vosas alegacións.

Cada alegación presentada suma. Non o dubides e toma acción agora acudindo ao teu punto máis próximo 📄

🌍💔 Non á Mina a Ceo Aberto de Novo Frixo en Sarreaus, Laza e CualedroO noso entorno natural está en perigo. Un proxecto ...
10/07/2024

🌍💔 Non á Mina a Ceo Aberto de Novo Frixo en Sarreaus, Laza e Cualedro

O noso entorno natural está en perigo. Un proxecto mineiro ameaza con destruír a nosa terra, contaminar as augas e poñer en risco a nosa saúde. 🚫🛑

📄 Participa nas Alegacións: Descarga o modelo e preséntao no teu concello, sede electrónica ou oficina de correos. 👉 https://bit.ly/NovoFrixoNON_alegacion

⚠️ Impacto Ambiental: Deforestación, perda de biodiversidade e emisión de pó que afecta a flora e fauna locais. 🌿❌

🚱 Contaminación das Augas: Produtos químicos poden filtrarse, contaminando ríos, augas superficiais, subterráneas, fontes e acuíferos. 💧❗

🤧 Saúde da Comunidade: Pó e residuos tóxicos poden causar enfermidades graves. 😷🩺

☢️ Contaminación Atmosférica: Produtos químicos pesados por explosións e grandes movementos de terra. 🌫️⚠️

🌳 Preserva o Patrimonio Natural: Non permitamos que os intereses económicos destrúan o que é de tod@s. 🌍💚

🐮🐝 Defende as Explotacións Gandeiras: As nosas terras son o sustento de moitas familias. 🌾🐄

🐙 ⛰️ Galicia non é Terra de Sacrificio: Os nosos recursos deben beneficiar á poboación local, non prexudicala. 🏞️✊

🗞️ La Región: Artigos sesgados non axudan. A veciñanza quere seguir vivindo no rural. 📰✋

✊ Únete á Loita: Comparte esta mensaxe, infórmate e participa nas protestas. Xuntos podemos protexer a nosa terra. 💪🌱


O proxecto de mina Novo Frixo atraeu atención mediática en "La Region".Para completar a noticia e evitar malas interpret...
09/07/2024

O proxecto de mina Novo Frixo atraeu atención mediática en "La Region".

Para completar a noticia e evitar malas interpretacións, queremos aclarar que, moitas veciñas e veciños das dúas comarcas estamos moi preocupados por estas noticias. Na noticia o único que din é que buscan minerais en Monterrei e na Limia destacando a súa importancia, o que non é garantía de tranquilidade.

Non se menciona o impacto da xente dos arredores.

Nesta primeira fase somos conscientes de que van recoller mostras pero iso xa é preocupante, porque sabemos que detrás diso está a adquisición de dereitos de explotación para un futuro e unha venta especulativa.

Outra cuestión que nos gustaría aclarar é que na noticia di que os alcaldes dos tres concellos afectados foron levar preguntas dos propietarios a Xefa Territorial. Non sabemos que preguntas poderían levar cando supostamente ainda non sabían nada de todo isto; nin eles, nin os propietarios, nin as comunidades de montes sabíamos nada por parte da empresa madrileña Omega Real Estate SL., que non responde.

Pedimos claridade á Xunta que publicou a petición do permiso.

Agradecemos a claridade aos gobernos dos tres concellos que se puxeron do lado da veciñanza e manifestaron o seu compromiso de facer alegacións en contra da mina, e pedimos non quitarlle ferro a unha primeira fase dun proxecto mineiro desta envergadura.

La empresa está dando los últimos pasos administrativos para iniciar prospecciones en una zona de 3.800 hectáreas de seis concellos para localizar litio, detrás de las nuevas tecnologías. Los alcaldes implicados buscan información sobre los proyectos pero aseguran que estarán “al lado de lo...

Dirección

Sarreaus
32631

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mina Novo Frixo NON publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría