Biblioteca das Facultades de Medicina e Odontoloxía e Enfermaría

Biblioteca das Facultades de Medicina e Odontoloxía e Enfermaría Páxina oficial da Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía e da Biblioteca da Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela

Mañá, 25 de xullo, celébrase o Día Mundial para a Prevención dos Afogamentos baixo o lema «Unámonos para reverter a situ...
24/07/2026

Mañá, 25 de xullo, celébrase o Día Mundial para a Prevención dos Afogamentos baixo o lema «Unámonos para reverter a situación». O obxectivo: reducir os afogamentos nun 35% de aquí a 2035.

Os afogamentos son, a escala mundial, unha das dez principais causas de morte en nenos de entre 4 e 14 anos.

Na páxina da campaña da OMS está dispoñible unha guía práctica en inglés e información sobre a Estratexia Mundial de Prevención dos Afogamentos.

Los ahogamientos se cobran más de 300 000 vidas al año –30 cada hora– y casi una cuarta parte de las víctimas son menores de cinco años. A escala mundial, son una de las diez causas principales de muerte en niños de entre 5 y 14 años. El lema del Día Mundial para la Prevención de los Aho...

✨ Novo recurso no ámbito das ciencias da saúde en período de proba! 🩺Non perdades a oportunidade de coñecelo!
29/06/2026

✨ Novo recurso no ámbito das ciencias da saúde en período de proba! 🩺

Non perdades a oportunidade de coñecelo!

A web da universidade destacou na súa sección de "Actualidade" o recente estudo sobre a análise das historias clínicas d...
11/06/2026

A web da universidade destacou na súa sección de "Actualidade" o recente estudo sobre a análise das historias clínicas dos casos de afogamento rexistrados en Galicia ao longo de 18 anos, no que participaron os investigadores da USC Santiago Martínez Isasi, Antonio Rodríguez Núñez e Ignacio Muñoz. O estudo foi publicado na Revista Española de Salud Pública.

O artigo está dispoñible para a súa consulta en liña en acceso aberto

O vindeiro 4 de xuño celebrarase en Santiago a terceira edición das xornadas "Únicas Talks", un encontro que reunirá esp...
01/06/2026

O vindeiro 4 de xuño celebrarase en Santiago a terceira edición das xornadas "Únicas Talks", un encontro que reunirá especialistas de toda España co obxectivo de compartir coñecemento e impulsar solucións para as enfermidades raras conxénitas.

Nesta edición participará María Luz Couce, catedrática da USC e directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), ademais de xefa do Servizo de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e directora da súa Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Enfermidades Metabólicas Conxénitas.

A Universidade de Verán da USC ofrece nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variad...
19/05/2026

A Universidade de Verán da USC ofrece nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo e diversas vilas galegas.

Consulta toda a oferta de cursos, os prazos de inscrición e o recoñecemento académico no enlace.

📌https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran

Un equipo interdisciplinar das Universidades de Santiago e A Coruña avaliou unha metodoloxía innovadora para a aprendiza...
16/04/2026

Un equipo interdisciplinar das Universidades de Santiago e A Coruña avaliou unha metodoloxía innovadora para a aprendizaxe da actuación en nenos e nenas con trastorno do espectro autista (TEA) de entre 8 e 12 anos ante unha parada cardiorrespiratoria, baseada no uso de pictogramas e simulación. Os resultados amosaron melloras significativas na execución de pasos clave do soporte vital básico (SVB) tras a intervención formativa, mostrando unha adquisición de competencias con niveis comparables aos nenos e nenas con desenvolvemento neurotípico.

Dirección

Rúa San Francisco S/n//Avenida De Xoán XXIII S/n
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca das Facultades de Medicina e Odontoloxía e Enfermaría publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca das Facultades de Medicina e Odontoloxía e Enfermaría:

Atajos

Compartir

Categoría