Gardacostas de Galicia

Gardacostas de Galicia O Servizo de Gardacostas encárgase da vixilancia, salvamento e protección do medio nas augas galegas Máis de 30+1 anos ao servizo do mar e das súas xentes.
(1)

O Servizo de Gardacostas de Galicia é o organismo encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Depende directamente da Consellería do Mar e opera as 24 horas e os 365 días do ano dando resposta inmediata ás incidencias que se van producindo na nosa Comunidade. Tamén lle fai fronte á contaminación, preservando a nosa contorna mariña. A outra das grandes

apostas deste organismo é loitar contra a lacra do furtivismo e contra os que exercen de xeito ilegal a competencia desleal aos miles de profesionais que viven da actividade marisqueira e pesqueira en Galicia. Evitar a venda de produtos do mar por fóra das vías legais de comercialización e preservar a saúde dos consumidores é un piar básico.

06/09/2026

🚁 Mobilizamos o Pesca 1 para evacuar un mariñeiro do pesqueiro Sempre Lagoal, a 20 millas ao oeste das Cíes, tras sufrir un corte profundo nun brazo.

▶️ En coordinación con Salvamento Marítimo de Vigo, trasladámolo inmediatamente ao Hospital Álvaro Cunqueiro

30/08/2026

🚁 Visita moi especial na base do Pesca 1 en Vigo. Fai uns días evacuamos desde a Illa de Ons ao pequeno Urtzi, de 8 anos, por un problema de saúde.

❤️ Coa súa familia achegouse a agradecerllo en persoa á tripulación que o auxiliou. Foi un reencontro cheo de emoción e agarimo

26/08/2026
25/08/2026

🚁 O helicóptero Pesca 2 evacuou a pasada noite ata Celeiro aos 3 tripulantes do palangreiro ‘Corvo’, de 25 metros de eslora e porto base en Ondarroa, que se incendiou a 8 millas de Estaca de Bares

🚨 Tras recibir a petición do CCS de Fisterra, acudimos ó lugar e comprobamos que os tripulantes, que saltaran á balsa salvavidas, foran auxiliados polo arrastreiro ‘Río Xunco’ que navegaba pola zona, e estaban sans e a salvo. Desde a cuberta deste buque procedemos á evacuación e ao traslado por aire ata terra, mentres a Salvamar Alioth, de Salvamento Marítimo, facíase cargo da balsa

🔵 Nova semana de intensos controis contra o furtivismo por terra e mar no litoral galego👉🏻 Retiramos preto de 1.300 apar...
24/08/2026

🔵 Nova semana de intensos controis contra o furtivismo por terra e mar no litoral galego

👉🏻 Retiramos preto de 1.300 aparellos irregulares e comisamos 372 kg de capturas, principalmente polbo e nécora, devolvendo as especies vivas ao seu medio

24/08/2026

Así vivimos onte á noitiña a evacuación de urxencia dun traballador da hostalería das Illas Cíes. Foron momentos frenéticos, nos que cada segundo contaba

🐙 Intensificamos a loita contra o furtivismo para protexer os recursos das nosas rías.Só na xornada de onte incautamos e...
21/08/2026

🐙 Intensificamos a loita contra o furtivismo para protexer os recursos das nosas rías.

Só na xornada de onte incautamos en Vigo, Arousa e Muros-Noia:
▶️ 511 artes de pesca ilegais
▶️ 143,5 kg de polbo
▶️ 11 kg de nécoras

Todas as especies foron devoltas ao mar

🔵 Balance semanal de Gardacostas contra o furtivismo nas rías galegas:  🔹+260 kg de peixe e marisco comisados🔹 656 apare...
19/08/2026

🔵 Balance semanal de Gardacostas contra o furtivismo nas rías galegas:

🔹+260 kg de peixe e marisco comisados
🔹 656 aparellos ilegais retirados
🔹 46 actas de presunta infracción

ℹ️ Devolvemos ao mar os que podían sobrevivir e os outros entregámolos en centros benéficos

16/08/2026

🚁 O Pesca 1 rescatou con gran destreza un home que sufriu unha posible fractura de cadeira cando practicaba barranquismo nunha zona de moi difícil acceso en Folgoso do Courel

▶️ Alertados polo 112 Galicia, acudimos á zona, onde tamén se atopaban o GES de Folgoso, un médico do 061 e a Garda Civil. Realizamos varios intentos de busca do ferido, con moita dificultade pola frondosidade da zona e no límite de combustible xa que a aeronave tivo que ir desde Vigo. Finalmente puidemos localizalo in extremis e o rescatador e o operador de grua conseguiron izalo

Dirección

Sar, 75
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Gardacostas de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir