Biblioteca de Ciencias da Comunicación - USC

Biblioteca de Ciencias da Comunicación - USC Páxina oficial da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago

03/09/2026
Coa chegada de setembro a Biblioteca recupera o horario habitual
02/09/2026

Coa chegada de setembro a Biblioteca recupera o horario habitual

Feliz verán!
31/07/2026

Feliz verán!

Estes son os libros que compartimos no Club de Lectura da FACOM: historias para conversar, reflexionar e g***r. Deixa qu...
29/07/2026

Estes son os libros que compartimos no Club de Lectura da FACOM: historias para conversar, reflexionar e g***r. Deixa que tamén te acompañen este verán!!



TikTok | Make Your Day

A colección dos Hearst Metrotone Newsreels, conservada no UCLA Film & Television Archive (Universidade de California en ...
27/07/2026

A colección dos Hearst Metrotone Newsreels, conservada no UCLA Film & Television Archive (Universidade de California en Los Ángeles) co apoio do Packard Humanities Institute, reúne arredor de 288 cintas inéditas relacionadas coa Guerra Civil española.

90 anos despois do golpe de Estado contra a Segunda República, este amplo arquivo de noticiarios estadounidenses permite redescubrir como se contou a Guerra Civil española ao público dos EUA. As imaxes, conservadas nos arquivos Hearst, mostran a guerra como un conflito que captou a atención mundial, combinando escenas de combate, sufrimento civil e acción humanitaria.

Os noticiarios proclamaban a neutralidade estadounidense, pero tamén reflectían as tensións políticas da época e a crecente preocupación polo avance do fascismo en Europa. Desde o bombardeo de Gernika ata o éxodo dos refuxiados, estas filmacións revelan como as imaxes contribuíron a construír o relato internacional da guerra e a influír na opinión pública.

Hoxe, este valioso patrimonio audiovisual axúdanos a comprender mellor a complexidade do conflito e a importancia da memoria histórica, lembrándonos que a historia segue en permanente construción.

https://newsreels.net/search?rp=%2Fnod&rs=%3Fyear%3D1923&r=&q=spain+civil+war&p=0

Hai 100 anos abría as súas portas a Biblioteca América, un proxecto nacido do impulso do emigrante galego Gumersindo Bus...
23/07/2026

Hai 100 anos abría as súas portas a Biblioteca América, un proxecto nacido do impulso do emigrante galego Gumersindo Busto que hoxe continúa a ser un referente polo valor do seu extraordinario patrimonio bibliográfico e documental.

A exposición "A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926" achéganos á historia desta colección única, creada grazas á colaboración de persoas e institucións de ambos os dous lados do Atlántico. Un percorrido pola memoria compartida entre Galicia e América a través de libros, mapas, fotografías e documentos que forman parte dun legado cultural de enorme valor.

Se aínda non a visitaches, esta é unha magnífica ocasión para descubrir a historia dunha biblioteca centenaria que segue a tender pontes entre continentes e xeracións de investigadores e lectoras.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/exposicion-biblioteca-america-sono-inaugurado-1926-abriu-suas-portas-colexio-fonseca

Dirección

Avenida De Castelao
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Teléfono

+34 881 816505

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca de Ciencias da Comunicación - USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca de Ciencias da Comunicación - USC:

Atajos

Compartir

Categoría