10/08/2026
O pasado sábado, en Entrimo, recibimos o recoñecemento como Entidade Arraiana 2026, concedido polo Colectivo Arraianos no marco das IX Xornadas Arraianas.
Un premio que recoñece o compromiso da institución coa investigación, a difusión e a preservación da cultura e da memoria compartida entre Galicia e Portugal, e cun territorio que entende a fronteira como espazo de encontro, relación e intercambio.
O xerente do CCG, Marcelino Fernández, recolleu o galardón nun acto no que tamén foron distinguidos os expresidentes da institución Rosario Álvarez, como Arraiana Maior 2026, e Ramón Villares, como Arraiano Maior 2026. Melgaço recibiu o nomeamento de Concello Arraiano 2026.
A xornada incluíu tamén o I Seminario sobre identidade, memoria e fronteira na Raia Seca, organizado polo CCG, o Concello de Entrimo e o Colectivo Arraianos.