BNG Compostela - Comarca

BNG Compostela - Comarca Esta é a páxina do BNG da Comarca de Compostela.

Esta é a páxina da Comarca do BNG de Compostela que comprende os concellos de A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Compostela, Frades, Mesía, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

25/08/2026

🚌📢 Este venres, a deputada Saleta Chao Rivas (Saleta Chao Rivas) defendeu no Parlamento de Galiza unha iniciativa para mellorar o servizo de autobús na comarca de Compostela, avalada por máis de 2.400 sinaturas cidadás.

👏 Delas, 272 foron de veciñas e veciños de Brión, que alzaron a voz para reclamar un transporte público digno, con mellores horarios e conexións.

❌ O PP volveu votar en contra dos intereses de Brión, rexeitando unha proposta que pretendía dar solución aos problemas que sofren cada día as nosas veciñas e veciños.

💪 Seguiremos traballando e facendo oír a vosa voz para que Brión teña os servizos públicos que merece!


🌧️ 𝗖𝗮𝘁𝗿𝗼 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗿𝗲𝗰𝗹𝗮𝗺𝗮𝗻𝗱𝗼 𝘀𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀... 𝗘 𝗮𝘀 𝗶𝗻𝘂𝗻𝗱𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗲𝗻A veciñanza dos Ánxeles leva desde 2022 reclamando soluci...
24/08/2026

🌧️ 𝗖𝗮𝘁𝗿𝗼 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗿𝗲𝗰𝗹𝗮𝗺𝗮𝗻𝗱𝗼 𝘀𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀... 𝗘 𝗮𝘀 𝗶𝗻𝘂𝗻𝗱𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗲𝗻

A veciñanza dos Ánxeles leva desde 2022 reclamando solucións aos constantes asolagamentos. O PSOE mantívose en silencio até 2024, cando se viu obrigado a responder pola presión veciñal, pero non moveu un dedo.

Tras varias xestións, o BNG de Brión, a través do Grupo Parlamentar do BNG, levou unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza para 2026, co obxectivo de que Augas de Galiza adoptase medidas concretas. O PP rexeitou esta proposta no Parlamento galego.

Meses depsois, no último pleno local de Brión, levamos unha proposta para coordinar as distintas adminsitracións e poñer en marcha medidas concretas. Malia o compromiso adquirido coa veciñanza, o PP abstívose e o PSOE votou en contra.

Até hoxe, a única 'solución' da Xunta de Galiza foi colocar uns carteis con recomendacións e pautas de actuación ante as inundacións. Pero medidas concretas para evitar os problemas para a veciñanza e o risco para as persoas e as vivendas, non.

💙 Desde o BNG seguiremos defendendo as xustas reivindicacións das veciñas e veciños de Brión. Con claridade, con coherencia e coa firmeza de que sabemos que siglas representamos e a quen nos debemos: ás veciñas e veciños deste concello.

24/08/2026

Néstor Rego rexistra unha iniciativa no Congreso reclamando ao Goberno que verifique as informacións que vinculan a compañía romanesa con Israel e voos de de...

20/08/2026
19/08/2026

O vindeiro mércores día *19 de agosto ás 21h* O BNG de Teo levaremos a cabo unha
*Ofrenda floral en homenaxe a Ánxel Casal e Pepiño Areosa* no monólito da Travesía de Montouto en Cacheiras ,lugar onde tiraron os seus corpos despois de ser asasinados, vítimas da represión franquista, no ano 1936.

19/08/2026

O vindeiro mércores, 19 de agosto, ás 19:00 h, homenaxearemos a Ánxel Casal, alcalde nacionalista de Compostela en 1936, no 90 aniversario do seu asasinato a mans do fascismo español. Será na avda. Xoán XIII (ao carón da súa estatua) e intervirán a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei , o concelleiro do BNG en Teo Oscar Anton PG a e a militante de Galiza Nova Iria Nande.

No remate, acompañaremos ao BNG Teo en Cacheiras, no monólito onde se atopou o seu cadáver xunto ao de Pepiño Areosa, para facer unha ofrenda floral.

18/08/2026

Hoxe 17/8/2026 , Día da Galiza Martir o Bng de Oroso quere recordar ás mártires do golpe de estado perpetrado por unha parte do exercito que se sublevou ante os resultados democráticos do 36.
No día de hoxe queremos lembrar a todas aquelas persoas que por defender a democracia, a terra e os dereitos da xente foron asasinadas, desterradas e perseguidas.
Nunca esqueceremos o seu legado. Segiremos a reclamar xustiza memoria e reparación.

Vaia a nosa homenaxe para homes e mulleres coma Consuelo de Lata, familia Nouche de Deixebre, Avelino Rico, Severino Pellit e a todas aquelas que aínda están selenciadas.

Somos coñecedoras do custo que tivestes que pagar, algunhas incluso coa sua propia vida.
Dende o BNG a traballamos para que a história non se repita.

17/08/2026

Dirección

Rúa Do Hórreo, 63 - 15701 Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15701

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Compostela - Comarca publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir