PCPG "O Partido Comunista do Povo Galego loita por unha sociedade sen clases, sen opresión nin explotación; sen alienación e desigualdade. Pola xustiza Social.

Para exercermos como povo traballador o direito democrático de Autodeterminación Nacional"

30/08/2026

📣 CONTRA AS CONVOCATORIAS RACISTAS DO 2 DE SETEMBRO: DIGNIDADE, MEMORIA E DEREITOS HUMANOS 📢

Como colectivo comprometido coa defensa dos dereitos humanos, a convivencia e a xustiza social, queremos condenar con toda firmeza os graves episodios de violencia, acoso e pogromos que se están a vivir en Ceuta —utilizados de xeito cínico pola extrema dereita para sementar o racismo—, e trasladar á veciñanza a nosa absoluta repulsa ante as concentracións convocadas para o vindeiro 2 de setembro ás portas dos concellos.

Denunciamos, así mesmo, a utilización electoralista por parte do PP da presidencia da Federación Española de Municipios para lanzar unha convocatoria de maneira unilateral que fundamentalmente ten a intención de seguir a estratexia de desgaste do actual goberno.

A entrada masiva de inmigrantes de hai unhas semanas - organizada polo propio réxime marroquí, utilizando a desesperación da súa propia población civil, por encargo dos EE.UU. e Israel para intentar facer caer ao goberno de Pedro Sánchez pola súa posición sobre Gaza e Irán - non pode servir de escusa para alimentar a confrontación. A realidade máis ineludible e grave é que a extrema dereita está a aproveitar aquela fenda para impulsar unha ofensiva reaccionaria, promovendo auténticos pogromos e un clima de acoso permanente. Esta violencia non apunta unicamente contra as persoas migrantes en situación de extrema vulnerabilidade, senón tamén contra a cidadanía ceutí solidaria e contra calquera veciño ou veciña que se negue a comungar cos seus patróns de exclusión e xenofobia. Normalizar este clima de hostigamento nas rúas supón branquear un fascismo cuxo único obxectivo é a derroga dos dereitos fundamentais.

Estas mobilizacións actúan como correa de transmisión dun discurso que busca inocular o odio no tecido social, convertendo as prazas e rúas dos nosos municipios nun espazo de caza contra o diferente. Facer partícipe ou dar cobertura institucional a este tipo de dinámicas baixo paramentos de falsa solidariedade ou soberanía local é dunha extrema irresponsabilidade. Os concellos deben ser espazos de acollida, cohesión e salvagarda da convivencia democrática, e nunca plataformas que alimenten o sinalamento e a persecución dos sectores máis desfavorecidos da sociedade.

Galiza é, por historia e por necesidade vital, un pobo emigrante. Coñecemos fondamente as causas estruturais que empurran a unha persoa a abandonar o seu fogar, así como a dureza e a desamparación de chegar a un entorno alleo. Por xustiza histórica, por empatía e por pura decencia democrática, os galegos e galegas non podemos secundar nin validar actos que fomenten o receo cara ao estranxeiro, nin replicar os mesmos prexuízos e estigmas que os nosos propios antepasados sufriron historicamente nos camiños da emigración.

Por todo o exposto, facemos un chamamento a NON acudir nin secundar esas vergonzosas concentracións reaccionarias do vindeiro día 2 de setembro. Frente ao racismo, aos pogromos e á violencia da extrema dereita, a nosa resposta debe ser a organización veciñal, a solidariedade antirracista sen fisuras e a protección mutua dos dereitos de todas as persoas.

As rúas galegas deben seguir sendo un bastión de respecto, cordura e garantía estricta dos dereitos fundamentais para todas as persoas, independentemente do seu lugar de procedencia.

Stop Xenofobia Ferrol
29/8/2026

30/08/2026

" Um predador🇺🇲 está preparando em águas caribenhas um ataque militar anti-cubano.
Mas a pacífica Ilha da Liberdade está em alerta, CUBA🇨🇺 NÃO ESTÁ SOZINHA! "
Poster soviético🚩1982.

Хищник 🇺🇲 готовит военную атаку против Кубы в водах Карибского моря.
Но мирный Остров Свободы находится в состоянии повышенной готовности, Куба 🇨🇺 не одинока!
Советский плакат 🚩1982.

Colectivo Marco Oxies | Cmc MocidadeComunista | Castro C
_SovietVisuals

30/08/2026
30/08/2026

Dirección

Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PCPG publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir