STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza As Asembleas son a canle fundamental para practicar un sindicalismo vivo e alonxado de calquera burocratización. A ALTERNATIVA AUTÓNOMA E ASEMBLEARIA.

ASEMBLEARIO

Un sindicato que articule toda a súa acción sindical en torno ás Asembleas, un instrumento a través do que reforzamos a unidade dos traballadores e traballadoras do ensino, debatendo os temas, tomando decisións e controlando a representatividade directamente. GALEGO E CONFEDERADO

Uun sindicato que partindo da realidade galega, traballando en Galicia, reclamando que as competencias

educativas sexan realmente plenas, estea ó mesmo tempo integrado confederalmente para así poder facer frente ao reto dos grandes temas de política educativa. PLURAL E PROGRESISTA

Un sindicato que non renuncia a aglutinar a todas as traballadoras e traballadores do ensino. Defensores do modelo de Escola Pública, o que implica esixir aos gobernos que avancen na loita contra as desigualdades a favor das clases oprimidas. NON SEXISTA

Un sindicato que potenciará todas as accións que conduzan á abolición do sexismo no ensino e na sociedade. AUTÓNOMO

Un sindicato que non esté subordinado á Administración, nin manteña ningún tipo de dependencia de partidos políticos nin de grupos de presión, porque unicamente dende esta autonomía podemos desenvolver dun xeito independente a nosa actividade sindical. REVINDICATIVO

Un sindicato que defende as reivindicación das traballadoras e traballadores do ensino. A mellora das súas condicións de traballo considerando a importante función social do Sistema Educativo. SOCIOPOLÍTICO E DE CLASE

Un sindicato formado por traballadoras e traballadores do ensino, docentes e non docentes que son e se senten parte da clase traballadora. No que as súas reivindicación non queden nunha simple defensa gremial da profesión, belixerante con todo tipo de explotación, co sexismo, e que traballe activamente pola conservación do medio ambiente e pola paz. Que procura unha transformación fonda do actual sistema educativo cara á Escola Pública no marco dun ensino non xerarquizado. UNITARIO

Un sindicato que aspira a configurar unha alternativa unitaria no Ensino dende bases democráticas e pluralistas, e que promove a unidade de acción con outros Sindicatos e Organización progresistas.

19/06/2026

📢 O profesorado do IES de Melide mobilízase en defensa da educación pública.

Denuncian anos de recortes que provocan máis alumnado por aula, menos profesorado, redución de apoios á diversidade, dificultades na FP e limitación de programas esenciais para a convivencia e a inclusión.

Tamén critican a falta de investimento real e a censura sufrida tras a retirada dun decálogo que explicaba as necesidades do centro.

💚 A comunidade educativa reclama recursos suficientes para garantir unha educación pública de calidade, inclusiva e con dereitos para todo o alumnado.

✊ Menos discursos e máis recursos.
📚 Adiante coa educación pública!

Partillamos o seu manifesto:

FP SI, PERO NON ASÍO STEG denuncia a falta de planificación da oferta da FP básica nos IES de Carral e ROU de Vigo.
17/06/2026

FP SI, PERO NON ASÍ

O STEG denuncia a falta de planificación da oferta da FP básica nos IES de Carral e ROU de Vigo.

SÚMATE POLO ENSINO PÚBLICO!Concentración HOXE ás 18:30 en MELIDE.
17/06/2026

SÚMATE POLO ENSINO PÚBLICO!
Concentración HOXE ás 18:30 en MELIDE.

📢 O profesorado galego leva meses mobilizándose en defensa do ensino público. Tras seis xornadas de folga e múltiples ac...
09/06/2026

📢 O profesorado galego leva meses mobilizándose en defensa do ensino público. Tras seis xornadas de folga e múltiples accións reivindicativas, o STEG considera inaceptable o acordo asinado por outras organizacións sindicais coa Consellería.

🗳️ Logo de consultar á súa afiliación, o Secretariado Nacional do STEG acordou convocar unha folga indefinida a partir do 9 de setembro, sempre e cando conte co apoio das Asembleas Abertas do Profesorado e aberta á incorporación doutras organizacións sindicais.

✊ Porque a situación do ensino público require respostas á altura: máis recursos, mellores condicións laborais e unha atención digna para todo o alumnado.

📅 O 25 de xuño celebrarase a Asemblea Xeral das Asembleas Abertas do Profesorado. Participa e fai escoitar a túa voz.

Desde STEG queremos animarvos a secundar  outro martes en loita coas concentracións nos vosos centros e denunciar a viol...
02/06/2026

Desde STEG queremos animarvos a secundar outro martes en loita coas concentracións nos vosos centros e denunciar a violencia policial con este cartaz que podedes tamén imprimir.

AS QUE AQUÍ ASINAN, ALÍ LOITAN.Mentres en Valencia algúns sindicatos rexeitan acordos insuficientes e manteñen a folga p...
26/05/2026

AS QUE AQUÍ ASINAN, ALÍ LOITAN.

Mentres en Valencia algúns sindicatos rexeitan acordos insuficientes e manteñen a folga para defender melloras reais, en Galiza eses mesmos sindicatos venden como “histórico” un acordo con:
❌ 0€ de suba lineal
❌ Sen redución real de horas lectivas
❌ Sen avances nas reivindicacións do profesorado

O profesorado galego merece as mesmas condicións laborais e o mesmo respecto ca en calquera outro territorio.

O STEG seguirá defendendo unha educación pública digna, con mobilización, coherencia e lealdade ao profesorado.

Porque os datos falan.
E porque:
AS QUE AQUÍ ASINAN, ALÍ LOITAN!

17/05/2026
17/05/2026

Hoxe, Internacional contra a LBGTIfobia, desde o STEG queremos manifestar o noso máis rotundo rexeitamento contra toda forma de discriminación, violencia ou exclusión contra as persoas do colectivo LGTBIQ+. Agresións como a acontecida nos últimos días en Compostela son intolerabeis. Seguiremos loitando por unha educación comprometida coa igualdade, a dignidade humana e os dereitos fundamentais, entre eles a diversidade sexual e a identidade de xénero.

Dirección

Rúa Basquiños 52
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza:

Compartir