Esquerda Unida

Esquerda Unida Esquerda Unida é un movemento político e social da esquerda galega. Porque outra política é posible.

Esquerda Unida é un movemento político e social da esquerda galega, formada por mulleres e homes que militan nese país invisible, que de cote produce a fermosura da resistencia organizada diante da barbarie capitalista que esmaga aos pobos e explota as persoas.

Esquerda Unida manifesta o seu apoio á mobilización cidadá convocada para este domingo 6 de setembro en máis de 35 cidad...
03/09/2026

Esquerda Unida manifesta o seu apoio á mobilización cidadá convocada para este domingo 6 de setembro en máis de 35 cidades de todo o Estado (en Galicia: Compostela e Vigo), na que colectivos de protección animal, xestoras de colonias felinas e persoas voluntarias reclamarán aos concellos de todo o Estado o cumprimento efectivo da Lei 7/2023, de protección dos dereitos e o benestar dos animais.
Mais info na web dos convocantes

Esquerda Unida manifesta o seu apoio á mobilización cidadá convocada para este domingo 6 de setembro en máis de 35 cidades de todo o Estado (en Galicia: Com

CANDO AS CONSECUENCIAS DO QUECEMENTO GLOBAL SE XUNTAN COA NEGLIXENCIA POLÍTICAA nova vaga de lumes que está a asolar est...
26/07/2026

CANDO AS CONSECUENCIAS DO QUECEMENTO GLOBAL SE XUNTAN COA NEGLIXENCIA POLÍTICA

A nova vaga de lumes que está a asolar estes días distintos puntos de España non ven máis que a confirmar a previsión xa exposta vai tempo pola comunidade científica de que ao aumento das temperaturas aumenta tamén o risco de incendios e a perigosidade e virulencia dos mesmos. Ante esta evidencia científica, o feito de que as distintas administracións, principalmente as autonómicas por ser as competentes en materia de incendios, non fagan nada, non pode cualificarse de outra cousa que de neglixencia política.

O aumento da temperatura global, por moito que se fagan esforzos reais ou supostos para reducir a emisión de gases de efecto invernadeiro, algo necesario pero difícil de levar a cabo dado o carácter anárquico do sistema de produción e consumo capitalista é xa un feito inevitable e ao que nos temos que adaptar. Algo que non se está a facer en absoluto.

Recoñecemos que a existencia de incendios forestais é inevitable, pero o feito é que as políticas forestais das distintas comunidades autónomas, incluída a Galega, en nada mudaron ata o punto de que nin sequera se cumpren as distintas medidas contempladas na lexislación en materia de prevención e recuperación. Como mostra o feito de que despois da destrutiva vaga de lumes de 2025, a aplicación das medidas contempladas no Artigo 49 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tales coma actuacións para a conservación dos ecosistemas naturais, dos recursos forestais, hídricos e do solo e en medidas destinadas á rexeneración dos terreos, foi practicamente inexistente.

Por outra banda, aínda que o orzamento do Pladiga (Plan de defensa e prevención contra os incendios forestais de Galicia) aumentou neste 2026 un 18%, ata 213 millóns, o propio plan contempla un obxectivo máximo de superficie queimada para este 2026 de 29.207,4 hectáreas, 10.000 máis que no plan anterior. O feito é que aparte deste incremento orzamentario e dun aumento de contratacións de brigadistas nas épocas de máximo risco, nada mudou cualitativamente na xestión dos montes e da loita contra lumes en Galicia.

As medidas que deberían estar tomando as administracións son plenamente coñecidas e existen informes ao respecto. Entre elas están a limitación real das especies pirófitas, a recuperación do bosque autóctono ou a promoción da gandería extensiva, pero nin a Xunta de Galicia nin outras comunidades a maiores gobernadas nalgúns casos por negacionistas do quecemento global nada levan feito ao respecto.

Por outra banda, outra das causas do incremento dos incendios forestais está no abandono do rural. Un abandono que non é casual, se non provocado pola baixa rendibilidade do traballo no campo e a falta de medidas públicas que contrarresten esa situación. Unha mostra máis de como deixar o sistema produtivo nas mans do mercado leva invariablemente ao desastre.

Ás cuestións relativas á prevención hai que engadirlles as que teñen que ver co propio servizo de extinción de incendios. En Galicia (como no resto do estado) boa parte do servizo está privatizado e convertido nun bo negocio para as empresas adicadas á extinción. Ao mesmo tempo as condicións laborais das e dos traballadores que se encargan da extinción dos lumes son precarias e mesmo en plena vaga de incendios do verán pasado, 190 prazas estaban sen cubrir.

A estabilidade laboral do persoal brigadista, de xeito que poida realizar labores de prevención durante todo o ano é outra das medidas reclamadas dende hai moitos anos e desoídas por parte da Xunta. O primeiro paso nesa liña sería a xestión integramente pública do servizo de extinción dos incendios forestais, algo que serviría tamén para eliminar os posibles intereses de lucro privado arredor da extinción dos incendios forestais.

MANIFESTO 25 DE XULLO:UNHA GALICIA PARA A CLASE TRABALLADORANeste Día da Patria Galega, desde Esquerda Unida reivindicam...
24/07/2026

MANIFESTO 25 DE XULLO:
UNHA GALICIA PARA A CLASE TRABALLADORA

Neste Día da Patria Galega, desde Esquerda Unida reivindicamos Galicia como unha nación con identidade propia, cun territorio, unha lingua, unha cultura e unha realidade económica que a converten nun feito político e social obxectivo. Non é unha cuestión de sentimentos nin de crenzas: Galicia existe como nación e ten dereito a decidir o seu futuro.

Pero tamén sabemos que ningún pobo é verdadeiramente libre mentres a maioría social vive sometida aos intereses dunha minoría que concentra a riqueza e o poder. Vivimos nun mundo no que as grandes potencias e os intereses do capital invocan as normas internacionais cando lles resultan útiles e ignóranas cando se converten nun obstáculo para os seus beneficios. A dominación económica segue condicionando a soberanía dos pobos e tamén a capacidade das maiorías sociais para decidir sobre as súas propias vidas.

Por iso defendemos unha Galicia con capacidade para desenvolver plenamente o seu idioma, a súa cultura, a súa economía e os seus recursos naturais. Unha Galicia que coide os seus montes, os seus ríos, o seu mar e o seu territorio, entendendo que non hai soberanía posible sen respecto polo medio ambiente nin sen unha transición ecolóxica xusta.

Pero falar de nación non pode limitarse á defensa dun territorio. A verdadeira soberanía constrúese garantindo dereitos. Queremos unha Galicia onde a sanidade pública sexa universal e de calidade. Unha Galicia onde a educación pública permita desenvolver plenamente todas as capacidades das persoas. Unha Galicia onde o acceso á vivenda deixe de ser un negocio para converterse nun dereito garantido. Unha Galicia onde ninguén quede atrás por enfermidade, desemprego ou pobreza. Unha Galicia onde o traballo permita vivir con dignidade e dispoñer do tempo necesario para vivir, crear, coidar e participar na sociedade.

Esa é a patria que defendemos. Porque o patriotismo mídese pola loita por garantir dereitos, non polo
número de bandeiras. Ao mesmo tempo, reivindicamos unha Galicia profundamente solidaria cos demais pobos do mundo. Defendemos o dereito de todas as nacións á súa autodeterminación, á paz, ao desenvolvemento e á cooperación entre iguais.

Agora ben, celebrar Galicia coma nación non significa esquecer que dentro dela existen intereses contrapostos.

Tan galega é a traballadora que vive do seu salario como galego é quen obtén beneficios explotando o traballo alleo. Existe unha contradición fundamental entre quen vive do seu traballo e quen vive apropiándose do traballo dos demais. Por iso, as traballadoras e traballadores compartimos máis intereses entre nós, independentemente da nación da que procedamos, que cos grandes poderes económicos do noso propio país.

A defensa de Galicia nunca pode converterse nun instrumento para dividir á clase traballadora.

Cando alguén invoca Galicia para xustificar políticas que empobrecen ás maiorías sociais, privatizan os servizos públicos, precarizan o emprego ou favorecen aos grandes intereses económicos, non está defendendo Galicia: está utilizando Galicia para defender ao capital.

Desde Esquerda Unida defendemos unha patria construída desde abaixo.
Unha Galicia feminista, ecoloxista, democrática e socialista.
Unha Galicia que poña a riqueza ao servizo da maioría social.
Unha Galicia que contribúa ao progreso colectivo da humanidade e non á competencia entre pobos.
Porque a nosa bandeira non tapa as desigualdades: serve para combatelas.

Neste 25 de xullo celebramos Galicia.

Celebramos a nosa lingua.
Celebramos a nosa cultura.
Celebramos a nosa historia de loita e reafirmamos o noso compromiso cunha Galicia libre, xusta e solidaria.

Accede ó vídeo do acto de solidariedade con Cuba coa participación de Esquerda Unida, o Partido Comunista de Galicia, a ...
23/07/2026

Accede ó vídeo do acto de solidariedade con Cuba coa participación de Esquerda Unida, o Partido Comunista de Galicia, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Cónsul de Cuba en Galicia.

12.07.2026 Acto de solidariedade con Cuba coa participación de Esqu...

🇨🇺 Hoxe, xunto ao Partido Comunista de Galicia e Asociacion   de amizade Galego-Cubana participamos nun acto de solidari...
12/07/2026

🇨🇺 Hoxe, xunto ao Partido Comunista de Galicia e Asociacion de amizade Galego-Cubana participamos nun acto de solidariedade con Cuba no que se puxo de manifesto unha realidade incontestable: Ningún outro país baixo o sistema capitalista sería capaz de soportar máis de seis décadas de bloqueo mantendo a dignidade do seu pobo, nun Estado asfixiado por unha política de agresión permanente.

🗣 As intervencións no acto estiveron a mans do noso Coordinador Naciona, Lino Costas, a Responsable de Área Externa do PCG, Lucía Gutierrez, o Presidente da Asociación Villamil, Francisco Sebio, e a representante do Consulado de Cuba, Airelys Romero.

👉🏽 O moito que Cuba conseguiu con tan pouco é simplemente extraordinario. As conquistas da sanidade, da educación e da igualdade seguen a ser un exemplo de resistencia fronte a un asedio que ten consecuencias directas na vida cotiá da súa poboación, especialmente das mulleres, para quen o bloqueo constitúe hoxe a forma de violencia máis lesiva.
Cada apagón, cada medicamento que falta e cada operación suspendida teñen unha causa política: o bloqueo.

🔴 Defender a Revolución Cubana é tamén defender o dereito dos pobos a decidir o seu propio futuro. Porque mentres Cuba siga bloqueada, a solidariedade internacional non pode deterse.

🔴 Reivindicamos a defensa da lingua galega como unha causa democrática, social e de país.🗣️ Defender o galego non é só u...
16/05/2026

🔴 Reivindicamos a defensa da lingua galega como unha causa democrática, social e de país.

🗣️ Defender o galego non é só unha cuestión cultural: é unha cuestión de dereitos, de igualdade e de futuro.

❌ Esquerda Unida cualifica de inaceptable a presenza do presidente da Xunta e da alcaldesa da Coruña na inauguración dun...
09/05/2026

❌ Esquerda Unida cualifica de inaceptable a presenza do presidente da Xunta e da alcaldesa da Coruña na inauguración dunha casa de apostas, asumindo ambos o papel de protección da patronal do xogo e ignorando a saúde pública.

🗣 Lino Costas: “Dende Esquerda Unida non soamente rexeitamos totalmente este tipo de actuacións, se non que consideramos que este tipo de empresas non deberían estar permitidas”.

🔴 Cabe lembrar que a principios de 2022, o pleno do Concello da Coruña aprobou, co apoio de todos os grupos municipais, incluído o do PP e o do PSdG-PSOE, unha moción para restrinxir a instalación de novas casas de apostas na cidade.

📌

Esquerda Unida cualifica de inaceptable a presenza do presidente da Xunta e da alcaldesa da Coruña na inauguración dunha casa de apostas, asumindo ambos o pap

✊🏼 1º de maio🔴 Paz, teito e vida digna. Queremos gañar o dereito a vivir en paz.Viva o Primeiro de Maio!Viva a loita da ...
30/04/2026

✊🏼 1º de maio

🔴 Paz, teito e vida digna. Queremos gañar o dereito a vivir en paz.

Viva o Primeiro de Maio!
Viva a loita da clase traballadora!
Viva a solidariedade internacionalista!
Polo socialismo, único camiño cara á paz e a xustiza social!

📌

1º de maio Paz, teito e vida digna. Queremos gañar o dereito a vivir en paz. Neste Primeiro de Maio, ante a grave situación que padecemos na

🗣 "Temos que comezar por sinalar o problema de fondo: a vivenda non é a día de hoxe principalmente un ben de uso, se non...
20/04/2026

🗣 "Temos que comezar por sinalar o problema de fondo: a vivenda non é a día de hoxe principalmente un ben de uso, se non un activo de inversión. A clave para reverter a situación é que a vivenda deixe de ser un medio para acumular capital e patrimonio e extraer rendas. Todas as medidas arredor da vivenda deben ser consideradas dende o punto de vista da súa utilidade social".
📌Le aquí o artigo de Lino Costas, coordinador nacional de Esquerda Unida, na Nova Peneira 👇🏼

Actualmente estamos a vivir a segunda crise da vivenda no que vai de século. Se a primeira se caracterizou por unha burbulla especulativa que acabou con milleiros de desafiuzamentos e co rescate de entidades bancarias con cartos públicos [...]

🔴🟣🟡 O 14 de abril cúmprense 95 anos da proclamación da Segunda República, un proceso histórico que constituíu un avance ...
13/04/2026

🔴🟣🟡 O 14 de abril cúmprense 95 anos da proclamación da Segunda República, un proceso histórico que constituíu un avance incalculable para España en termos democráticos, culturais e de xustiza social.

Nese período, a esquerda construíu procesos de unidade popular como ferramenta para facer fronte á reacción e ao fascismo.

Os inimigos eran claros: unha dereita reaccionaria que xa amosaba o seu rostro máis autoritario e o avance do fascismo en España e en Europa.

Hoxe, noventa anos despois, a historia interpélanos de novo.

Asistimos á internacionalización dun fascismo de novo cuño. Preséntase con roupaxes distintas, a miúdo baixo formas populistas, pero mantén intacta a súa esencia: xenofobia, ultranacionalismo, violencia e desprezo pola democracia. Como nos anos trinta, o seu avance é global e coordinado.

Ante este desafío, a esquerda está chamada a dar unha resposta á altura do momento histórico nun contexto internacional no que medra esta ameaza.

É necesario avanzar na construción dun país republicano que sitúe a vida da clase traballadora no centro; un “país de traballadores e traballadoras”, como proclamaba a Constitución de 1931. Para iso, debemos seguir impulsando amplas alianzas políticas e sociais capaces de articular unha alternativa transformadora, co republicanismo laico e federal como motor e base: unha nova forma de entender o Estado español desde a xustiza social, a democracia e a solidariedade.

Esquerda Unida leva no seu ADN ideolóxico a construción de frontes amplas de organizacións de esquerda. Defendemos o público fronte ao negocio, xa sexa na sanidade, na vivenda ou na educación. Defendemos a paz fronte á guerra. Defendemos a reforma fronte a quen representa a reacción dunha España que normalizou a mentira e a corrupción nas máis altas institucións do Estado.

Somos republicanos. E esa convicción forma parte esencial do noso proxecto político: unha España non militarista, xusta, solidaria, federal e laica.

Desde este compromiso cun novo modelo de Estado, é momento de seguir impulsando e facendo medrar ese espazo compartido, reforzando unha grande fronte ampla que sume forzas políticas, sociais e á cidadanía para seguir dando un paso adiante que frea a ofensiva reaccionaria que ameaza con devolvérmonos á insolidariedade, ao autoritarismo e á guerra.

Hoxe, como onte, a historia esíxenos estar á altura.

Viva a República!
Viva o 14 de Abril!

Dirección

Rúa Dublín 8 Baixo
Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Esquerda Unida publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir