28/03/2024
Boaas🌟🌟🌟
Boas compañeiras! Acabamos de aterrar do Acampamento de Primaveira 💐; pero antes de desvelarvos todos os detalles desta nova aventura vamos ensinarvos os recordos do Nadal de Aventureiras e Pioneiras en Manzaneda ❄️❄️⛰
➡️ As Pioneiras quedamos marabilladas coa paisaxe de montaña e coa súa vila e historia medieval: visitamos o antigo cárcere e camiñamos ata a aldea abandoada de Prada pero, sobretodo falamos moito coa veciñanza. Contáronnos sobre a figura do Pandingueiro, sobre o entroido e os cambios da vila nos últimos anos! Con toda esta información decidimos montar e grabar un podcast! Podcast que como xa vos anunciamos anteriormente está xa dispoñible!!!!🥳🤩 Correde a escoitálo se aínda non o fixestes!🥰✨
➡️ As Aventureiras investigamos a contorna montañosa e a vila; fixemos un roteiro moi bonito no que aprendimos un montón de cousas. Ademáis axudamos a comunidade coa decoración do espazo do centro de día 🥰🥰 deste modo, estivemos en contacto e aprendendo coa veciñanza. Para rematar e deixar os nosos recordos para a posteridade comezamos a grabar a nosa propia curta; en breves esperamos poder compartila con todas!! 😄
Boa Estrela e estate atenta! Enseguida compartimos novas aventuras!!✨✨✨💚💚