01/09/2026
🔊 Os días 25, 26 e 27 de setembro terán lugar en Corcubión as ###VI Xornadas de Formación de Verán de Galiza Nova.
📝 Inscríbete con data límite o mércores, 16 de setembro no formulario da nosa biografía!
Nun contexto marcado polo avance do discurso reaccionario e pola normalización da xenofobia como unha das súas principais manifestacións, esta xornada pretende abrir un espazo de formación, aprendizaxe e debate críticos arredor da inmigración na Galiza, así como á resposta antirracista e antifascista que debemos dar como mocidade galega.
Grazas a Belén Fernández, Antía Pérez, Helena Miguélez, Keina Espiñeira, Neal Baxter, Laura Bugalho e Gabriela Frias, así como ás achegas de tódalas participantes, ofreceremos tempo de reflexión e debate arredor de conceptos como inmigración, xenofobia, galeguidade, antirracismo e soberanía. Tamén queremos agradecer ao Concello de Corcubión por cedernos os espazos.
En definitiva, estas xornadas constitúen unha ferramenta para reforzarmos a análise política e avanzarmos na construción dunha República galega soberana e igualitaria.