Compostela Aberta

Compostela Aberta Proceso político-social de confluencia. No Concello e nas prazas traballando pola Compostela que queremos máis. http://i.gal/WhatsAppCA
http://t.me/EspallaCA

27/07/2026

👥 Abraham e Isaac non son só Abraham e Isaac. Son o símbolo do espolio dos Franco e a demostración de que a democracia ten que seguir pelexando polo que a ditadura nos roubou.
E por iso, como dixo María Rozas, todo valeu a pena. Mesmo as críticas dos que dicían que o Goberno de CA estaba a perder o tempo.
Finalmente, venceu a dignidade.

23/07/2026

👥 Cando o Tribunal Supremo lle obrigou á familia Franco a devolverlle ao Concello de Santiago as estatuas do Mestre Mateo non só fixo xustiza. Tamén restaurou a dignidade democrática que fora duramente atacada durante o procedemento xudicial iniciado polo Goberno de Compostela Aberta.

🗣️ Así relatadon o exalcalde Martiño Noriega, o exasesor xurídico do Concello Xaquín Monteagudo, e o historiador Ricardo Gurriarán, como recibiron esa histórica sentenza

🚌 É un dos principais retos do mandato, e demos un paso de xiganteNo outono teremos un novo servizo de transporte, con m...
23/07/2026

🚌 É un dos principais retos do mandato, e demos un paso de xigante
No outono teremos un novo servizo de transporte, con mellores frecuencias e máis cobertura territorial, cunha nova APP e con autobuses renovados.

Bota a andar a nova mobilidade en Santiago.

21/07/2026

👥 Hai pouco máis dun ano, o Tribunal Supremo obrigaba á familia Franco a devolver as estatuas do Mestre Mateo que eran propiedade do Concello de Santiago. Finalizaba así un longo proceso xudicial iniciado polo Goberno de Compostela Aberta.

⚖️ Finalmente fíxose xustiza. Pero o inicio do proceso non foi fácil.

🗣️ Así explican o exalcalde Martiño Noriega, o exasesor xurídico do Concello Xaquín Monteagudo, e o historiador Ricardo Gurriarán, como foi o primeiro xuízo para a recuperación das estatuas e a restauración da dignidade democrática.

👥 Hoxe lembramos o longo procedemento xudicial iniciado polo Goberno de Compostela Aberta, que permitiu recuperar as est...
18/07/2026

👥 Hoxe lembramos o longo procedemento xudicial iniciado polo Goberno de Compostela Aberta, que permitiu recuperar as estatuas do Mestre Mateo roubadas pola familia Franco nun encontro con tres dos seus protagonistas: Martiño Noriega, Xaquín Monteagudo e Ricardo Gurriarán.
🗣️No acto, conducido por María Rozas, déronse as claves políticas, históricas e xudiciais dun proceso que foi histórico e que demostrou que é preciso afrontar todas as batallas xustas, mesmo aquelas que se dan por perdidas.
💪 Vencimos nós!

13/07/2026

👧🏻🧒🏼 O benestar das familias de Santiago é unha prioridade para Compostela Aberta, e nós demostrámolo con feitos:

📈No Goberno 2015-2019, incrementamos en máis de 600.000€ o orzamento destinado ás bolsas de comedor escolar. No Goberno actual, volvimos subir ese presuposto en 400.000€, ata 1.150.000€

💶 Creamos unha nova convocatoria de axudas para sufragar atención terapéutica a menores, e a alimentación de nenos e nenas con celiaquía.

Para que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade en Compostela

👨‍⚖️Hai pouco máis dun ano, o Tribunal Supremo ordeoulle á familia Franco a devolución das esculturas do Mestre Mateo es...
06/07/2026

👨‍⚖️Hai pouco máis dun ano, o Tribunal Supremo ordeoulle á familia Franco a devolución das esculturas do Mestre Mateo espoliadas ao Concello de Santiago.
⚖️ Esa sentenza histórica pechaba o proceso xudicial iniciado en 2017 polo Goberno de CA.
🗣️ O próximo 18 de xullo falaremos con tres dos seus protagonistas: o exalcalde Martiño Noriega, o exasesor xurídico do Concello, Xaquín Monteagudo, e o historiador Ricardo Gurriarán.

Vémonos no CSC Maruxa e Coralia

🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ Orgullosas, diversas, reivindicativas e libres.
28/06/2026

🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ Orgullosas, diversas, reivindicativas e libres.

🔥🐟 Cumprimos coas tradicións e acompañamos á veciñanza nas ducias de cacharelas coas que festexamos o San Xoán.Grazas a ...
23/06/2026

🔥🐟 Cumprimos coas tradicións e acompañamos á veciñanza nas ducias de cacharelas coas que festexamos o San Xoán.
Grazas a todas as asociacións e entidades polo traballazo!
María Rozas
Xan Duro

23/06/2026

👧🏻🧒🏼 A nosa aposta pola conciliación e a igualdade de oportunidades é clara e podemos poñerlle cifras: no que levamos de mandato, incrementamos en 400.000€ o orzamento das bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares, ata chegar a 1.150.000€

📈Co goberno do PP, a esta convocatoria destinábanse 90.000€. E ainda preguntan en que mellorou a cidade en 10 anos.

Dirección

Praza Do Obradoiro
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Compostela Aberta publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir