Fundación Pública Artesanía de Galicia

Fundación Pública Artesanía de Galicia Fundación Pública Artesanía de Galicia A Fundación Pública Artesanía de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, dependente da Xunta de Galicia.

Foi creada no ano 2003 co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do sector artesán galego no seu conxunto, para o que leva a cabo diversas liñas de actuación relacionadas coa promoción, a formación e a divulgación. La Fundación Pública Artesanía de Galicia es una entidad sin ánimo de lucro, dependiente de la Xunta de Galicia. Fue creada en el año 2003 con el objetivo de contribuir al desarroll

o del sector artesano gallego en su conjunto, para lo cual lleva a cabo diversas líneas de actuación relacionadas con la promoción, la formación y la divulgación. Fundación Pública Artesanía de Galicia is a non-profit organization depending on the Autonomous Government of Galicia (Xunta de Galicia). It was created in 2003 with the aim of contributing to the development of the Galician crafts sector, for which it conducts various courses of action related to the promotion, education/training and spreading.

Abrimos as inscricións para o obradoiro “As cores naturais na construción actual”, que impartirá o mestre artesán Luis P...
08/09/2026

Abrimos as inscricións para o obradoiro “As cores naturais na construción actual”, que impartirá o mestre artesán Luis Prieto, os días 28 e 29 de setembro, como complemento ás xornadas “Oficio, arquitectura e territorio” que organizamos en San Cristovo de Mouricios (Chantada) os días 26 e 27 de setembro.

O obradoiro centrarase no estudo das terras naturais, óxidos e as súas diferenzas, na extracción e na elaboración de materias colorantes, no moído de pigmentos e no uso da cor. O obradoiro completarase cunha parte práctica de elaboración de pintura con diferentes elementos cos que se creará un mostrario de materiais e técnicas para participantes.

Inscricións: https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions/cores-naturais-na-construcion-actual

Abrimos as inscricións para o obradoiro "As cores naturais na construción actual", que impartirá o mestre artesán Luis P...
08/09/2026

Abrimos as inscricións para o obradoiro "As cores naturais na construción actual", que impartirá o mestre artesán Luis Prieto, os días 28 e 29 de setembro, como complemento ás xornadas "Oficio, arquitectura e territorio" que organizamos en San Cristovo de Mouricios (Chantada) os días 26 e 27 de setembro.

O obradoiro centrarase no estudo das terras naturais, óxidos e as súas diferenzas, na extracción e na elaboración de materias colorantes, no moído de pigmentos e no uso da cor. O obradoiro completarase cunha parte práctica de elaboración de pintura con diferentes elementos cos que se creará un mostrario de materiais e técnicas para participantes.

✍️ https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions/cores-naturais-na-construcion-actual

Regresamos a San Cristovo de Mouricios (Chantada) cunha nova edición das xornadas nas que vinculamos oficios tradicionai...
08/09/2026

Regresamos a San Cristovo de Mouricios (Chantada) cunha nova edición das xornadas nas que vinculamos oficios tradicionais, territorio e artesanía contemporánea. Neste 2026 contamos con Alejandro García Hermida - fundador da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales - para comisariar as xornadas 'Oficio, arquitectura e territorio', que se desenvolverán os días 26 e 27 de setembro.

O obxectivo é crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, poñer de manifesto a relación entre as culturas construtivas locais e o carácter propio de cada paisaxe, e reflexionar sobre a construción contemporánea sen perder de vista a vinculación entre oficio, arquitectura e territorio.

✍️https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions/xornadas-oficio-arquitectura-e-territorio

O sábado día 12 celebraremos a edición de setembro de 🎪Artesanía de Galicia en Merza, coincidindo coa tradicional foliad...
04/09/2026

O sábado día 12 celebraremos a edición de setembro de 🎪Artesanía de Galicia en Merza, coincidindo coa tradicional foliada de Eferro.
Os expositores de Artesanía de Galicia estarán abertos ao público en horario de 11:00 a 21:00h. Poderedes atopar pezas de cerámica elaboradas por Intre (Meira), a moda de Jerolas (Curtis), os sombreiros de Julia Vilariño - sombrereria artesanal (Pontedeume), as pezas de encadernación de Elgoal (A Rúa), a bixutería de LatonQueen (Santiago de Compostela) e de Paseloqpase (Ribadumia), a xoiería cerámica de Leónlagata, os complementos de Nobelo a nobelo, tecidos, merceria. (Vedra), a cestería de O carabel ecocestos (Ferrol) e os instrumentos de Sanín Percusión tradicional (Santiago de Compostela).
Ademais, de 11:00 a 20:00h haberá obradoiros abertos e gratuítos de:
🔹Xoiería creativa en macramé, impartido por nai_disenos e dirixido a maiores de 12 anos
🔹Iniciación ao torno cerámico con Carlos san claudio
Non faltedes!

🎪Mañá sábado 5 de setembro agardámosvos na Feira Galega de Artesáns de Ponteareas, impulsada pola Asociación Galega de A...
04/09/2026

🎪Mañá sábado 5 de setembro agardámosvos na Feira Galega de Artesáns de Ponteareas, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Poderedes atopar pezas de 15 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia especializados en marroquinería, bixutería, cerámica, encadernación , moda e miniaturas:
Ventanas Al Pasado (Ponteareas),
Uxia Castro (Mos), Amora Artesanía (Pontevedra), Obradoiro Hedra Pilar Blanco (Vilaboa), Luciernagacoiro (Barbadás), Maria Aba (Ourense), Malas Herbas Artesanía (Sanxenxo), Leónlagata (Sanxenxo), Noites de datura (A Pobra do Caramiñal), Silvereira (Ames), Joiasos (Ames), LatonQueen (Santiago de Compostela), Jerolas (Curtis), Casperlota Atelier (Paderne) e René Velasco Artdesign Gallery Shop Lugo).

📍 Praza de Bugallal | Ponteareas
🗓️ 5 de setembro
⏰ De 11:00 a 21:00 (horario continuado)

04/09/2026

Atalanta Madera (A Estrada)

04/09/2026

Idoia Cuesta en La Crisálida

Esta semana continuamos coa programación de perfeccionamento de 🌿Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais e centrámono...
03/09/2026

Esta semana continuamos coa programación de perfeccionamento de 🌿Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais e centrámonos no deseño de produto baixo a guía de Andreu Carulla, un dos grandes nomes do deseño industrial en España. As persoas participantes traballaron na creación e prototipado dunha colección de pezas a partir das fibras vexetais locais (liño, vimbio e castiñeiro) e en base ás técnicas aprendidas dende o inicio do programa no mes de marzo.

Fibranzas, enmárcase no proxecto "Aprender da tradición. Oficios e técnicas", impulsado pola Xunta de Galicia e está centrado na formación integral dos oficios vinculados á cestería e ao traballo das fibras vexetais. O curso está coordinado por Idoia Cuesta e en colaboración coa Galería Vilaseco Laboratorio Creativo
📷 Lucía Cereijo Fotografía

Fernando Gallego Xoieiro Artesán (Outes)  Galicia Calidade
03/09/2026

Fernando Gallego Xoieiro Artesán (Outes)
Galicia Calidade

🐚 Con cuncha, mellor

Unha xoia, un restaurante, un viño, un hotel, un balneario, un queixo… Cando un produto ou servizo leva a nosa cuncha, é porque ten a súa calidade certificada.

A nova campaña de pon o foco precisamente nese símbolo: unha cuncha que fala de garantía, confianza e calidade galega.

💙 Hoxe, 149 empresas contan xa con produtos e servizos certificados por Galicia Calidade en sectores tan diversos como o turismo, a gastronomía, a industria ou a artesanía.

Porque cando ves a nosa cuncha, sabes que hai calidade detrás. Sen dúbida.

CAS//

🐚 Con co**ha, mejor

Una joya, un restaurante, un vino, un hotel, un balneario, un queso… Cuando un producto o servicio lleva nuestra co**ha, es porque tiene su calidad certificada.

La nueva campaña de Galicia Calidadepone el foco precisamente en ese símbolo: una co**ha que habla de garantía, confianza y calidad gallega.

💙 Hoy, 149 empresas cuentan ya con productos y servicios certificados por Galicia Calidade en sectores tan diversos como el turismo, la gastronomía, la industria o la artesanía.

Porque cuando ves nuestra co**ha, sabes que hay calidad detrás. Sin duda.

🔗 Máis info: https://www.galiciacalidade.gal/novas/xunta-lanza-unha-nova-campana-para-reforzar-o-selo-galicia-calidade-como-distintivo-de

Turismo de Galicia

Dirección

Área Central, L34FGHI
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Pública Artesanía de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir