Inega. Instituto Enerxético de Galicia

Inega. Instituto Enerxético de Galicia O Inega é a axencia pública da Xunta de Galicia que traballa cos diferentes sectores económicos a Facebook oficial do Inega.

A axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Cando falamos de eficiencia enerxética, falamos moito de aforro, tecnoloxía ou innovación. Pero tamén de algo máis sinxe...
26/08/2026

Cando falamos de eficiencia enerxética, falamos moito de aforro, tecnoloxía ou innovación. Pero tamén de algo máis sinxelo: as decisións que tomamos hoxe para deixar unha Galicia mellor mañá. Facer un uso responsable da enerxía é unha forma máis de coidar todo aquilo que nos une.💚

O sol que ilumina as nosas rúas, o vento que percorre a nosa costa e a forza da auga nos nosos ríos son exemplos dunha e...
19/08/2026

O sol que ilumina as nosas rúas, o vento que percorre a nosa costa e a forza da auga nos nosos ríos son exemplos dunha enerxía que forma parte da nosa terra.☀️🌊

Coidar destes recursos é tamén coidar do futuro das vindeiras xeracións.💚

Ás veces pensamos que aforrar enerxía require grandes cambios, pero moitas veces todo comeza con pequenos xestos.Apagar ...
14/08/2026

Ás veces pensamos que aforrar enerxía require grandes cambios, pero moitas veces todo comeza con pequenos xestos.

Apagar unha luz que non necesitamos, desenchufar un cargador cando rematamos de usalo ou aproveitar a luz natural son accións sinxelas que, sumadas entre milleiros de fogares galegos, poden marcar unha gran diferenza.

Cal é ese pequeno hábito sostible que xa forma parte do teu día a día?🌱

Antes de solicitar a axuda, comproba que o cumpres todo. 👍Preparamos unha checklist rápida cos requisitos clave para non...
06/08/2026

Antes de solicitar a axuda, comproba que o cumpres todo. 👍Preparamos unha checklist rápida cos requisitos clave para non deixar nada atrás.

04/08/2026

Descubre as axudas do INEGA para proxectos de aforro e eficiencia enerxética: quen pode solicitalas, que actuacións se subvencionan e os prazos clave. ✅

Coñeces a nosa newsletter? Subscríbete e recibe todas as novidades e convocatorias do Inega directamente no teu correo. ...
30/07/2026

Coñeces a nosa newsletter? Subscríbete e recibe todas as novidades e convocatorias do Inega directamente no teu correo. 💻

https://www.inega.gal/gl/newsletter

⚠️ Últimos días para solicitar as axudas á planificación enerxética de comunidades enerxéticas do Inega!Unha medida para...
28/07/2026

⚠️ Últimos días para solicitar as axudas á planificación enerxética de comunidades enerxéticas do Inega!
Unha medida para fomentar a descarbonización, a implantación das enerxías renovables e o aforro enerxético en Galicia.
🛠️ Cobertura para infraestruturas, contratación de persoas expertas, redacción de estatutos e accións de captación.
Destinada a:
✅ Comunidades enerxéticas con sede en Galicia
✅ Agrupacións que estean no proceso de constitución dunha comunidade enerxética
📅 Prazo aberto ata o 3 de agosto ou ata esgotar os fondos dispoñibles.
⏳ Non deixes pasar esta oportunidade para impulsar o teu proxecto de transición enerxética.
🔗 Máis información e bases completas en https://www.inega.gal/gl/axudas/subvencions-ano-2026-para-planificacion-enerxetica-de-comunidades-enerxeticas

A planificación enerxética debe anticiparse ás necesidades da industria para garantir investimentos, así o defendeu o di...
21/07/2026

A planificación enerxética debe anticiparse ás necesidades da industria para garantir investimentos, así o defendeu o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, quen reclamou revisións máis frecuentes da planificación da rede de transporte e cambios normativos que permitan responder con maior axilidade aos retos do sector, sen renunciar ao rigor ambiental.

⚡ Máis flexibilidade nos prazos e na planificación da rede.
🗂️ Simplificación administrativa, xanela única e tramitación en paralelo para acelerar proxectos.
🔌 Redes intelixentes, xeración distribuída e integración de renovables para un sistema máis eficiente.
🌱 Reforzar a capacidade da rede para aproveitar todo o potencial renovable de Galicia.

https://www.inega.gal/gl/novas/xunta-pide-unha-planificacion-enerxetica-que-saiba-anticipar-necesidades-industriais-para-non

Descubre a nova axuda do Inega para as comunidades enerxéticas galegas!Se estás pensando en comezar un proxecto así ou s...
20/07/2026

Descubre a nova axuda do Inega para as comunidades enerxéticas galegas!
Se estás pensando en comezar un proxecto así ou se xa formas parte dunha comunidade, recibe unha cobertura de ata o 80% en actividades como:
⚖️ Contratación de expertos xurídicos e técnicos
🏗️ Definición das infraestruturas
📃 Redacción de estatutos
🗣️ Accións de difusión e captación
📅 Podes solicitala ata o 3 de agosto!

Na Xornada de Descarbonización industrial e tecnoloxías de captura, transporte, almacenamento e uso do CO₂, o director x...
17/07/2026

Na Xornada de Descarbonización industrial e tecnoloxías de captura, transporte, almacenamento e uso do CO₂, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reafirmou o compromiso da Xunta cunha transición enerxética que fortaleza a competitividade da industria galega e avance cara a un modelo produtivo máis sostible.

🚩 Descarbonizar os principais sectores económicos de Galicia é un dos obxectivos estratéxicos da Axenda Enerxética 2030.
⚡ A electrificación da economía e o impulso das enerxías renovables son claves para reducir emisións e mellorar a competitividade empresarial.
🔋 O almacenamento enerxético será fundamental para optimizar a xestión da enerxía e facer fronte ás limitacións actuais da rede de transporte e distribución.
🌱 Galicia consolídase como referente en produción renovable, cun 85,2 % do seu mix enerxético procedente de fontes limpas.
🏭 O reto é levar esa enerxía verde ao corazón da industria galega, impulsando a innovación, a eficiencia e a substitución dos combustibles fósiles.

Dirección

Rúa Avelino Pousa Antelo, 5
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Inega. Instituto Enerxético de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir