Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación - USC

Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación - USC A Biblioteca de Psicoloxía e CC.

da Educación consta de dous puntos de servizo da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela ligados ás Facultades de Psicoloxía e de Ciencias da Educación, no Campus Vida e o Campus Norte.

Obradoiro de creación literaria na Libraría de Mulleres Lila de Lilith a cargo de Carmen V. Valiña e Montse Fajardo, org...
29/08/2026

Obradoiro de creación literaria na Libraría de Mulleres Lila de Lilith a cargo de Carmen V. Valiña e Montse Fajardo, organizado pola Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG co apoio da Cultura da Deputación da Coruña :
✒️Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e locura
🗓️Sábados de de outubro e novembro

https://www.facebook.com/share/p/1LNnx4fGup/

28/08/2026

Damos á benvida ás novas persoas e grupos seguidores da páxina de Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación - USC:
Rosana Fernandez Fernandez, Alume Saúde Mental, Grupo Procesos Cognitivos e Conducta - PCC!

27/08/2026

O GI ESCULCA organiza o XVIII Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, que nesta edición centrarase na abordaxe das organizacións cívicas e o desenvolvemento intercultural na escola. O Seminario celebrarase en formato presencial na Facultade de Ciencias da Educación (Edificio Sur, USC) os vindeiros 23 e 24 de outubro de 2026.
Ademais, tense solicitado a homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado (12 h). A certificación desta actividade de formación estará suxeita á asistencia a un mínimo do 80% das sesións.

TODA A INFO AQUI:
https://esculca.usc.gal/xviii-seminario-nacional-atencion-educativa-ao-alumnado-inmigrante/

Que impacto teñen as tecnoloxías da relación, a información e a comunicación (TRICs) na psicoloxía das persoas, especial...
26/08/2026

Que impacto teñen as tecnoloxías da relación, a información e a comunicación (TRICs) na psicoloxía das persoas, especialmente en nenos e adolescentes? A esta e outras preguntas responde o:
📓 Manual de conductas adictivas sin sustancia
que ofrece unha visión integral e baseada na evidencia sobre as denominadas adiccións sen substancia. Catro grandes bloques temáticos analizan a conceptualización e medición destas condutas, os avances en epidemioloxía, os principais modelos teóricos e o debate sobre a patoloxización da vida cotiá.
Este manual está en a través de e na súa versión en español:
https://doi.org/10.5281/zenodo.21135339
https://hdl.handle.net/10347/47815
E tamén do Depòsit Digital da Universitat de Barcelona na súa versión en inglés:
https://doi.org/10.5281/zenodo.21136149
https://hdl.handle.net/2445/230431
E para os que preferides ler en papel, xa están dispoñibles as dúas versións en papel na Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación - USC, baixo as sinaturas PS3 836 e PS3 837
https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/1rmvs8v/alma991013900605907712
https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/153u1ue/alma991013900605707712

26/08/2026

🎓 Abre o prazo de admisión para os programas de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela a partir do 1 de setembro. É o momento de dar o seguinte paso na túa carreira investigadora! Aquí tes todos os detalles clave:

📊 A nosa oferta académica:
✅ 56 programas de doutoramento diferentes.
✅ Un total de 851 prazas dispoñibles.

📅 Calendario do 1º período (garda estas datas!):
✅ 1 - 8 de setembro: Solicitude de admisión.
✅ 21 de setembro: Publicación de relacións provisorias.
✅ 22 – 24 de setembro: Reclamación de relacións provisorias.
✅ 30 de setembro: Publicación de relacións definitivas.
✅ 1 – 7 de outubro: Primeiro período de matrícula.

💡 Por que elixir o doutoramento na USC? Como novas persoas investigadoras, o estudantado de doutoramento traballa en centros equipados con instalacións de vangarda, docencia de calidade, unha forte apertura internacional e excelentes conexións coa contorna socioeconómico para impulsar o seu desenvolvemento profesional.

🗞 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-abre-1-8-setembro-prazo-solicitudes-acceder-oferta-doutoramento-integrada-56-programas-851-prazas

26/08/2026

En la era de la hiperconexión es en el momento que más solos nos sentimos

25/08/2026

Una mala pregunta para empezar un proyecto de IA es:
«¿Qué herramienta usamos?»

Antes deberían venir otras:

¿Qué problema queremos resolver? ¿Qué resultado esperamos obtener? ¿Qué nivel de riesgo estamos dispuestos a aceptar? ¿Y qué evidencia nos permitirá comprobar que el sistema funciona correctamente?

El cambio de orden parece menor, pero separa la experimentación tecnológica de una decisión profesional justificable.

En gestión de información resulta especialmente importante: obliga a considerar desde el principio el contexto de uso, las personas afectadas, la calidad de los datos y documentos, la trazabilidad de los resultados y la capacidad real de supervisión humana.

La herramienta debería ser una consecuencia del problema. No al revés.

¿Qué viene primero en tu organización: el problema o la herramienta?

24/08/2026

📢 ABRIMOS PROCESO DE SELECCIÓN: queremos sumar unha nova persoa ao noso equipo! 💚

En FADEMGA Plena inclusión Galicia buscamos unha/un técnica/o de apoio ao programa de accesibilidade cognitiva.

Queremos contar cunha persoa comprometida coa inclusión e coa importancia de facer a información e as contornas máis fáciles de comprender para todas as persoas. 🧠✨

🔎 Buscamos un perfil con:
• FP de grao superior como titulación mínima.
• Formación en lectura fácil e accesibilidade cognitiva.
• Experiencia na atención a persoas con discapacidade intelectual.
• Galego falado e escrito.
• Carné de conducir.

📄 O proceso de selección incluirá valoración do currículo e entrevista persoal.

📅 Prazo para presentar candidaturas: ata o 27 de agosto.

👉 Podes enviarnos o teu currículo a través da sección “Traballa con nós”: https://www.fademga.org/es/traballa-connosco/

Se coñeces alguén a quen lle poida interesar, comparte esta publicación! 💚

24/08/2026

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética

📚️A Universidade de Santiago de Compostela  mantén aberto, durante a segunda quincena de agosto, o prazo para que o estu...
23/08/2026

📚️A Universidade de Santiago de Compostela mantén aberto, durante a segunda quincena de agosto, o prazo para que o estudantado con discapacidade e/ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) solicite os apoios necesarios para desenvolver a súa actividade universitaria en condicións de igualdade. A través do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (Sepiu Usc ), a USC ofrece unha atención específica orientada a identificar as necesidades de cada estudante e deseñar os apoios que permitan garantir a súa participación plena na vida universitaria. “Entre as medidas que pode proporcionar o servizo atópanse o asesoramento e apoio para o deseño de adaptacións curriculares non significativas, así como outros recursos destinados a facilitar o desenvolvemento das actividades académicas, sociais, culturais e deportivas do estudantado”, apuntan dende o SEPIU.

O obxectivo é favorecer unha universidade inclusiva e accesible, eliminando as barreiras que poidan dificultar a participación do estudantado e promovendo que todas as persoas poidan desenvolver os seus estudos e a súa vida universitaria en igualdade de oportunidades.

As solicitudes poden realizarse a través dos formularios habilitados no web da USC, dentro do apartado de Inclusión Universitaria. A tramitación tamén pode facerse presencialmente nas oficinas do SEPIU. No caso do estudantado con discapacidade e/ou NEAE, a primeira atención debe concertarse previamente mediante cita previa a través da área de Inclusión Educativa.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/aberto-prazo-solicitar-apoio-usc-estudantes-discapacidade-eou-necesidades-especificas-apoio-educativo

Vía: xornal USC

Dirección

Rúa Xosé María Suárez Núñez S/n
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:00
Martes 08:30 - 21:00
Miércoles 08:30 - 21:00
Jueves 08:30 - 21:00
Viernes 08:30 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación - USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría