Dano Cerebral Santiago de Compostela

Dano Cerebral Santiago de Compostela Traballamos na atención, neurorrehabilitación, orientación e apoio ás persoas e familias con DCA.

Sevizos: centro de día terapéutico, rehabilitación neurolóxica, orientación laboral, autonomía persoa e inclusión social e información a familias. Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e que desenvolve o seu labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago e Barbanza. O Dano Ce

rebral Adquirido (DCA) é a lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que, nacendo sen ningún tipo de dano no cerebro, sofren unha lesión nun momento posterior da súa vida. As causas principais son o ictus, os traumatismos cranioencefálicos, a falta de osíxeno, infeccións etc. Sarela ten como obxectivos fundamentais promover a defensa conxunta dos dereitos destas persoas e familias; a súa integración e normalización social, e o seu coidado, asistencia e protección. Entre os fins principais da asociación tamén están os de orientación e información así como o de prevención do DCA e os seus efectos.

☀️ Recap da saída antes das vacacións.A nosa mente aínda está un pouquiño por aí… 🌊😎Antes de colgar o cartel de vacación...
03/09/2026

☀️ Recap da saída antes das vacacións.

A nosa mente aínda está un pouquiño por aí… 🌊😎

Antes de colgar o cartel de vacacións, fomos ata o areal de San Francisco, en Muros, onde persoas usuarias e profesionais desfrutamos dunha xornada de lecer, comida ao aire libre e, como non podía ser doutra maneira, baño.

Esperamos que descansásedes e recargásedes ben as pilas porque… xa toca volver empezar! 🔋

Nós volvemos coas pilas cargadas, moitas ganas e too o curso por diante.
Setembro, imos alá! 💙

📢 Seguimos na procura dun/ha fisioterapeuta para incorporarse ao noso equipo.En Dano Cerebral Santiago de Compostela con...
20/08/2026

📢 Seguimos na procura dun/ha fisioterapeuta para incorporarse ao noso equipo.
En Dano Cerebral Santiago de Compostela continuamos buscando un/ha fisioterapeuta con ganas de formar parte dun equipo interdisciplinar comprometido coa atención e a rehabilitación das persoas con dano cerebral adquirido.

💙 Se che apaixoa traballar coas persoas e queres desenvolver a túa profesión nun ambiente próximo, colaborativo e centrado na calidade asistencial, queremos coñecerte!

📩 Envíanos o teu CV ou axúdanos compartindo esta publicación para que chegue á persoa axeitada.

Moitas grazas pola vosa colaboración! 💙

✨ A nosa tenda solidaria estréase con nova imaxe !Renovámola para que che resulte máis fácil descubrir cada produto, coñ...
13/08/2026

✨ A nosa tenda solidaria estréase con nova imaxe !

Renovámola para que che resulte máis fácil descubrir cada produto, coñecer a súa historia e mercar dun xeito máis cómodo.

A nova imaxe ten uns protagonistas moi especiais: as persoas usuarias da entidade, que quixeron sumarse a esta sesión de fotos para dar vida aos nosos produtos.

🎁 Agasallos solidarios, artigos artesanais e produtos únicos elaborados con moito agarimo.

💙 Cada compra contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido.

👉 Entra, bota un ollo... e cóntamos en comentarios que che parece 💙

🛒 Visítaa en: https://www.danocerebralsantiagodecompostela.org/es/tienda

☀️ O verán é para g***r… pero tamén para previr.Un pequeno xesto pode evitar un traumatismo cranioencefálico e cambiar u...
06/08/2026

☀️ O verán é para g***r… pero tamén para previr.

Un pequeno xesto pode evitar un traumatismo cranioencefálico e cambiar unha vida.

⛑ Usa o casco.
🏖️ Extremar a precaución na auga.
🚗 Conduce con responsabilidade.
🥾 Equípate axeitadamente nas actividades ao aire libre.
💙 Porque a mellor forma de g***r do verán é facelo con seguridade.

🌊 Vivindo novas experiencias sobre a auga! 🏄‍♀️💙O pasado 17 de xullo, un grupo de persoas con dano cerebral da nosa enti...
24/07/2026

🌊 Vivindo novas experiencias sobre a auga! 🏄‍♀️💙

O pasado 17 de xullo, un grupo de persoas con dano cerebral da nosa entidade, entre elas participantes do Grupo de Primeira Persoa, desfrutou dunha sesión de pádel surf adaptado de 1 hora e media na Mission Surf School da Lanzada.

Esta actividade, organizada polo Servizo de Información e Asesoramento, súmase ás diferentes propostas de lecer e participación que impulsamos ao longo do ano e foi a primeira vez que incorporamos o pádel surf adaptado á nosa programación.

Seguimos creando espazos para compartir, descubrir novas experiencias e fomentar a participación activa. 💙

📣 LEMBRÁMOSVOS O NOSO CONVENIO CON BERA ÓPTICA 👓Lembrámosvos que seguimos contando cun convenio de colaboración con  Ber...
23/07/2026

📣 LEMBRÁMOSVOS O NOSO CONVENIO CON BERA ÓPTICA 👓

Lembrámosvos que seguimos contando cun convenio de colaboración con Bera óptica, grazas ao cal as persoas socias da nosa entidade (persoas usuarias e familias) poden beneficiarse de descontos en servizos de óptica e audioloxía.

✅ Descontos dispoñibles:
👓 30% de desconto en monturas.
👓 20% de desconto en lentes.
🦻 25% de desconto en audífonos.
📍 BERA Óptica

Rúa Alfredo Brañas nº 2, baixo
Santiago de Compostela

👉 Para beneficiarte destes descontos só tes que presentar:
• Unha copia do último recibo da cota de persoa socia, ou
• Solicitar na entidade un certificado acreditativo de que es persoa socia.

❗ Lembra que estes descontos non son acumulables a outras promocións ou ofertas.

Se aínda non aproveitaches esta vantaxe, esta é unha boa oportunidade para facelo. 😊

💙 Ser voluntario/a en Dano Cerebral Santiago de Compostela é acompañar, compartir experiencias, apoiar actividades, part...
16/07/2026

💙 Ser voluntario/a en Dano Cerebral Santiago de Compostela é acompañar, compartir experiencias, apoiar actividades, participar en saídas e contribuír a que as persoas con dano cerebral adquirido participen máis activamente na comunidade.

📸 Estas imaxes son da última saída cultural realizada polas persoas usuarias do servizo de MAPIS (Mellora e mantemento da autonomía e inclusión social) ó Xardín Botánico de Padrón. Alí acompañounos Alejandro Fuentes voluntario da asociación desde fai dous anos .

Para facer voluntariado non fai falta ter experiencia previa. Só ganas de colaborar, aprender e compartir o teu tempo con persoas que teñen moito que achegar.

💙 O teu tempo pode marcar unha gran diferenza.

Se che gustaría formar parte do voluntariado de Dano Cerebral Santiago de Compostela, infórmate aquí: https://www.danocerebralsantiagodecompostela.org/gl/asociate-colabora/voluntariado

💙 Estamos ampliando o noso centro de atención. E ti podes formar parte deste proxecto.Cada vez son máis as persoas que s...
14/07/2026

💙 Estamos ampliando o noso centro de atención. E ti podes formar parte deste proxecto.

Cada vez son máis as persoas que sobreviven a un ictus e a outras lesións cerebrais e que precisan dunha rehabilitación especializada para recuperar capacidades e autonomía.

A ampliación do centro permitiranos atender a máis persoas, reforzar a atención á poboación infantil con espazos específicos e seguir ofrecendo unha atención de calidade adaptada ás necesidades de cada persoa.

👉 Por iso, acabamos de crear o noso grupo en Teaming, unha forma moi sinxela de colaborar coa ampliación do novo centro por só 1 € ao mes.

Pode parecer pouco, pero a suma de moitas pequenas achegas pode facer posible este proxecto.

Se queres formar parte deste reto, únete ao noso grupo de Teaming aquí https://www.teaming.net/centroneurorehabilitaciondanocerebraladquirido

💙 Porque unha vida salvada merece ser vivida con dignidade.

🧠 O dano cerebral adquirido non sempre se ve, pero pode condicionar profundamente a vida laboral dunha persoa.Durante o ...
08/07/2026

🧠 O dano cerebral adquirido non sempre se ve, pero pode condicionar profundamente a vida laboral dunha persoa.

Durante o mes de xuño, a nosa orientadora laboral, Noelia Parante, e a psicóloga, Nerea Álvarez, impartiron a cápsula formativa "Volver a traballar tras o DCA" ao persoal de orientación laboral da área de Santiago de Compostela, dentro do programa formativo do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

O obxectivo foi ofrecer ferramentas para identificar cando unha persoa pode presentar un dano cerebral adquirido e facilitar a súa derivación ao noso Servizo de Orientación Laboral, especializado neste colectivo.

Porque máis alá das secuelas visibles, existen outras como as dificultades de atención, memoria, planificación ou a apatía que adoitan pasar desapercibidas, pero que poden dificultar o acceso e o mantemento dun emprego.

💙 Formar aos profesionais é tamén unha forma de abrir oportunidades e construír unha sociedade máis inclusiva.

Dano Cerebral Santiago de Compostela conta desde o ano 2017 co único Servizo de Orientación Laboral especializado en dano cerebral adquirido de toda Galicia, grazas ao apoio da Consellería de Emprego a través das subvencións IOVE.

Dirección

Rúa Pedro Cabezas González, 3
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 17:30
Martes 09:30 - 17:30
Miércoles 09:30 - 17:30
Jueves 09:30 - 17:30
Viernes 09:30 - 17:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Dano Cerebral Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir