Escola Galega de Administración Pública - EGAP

Escola Galega de Administración Pública - EGAP EGAP Escola Galega de Administración Pública - EGAP
egap.xunta.es

A EGAP celebrou hoxe o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas cunha homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caama...
21/05/2026

A EGAP celebrou hoxe o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas cunha homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño.

Ao acto asistiron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García; a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos.

Durante a xornada conmemorativa leváronse a cabo diversas actividades para dar a coñecer o legado da homenaxeada como o relatorio que impartiu o escritor e docente Ramón Nicolás Rodríguez, e unha actuación musical a cargo de Inma López Silva e Francisco Castro.

Ademais entregáronse os galardóns do concurso de literatura infantil e xuvenil organizado pola Escola con motivo do Día das Letras Galegas.

🔗 https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4954

17/05/2026
‼️ Últimos días para participar no noso concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas. O próximo v...
05/05/2026

‼️ Últimos días para participar no noso concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas. O próximo venres 8 de maio rematará o prazo para presentar os traballos.

Un ano máis, convocamos o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, dirixido aos nenos e ás nenas galegos con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos e os 12 e os 14 anos.

ℹ️ Consulta as bases da convocatoria na nosa web:

👉 https://egap.xunta.gal/fichapremio/id/4911

Un ano máis, convocamos o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, dirixido aos nenos e ás n...
27/04/2026

Un ano máis, convocamos o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, dirixido aos nenos e ás nenas galegos con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos e os 12 e os 14 anos.

ℹ️ Consulta as bases da convocatoria na nosa web:

👉 https://egap.xunta.gal/fichapremio/id/4911

👉A EGAP acolleu esta mañá o foro de debate “A reforma do sistema de financiamento autonómico e a súas posibilidades de m...
07/04/2026

👉A EGAP acolleu esta mañá o foro de debate “A reforma do sistema de financiamento autonómico e a súas posibilidades de mellora” co obxectivo de intercambiar ideas, opinións e propostas sobre o actual modelo e a súa reforma.

👩‍🦱 A directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, destacou que nun contexto marcado pola incerteza e os cambios constantes, "é máis necesario ca nunca apostar por espazos de encontro como este, onde a pluralidade de perspectivas se converte nun valor e nun motor de avance”.

🗣️ O catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto L. Blanco Valdés, foi especialmente crítico co sistema de cotas, ao consideralo un privilexio dificilmente compatible co principio de igualdade entre cidadáns.“Se hai sistemas de cotas non hai solidariedade territorial ni solidariedade entre as persoas”.

🗣️ No debate sobre o financiamento autonómico, as reflexións do catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago, César García Novoa, poñen o foco nunha idea clave: a autonomía financeira das comunidades non pode traducirse en desigualdade entre cidadáns.

👩‍🦱 A decana de Dereito e catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Salamanca, María Ángeles Guervós, sinalou que "é necesario un acordo multilateral de reforma do sistema de financiamiento autonómico. O novo modelo debe ter en conta a capacidade de xerar recursos de cada Comunidade autónoma e ser transparente".

🗣️ O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, clausurou o foro. Na súa intervención reivindicou os principios constitucionais de igualdade e solidariedade para o novo modelo do Sistema de Financiamento Autonómico (SFA), fronte ao criterio de ordenación dos ingresos, que “nunca ata o momento constituíra un dos seus principios reguladores”.

▶️ Miguel Corgos lembrou que hai consenso sobre a necesidade de reformar o actual modelo de financiamento, xa que provoca “un reparto insuficiente, desigual e pouco equitativo entre as CC.AA. de réxime común”.

🗣️ O responsable da Facenda galega abundou na idea de que se a proposta do Goberno central sae adiante, “Galicia tería o peor financiamento autonómico da historia”.

Máis información: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4908

A Escola Galega de Administración Pública inaugurou esta tarde a I edición do Curso superior en deporte, empresa saudabl...
04/03/2026

A Escola Galega de Administración Pública inaugurou esta tarde a I edición do Curso superior en deporte, empresa saudable e novas tendencias.

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, puxo en valor o papel do deporte "como ferramenta clave para mellorar o benestar laboral, reducir o absentismo e fortalecer a produtividade nas organizacións".

O curso, que se desenvolverá ata o 8 de abril ao longo de cinco sesións presenciais, está dirixido polo profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, Patricio Sánchez Fernández.

Trala inauguración, interviu o director da Zona Noroeste de Umivale Activa, Manuel Paramo Sureda, que ofreceu un novidoso estudo sobre a saúde e o absentismo laboral en Galicia.

🔗 Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/022087/xunta-destaca-importancia-del-deporte-para-impulsar-entornos-laborales-mas-saludables

O próximo 25 de novembro terá lugar unha nova xornada de formación práctica dixital (e-martes) centrada no Rexistro Elec...
04/11/2025

O próximo 25 de novembro terá lugar unha nova xornada de formación práctica dixital (e-martes) centrada no Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.

👥 actividade dirixida ao persoal empregado público e á cidadanía
🕐7 horas lectivas
👉 50 prazas
✒ inscrición dispoñible ata o 19 de novembro ás 23:59 h.

Máis información sobre a convocatoria na nosa web ⬇
https://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/PU25016

👉 A Xunta de Galicia destaca o papel da intelixencia artificial para humanizar a Administración e dotar de maior eficaci...
16/10/2025

👉 A Xunta de Galicia destaca o papel da intelixencia artificial para humanizar a Administración e dotar de maior eficacia, eficiencia e calidade aos servizos públicos.

💻 Destacados expertos nacionais en Dereito Administrativo participan dende hoxe no curso monográfico ´A regulación da intelixencia artificial: sistemas e datos. Regulación da normativa europea, estatal e autonómica`, organizado pola EGAP e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a colaboración do Observatorio Internacional da Regulación de Entidades do Sector Público.

👥 A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, e o profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e director do curso, Marcos Almeida Cerreda, inauguraron esta tarde o curso.

✍ No curso abordaranse os principios éticos e xurídicos que deben rexer o uso da intelixencia artificial, a súa aplicación na Administración pública, as medidas de impulso e a súa gobernanza, a contratación pública e a formación de empregados e cidadanía, nun contexto de transformación dixital, responsable e segura.

🆕 A sesión inaugural correu a cargo do director da Axencia Española de Protección de Datos, Lorenzo Cotino Hueso, que impartiu o relatorio´O Regulamento (UE) 2024/1689 polo que se establecen normas harmonizadas en materia de intelixencia artificial`.

🔗 Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/017764/xunta-destaca-papel-intelixencia-artificial-para-humanizar-administracion-dotar

👉 A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Mo...
24/09/2025

👉 A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, e o xefe da subárea de seguridade da AMTEGA, Gustavo Herva, inauguraron esta tarde a cuarta edición do Curso superior en protección de datos no que participan 70 empregados públicos.

🗣️ Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos destacou a gran acollida que tivo o curso e incidiu na importancia de que o desenvolvemento das novas tecnoloxías a nivel da Administración pública ”ten que ir acompañado dunha clara preocupación pola seguridade como factor decisivo na implantación da Administración electrónica e da sociedade da información”.

🖥️ A directora da EGAP resaltou que "ante o desenvolvemento da Administración dixital é preciso dotar ao persoal empregado público das ferramentas e os coñecementos necesarios para salvagardar os datos personais que se almacenan e transmiten en liña, algo esencial para defender os dereitos da cidadanía e preservar a confianza nas nosas institucións”.

👤 Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, lembrou que “os datos deben usarse para mellorar a calidade de vida das persoas, pero, en todos os casos, teñen que ser xestionados dende a responsabilidade, a seguridade, a garantía de confidencialidade, e dende o coñecemento de toda a información normativa e legal”.

🔗 Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/016954/xunta-reforza-formacion-dos-empregados-publicos-materia-proteccion-datos-para

👉A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, destacou hoxe a importancia que ...
13/06/2025

👉A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, destacou hoxe a importancia que ten a formación dos empregados públicos para cumprir coa normativa nos procesos de contratación pública. Fíxoo na clausura da xornada formativa sobre o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSD), que se celebrou esta mañá na EGAP, en colaboración coa Comisión Galega da Competencia.

➡️ A directora da EGAP sinalou que “unha formación adecuada do persoal empregado público sobre a lexislación, as boas prácticas e as sinais de alerta pode axudar a evitar prácticas anticompetitivas, como a colusión ou o fraude.

👉 Por último, Sonia Rodríguez-Campos apuntou que “unha contratación pública transparente é fundamental para garantir a igualdade de trato entre os licitadores e evitar a corrupción. A formación contribúe a que os procesos de contratación realícense de forma clara e accesible, evitando posibles manipulacións e favorendo a confianza nas institucións”.

⏩ Nesta actividade formativa participaron o presidente e vogal da Comisión Galega da Competencia, Ignacio López-Chaves e Daniel Neira Barral, respectivamente. Tamén interviron o subdirector xeral de investigación da Comisión Galega da Competencia, Jesús Lamas Barja, e o presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGal), Tomás Otero Ferreiro.

🔗 https://egap.xunta.gal/novas

Dirección

Rúa De Madrid, 2-4
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 21:00
Martes 08:00 - 21:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 21:00
Viernes 08:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola Galega de Administración Pública - EGAP publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir