Unión da Mocidade Galega

Unión da Mocidade Galega A Unión da Mocidade Galega (UMG), constituída no 1977, é a organización da mocidade da Unión do

RELACIÓN UMG-JCPNos pasados días visitamos a histórica Festa do Avante no Seixal, organizada polo noso partido de refere...
10/09/2024

RELACIÓN UMG-JCP

Nos pasados días visitamos a histórica Festa do Avante no Seixal, organizada polo noso partido de referencia en Portugal, o Partido Comunista Português. Alí, o noso Secretario Xeral mantivo unha fructífera reunión coa organización xuvenil do P*P, a Juventude Comunista Portuguesa - JCP.

Así, podemos anunciar que a partir de agora estabelecemos relación formal coa JCP e por tanto, comezamos xa a traballar cos nosos camaradas portugueses de maneira oficial.

Ambas as nosas organizacións coinciden na análise do contexto político actual e partillan a necesidade de contarmos con organizacións comunistas e patrióticas na xuventude para defender a clase traballadora galega e portuguesa así como a soberanía dos povos.

VIVA A JUVENTUDE COMUNISTA PORTUGUESA!

VIVA A UNIÓN DA MOCIDADE GALEGA!

“Aqueles que aspiramos a ser ferreiros dun mundo mellor, escribamos a historia da Galiza que vén, deseñemos un futuro en...
14/05/2024

“Aqueles que aspiramos a ser ferreiros dun mundo mellor, escribamos a historia da Galiza que vén, deseñemos un futuro en liberdade.”

Onte, marcando un momento histórico no XIX Congreso da Unión da Mocidade Galega, realizado no Casal de Ferreirós, en Poio, inauguramos un novo capítulo na historia da nosa organización xuvenil patriótica coa elección do camarada Iago Suárez como o novo Secretario Xeral.

Durante o congreso, tras intensos debates, reafirmamos o noso firme compromiso cos principios do nacionalismo e o marxismo-leninismo, certos en que a Unión da Mocidade Galega pulará por intensificar a loita pola soberanía nacional e a emancipación da clase traballadora galega. Este congreso simboliza o inicio dunha era de renovación da esperanza e o compromiso decidido coa defensa dos intereses da clase traballadora e a soberanía nacional da Galiza.

De calquera forma non podemos avanzar sen render homenaxe ao firme liderado da nosa anterior Secretaria Xeral, Iria Carreira, cuxa dedicación inquebrantábel á causa da liberación nacional e o empoderamento da clase traballadora sostivo a nosa organización nos momentos máis desafiantes. A súa guía durante a pandemia, en particular, foi un faro de perseveranza e compromiso, e o seu legado inspirará as nosas accións futuras.

E con grande orgullo que presentamos os membros do novo Comité Nacional, composto por dedicados camaradas como Sabela Méndez, Artai Gavilanes, Alexandre Bastero, Paulo Alonso, Icía Abraira, Iria Rei, Iria Nande, Marta Gómez, Lucas Pardo, Xavier Digón, Nuno Galán, Alberto Rivas, Manuel Agra e Iria Buide. Todos preparados para intensificar a nosa loita e avanzar na construción dun Estado galego socialista.

A todos os camaradas e as novas caras do Comité, agradecemos por aceptaren este desafío histórico. Xuntos, continuaremos a loita por un futuro liberado, onde os dereitos dos traballadores e a nación galega sexan defendidos con fervor revolucionario e inquebrantábel compromiso cos nosos ideais!

A loita continúa! ❗O próximo 11 de maio celebraremos en Compostela o noso XIX Congreso, no que debateremos e actualizare...
18/04/2024

A loita continúa!

❗O próximo 11 de maio celebraremos en Compostela o noso XIX Congreso, no que debateremos e actualizaremos os posicionamentos da UMG para o futuro que vén.

Moncho Reboiras pertence ao fío condutor da historia da loita de contrarios.No ano 1975 era asasinado pola polícia españ...
12/08/2022

Moncho Reboiras pertence ao fío condutor da historia da loita de contrarios.

No ano 1975 era asasinado pola polícia española. Reboiras, militante comprometido nos eixos de traballo de masas do Partido, deu a vida por esta causa.

A UMG lembra o seu exemplo, homenaxeamolo así especialmente nesta data, mais tamén todos os días: na práctica política.

A loita continúa, camarada. Por unha Galiza Ceive e Socialista!

10/08/2022

Os vindeiros 12 e 13 de agosto terán lugar as VII Xornadas de Formación Moncho Reboiras en Ferrolterra. Reboiras tiña só 25 anos cando foi asasinado pola policía franquista na Rúa Terra, mais a súa traxectoria supuxo un inxente contributo de militancia e de compromiso coa nosa Patria. Cando x...

Os vindeiros 12 e 13 de agosto terán lugar as VII Xornadas de Formación Moncho Reboiras en Ferrolterra.Reboiras tiña só ...
08/08/2022

Os vindeiros 12 e 13 de agosto terán lugar as VII Xornadas de Formación Moncho Reboiras en Ferrolterra.

Reboiras tiña só 25 anos cando foi asasinado pola policía franquista na Rúa Terra, mais a súa traxectoria supuxo un inxente contributo de militancia e de compromiso coa nosa Patria.

Cando xa van 47 anos desde o seu asasinato, súa loita segue a ser exemplo de rebeldía e compromiso coa patria para a mocidade galega. Desde a Unión da Mocidade Galega recollemos o seu legado e traballamos para acadar a Galiza ceibe pola que Moncho Reboiras entregou a súa vida.

As palestras das xornadas serán:
- Introdución ao pensamento marxista, por Duarte Correa.
- O comunismo patriótico: a aplicación do pensamento marxista á realidade galega, por Montse Prado.
- 45 anos da Unión da Mocidade Galega, por Iria Carreira.
- O papel da UMG nas organizacións de masas, por Paulo Ríos.

Mais tamén haberá espazo para a confraternidade, e contaremos na noite do venres cun concerto do Rabelo!

Ademais, participaremos dos actos de homenaxe organizados pola Unión do Povo Galego en Ferrolterra.

Anímate a participar!

Polo futuro que ansiamos para a nosa lingua, sempre en Galiza, sempre en galego!Vémonos ás 12h na Alameda de Compostela ...
17/05/2022

Polo futuro que ansiamos para a nosa lingua, sempre en Galiza, sempre en galego!

Vémonos ás 12h na Alameda de Compostela na manifestación convocada por Queremos Galego!

Neste 1 de maio volvemos saír ás rúas na defensa dos nosos dereitos como traballadoras.Avante coa loita da clase traball...
01/05/2022

Neste 1 de maio volvemos saír ás rúas na defensa dos nosos dereitos como traballadoras.

Avante coa loita da clase traballadora!

Hoxe cúmprense 50 anos dos sucesos do 10 de marzo de 1972. Neles, os traballadores Amador Rey e Daniel Niebla eran asasi...
10/03/2022

Hoxe cúmprense 50 anos dos sucesos do 10 de marzo de 1972. Neles, os traballadores Amador Rey e Daniel Niebla eran asasinados por defender os seus dereitos. Eles, e moitas outras foron a forza para a construción do movemento obreiro galego.

O Dia da Clase Obreira Galega é un dia de memoria e de loita. Actualmente, os mesmos dereitos polos que Amador e Daniel daban a vida, atópanse en entredito.

As mozas comunistas galegas non nos resignamos, celebramos este día como un de memoria, e de loita: ante os retrocesos en dereitos, mais organización partidaria!

Este 8 de marzo, as mulleres da Unión da Mocidade Galega faremos parte das mobilizacións e concentracións convocadas pol...
08/03/2022

Este 8 de marzo, as mulleres da Unión da Mocidade Galega faremos parte das mobilizacións e concentracións convocadas pola CIG e o movemento feminista galego durante toda a xornada.

Mobilizarémonos para visibilizar a triple opresión a que nos vemos sometidas como mozas galegas pertencentes ás clases populares mais tamén denunciaremos os efectos das políticas neoliberais e do cisheteropatriarcado sobre os nosos dereitos.

Sairemos ás rúas un ano máis contra: a fenda salarial que se agrava no caso da Galiza como consecuencia da nosa situación de dependencia política; a nova reforma laboral que precariza aínda máis as mulleres; os plans de igualdade que fican en papel mollado; o mercado precario e desvalorizado que representan na maioría de casos os traballos feminizados; contra a violencia específica que sofren as mulleres pertencentes ao colectivo LGBT -nomeadamente as persoas trans-; contra a as políticas ultraconservadoras que pretenden facer recaer nas mulleres todo o peso do traballo doméstico e de coidados que o estado destrúe ou privatiza.

O 8 de marzo foi e será sempre unha data de combate para as mulleres da clase obreira galega. Contra o rexime e a patronal que sosteñen as condicións de explotación e opresión contra todas nós, porque o noso papel non é subsidario, as mulleres do feminismo galego e de clase somos ferreiras dun mundo mellor!

Neste 25 de novembro reafirmámonos na loita feminista en contra da violencia machista. Esta violencia que nace directame...
25/11/2021

Neste 25 de novembro reafirmámonos na loita feminista en contra da violencia machista.

Esta violencia que nace directamente do patriarcado, é inherente ao propio sistema capitalista, e agrédenos dun xeito constante e mantido. O sistema saca de nós a máxima rendibilidade a través da división sexual do traballo, da asignación das tarefas domésticas e de coidados que duplican a nosa xornada laboral roubándonos o tempo de descanso e sen ningún tipo de remuneración. Ademais, nos empregos asalariados, perpetúase unha diferenza salarial coa que se nos violenta ao someternos á máxima precariedade como medio de dominación.

Ademais, o terrorismo machista continúa a agredirnos e intentar estender o medo entre nós para limitar a nosa liberdade. As agresións verbais, o control da nosa apariencia física, a sexualización e mercantilización dos nosos corpos, as limitacións para exercer o noso dereito ao ab**to, as violencias físicas e incluso o feminicidio son unha constante contra as mulleres de todas as nacións do mundo, mais que se agudizan no caso de mulleres LGBT, racializadas ou con diversidade funcional.

A nosa aposta pola existencia de espazos plenamente soberanos desde os que actuar é determinante para combatermos o capitalismo patriarcal, mais a intransixencia coas violencias machistas nos espazos de militancia é tamén unha necesidade para avanzarmos na loita feminista. Soamente así, do individual ao colectivo, visibilizando todas as agresións, denunciándoas a través da resposta e a acción directa, pularemos por erradicalas.

Hoxe, 25 de novembro, e todos os días, mantémonos na loita feminista tamén contra o capitalismo para derrubar o patriarcado.

Dirección

Avenida Lugo, 219, 1º
Santiago De Compostela
15703

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Unión da Mocidade Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir