Iniciativa Galega pola Memoria

Iniciativa Galega pola Memoria Páxina da Iniciativa Galega pola Memoria

04/09/2026

Máis de 200 mulleres pasaron durante o franquismo polo cárcere de Celanova (Terra de Celanova). Presas e Mestras é o resultado do traballo do Comité da Memor...

01/09/2026

Crónica e fotogalería da homenaxe a Amadeo López Bello, Eloy Romero Luis, Julio González Álvarez e Silvio Torres Díaz na inauguración do Memorial da Poza das Ras.

23/08/2026

O Concello de Verea e o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova solicitaron en 2023 que o espazo sexa declarado Lugar de Memoria.

05/08/2026

• Os Amigos da República, o Comité pola Memória Histórica do Val do Límia e o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova únense á familia de Celso Pérez Enríquez, o Celso de Poulo, para celebrar unha homenaxe ao alcalde republicano de Gomesende asasinado en agosto do 36 e a todas as vítimas dos paseos no Furriolo.

O Memorial do Alto do Furriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia, acollerá o martes 18 de agosto ás oito da tarde, unha homenaxe ao conxunto de veciños e veciñas asasinados neste lugar nos meses posteriores ao golpe de estado de 1936, moitos deles aínda hoxe sen nome. Entre as vítimas identificadas están Celso Pérez Enríquez, alcalde de Gomesende pola Fronte Popular, e Eduardo Villot Canal, mestre, militante comunista e membro da Asociación de Traballadores do Ensino (ATEO), sacado do cárcere de Celanova xunto con Celso de Poulo e asasinado como el no Furriolo, en dous casos que se converteron en símbolo da barbarie fascista contra as luces e o progreso que representara a Segunda República.

O acto está organizado por Amigos da República, o Comité pola Memória Histórica do Val do Límia e o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, e enmárcase nos actos de conmemoración do Día da Galiza Mártir, que se celebra o 17 de agosto en lembranza das vítimas da represión franquista, ou Día dos Mártires Galegos, denominación rescatada por Xosé Luís Méndez Ferrín para sinalar o carácter colectivo e plural da represión sufrida.

𝗖𝗲𝗹𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝘂𝗹𝗼, 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗿𝗰𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗿𝗲𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝗹𝗶𝗮𝗱𝗼

Celso Pérez Enríquez naceu en 1885 en Cerdal (Gomesende) e, tras unha xuventude de emigrante en Porto Rico e Cuba, volveu á súa terra en 1918, onde levantou en Poulo o comercio “El recreo obrero” e fundou unha familia con Donilda Pereira. Home de talante afable e comprometido co progreso da súa comarca, participou activamente na vida política da Segunda República: foi alcalde de Gomesende pola Fronte Popular, deputado provincial e delegado de transportes e de actividades pecuarias na Deputación de Ourense. A súa casa foi durante anos punto de encontro de republicanos, galeguistas e agraristas, e por ela pasaron figuras como Alexandre Bóveda ou Castelao.

Tras o golpe de estado de xullo de 1936, Celso de Poulo foi detido o día 23 dese mes diante da súa propia casa e trasladado primeiro ao cárcere de Ourense e despois ao de Celanova, un dos principais centros de reclusión da represión franquista na provincia. Durante as semanas seguintes, a súa familia sufriu varios asaltos e roubos por parte de escuadras falanxistas, que chegaron a ameazar cos seus fillos. Foi sacado do convento e asasinado nun “paseo” no Alto do Furriolo, xunto con outras vítimas nalgún momento entre o 18 e o 20 de agosto, entre elas Eduardo Villot, e enterrado nunha foxa común.

A súa familia tardou meses en saber onde estaban os seus restos, información que lles chegou grazas a Manuela Mosquera, nai do galeguista Pepe Velo. O 1 de outubro de 1936, un irmán de Celso organizou en segredo o traslado do cadáver ao cemiterio de Sorga, na Bola. Corenta e cinco anos despois, en 1981, un 18 de agosto, os seus descendentes exhumaron de novo os restos e deron sepultura definitiva a Celso de Poulo no cemiterio da súa parroquia natal, Poulo.

𝗢 𝗙𝘂𝗿𝗿𝗶𝗼𝗹𝗼, 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮

O mural do Furriolo é a homenaxe erguida en 2006 polo colectivo Arraianos no alto do mesmo nome. O deseñador Xosé Vizoso (1950-2025), veterano de Sargadelos, foi o autor da obra: un muro de seis por dous metros con cadáveres tirados nunha gabia, en apenas dúas cores, cara ao vermello mínimo, que Vizoso describiu como “un berro”. Despois dunha primeira intervención en 2014, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova promoveu unha nova restauración en 2021, coa colaboración do propio Vizoso e de artistas locais.

𝗛𝗢𝗠𝗘𝗡𝗔𝗫𝗘 𝗔 𝗖𝗘𝗟𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗨𝗟𝗢
Data e lugar: Martes, 18 de agosto, 20.00 horas. Memorial do Furriolo (A Bola, Ourense).

Na web: https://memoriacelanova.fala.gal/2026/08/05/homenaxe-a-celso-de-poulo-o-18-de-agosto-no-furriolo/ Amigos da República Comité pola Memória Histórica do Val do Límia Celanova na Memoria Iniciativa Galega pola Memoria

16/06/2026

Iniciativa Galega pola Memoria

Condenamos rotundamente as declaracións da deputada do PP, Paula Prado, sobre Moncho Reboiras. Parécennos de extrema gra...
23/04/2026

Condenamos rotundamente as declaracións da deputada do PP, Paula Prado, sobre Moncho Reboiras. Parécennos de extrema gravidade.

Lembra que a Delegación do Goberno en Galicia recoñeceu oficialmente en 2009 a figura de Ramón Reboiras Noia. ...

A Iniciativa Galega pola Memoria, como lugar de encontro do movemento memorialístico galego, quere manifestar a súa cond...
23/04/2026

A Iniciativa Galega pola Memoria, como lugar de encontro do movemento memorialístico galego, quere manifestar a súa condena as aldraxes contra unha vítima do franquismo pronunciadas en sede parlamentar pola portavoz do PP Paula Prado.
A reparación é un recoñecemento de responsabilidade por parte do Estado por fallar na súa obriga e deber de protexer os dereitos humanos, admitindo o acontecido tralo Golpe de Estado e a Ditadura, e restaurando ás vítimas. Nun acto celebrado na Delegación do Goberno en Galiza en 2009 así se fixo no caso de Ramón Reboiras Noia. Neste acto efectivamente se recoñece a dor e devolve á vítima a súa condición de cidadán con dereitos.
Mais a reparación, tal como esixe os estándares internacionais (ONU) como recurso efectivo esixe máis. É dicir, compre a restitución da súa honra fronte as calumnias coas que os responsables do seu asasinato quixeron xustificalo, para o cal son precisas as homenaxes públicas que sirvan para socialmente facer valer que foi vítima dunha inxustiza e non a culpable do que lle pasou.
Por iso, parécenos especialmente graves estas declaracións contrarias á mínima sensibilidade humanitaria e democrática, e esiximos a desculpa por parte da persoa que as pronunciou e da organización á que pertence.

ABERTO PRAZO INSCRIÇOM NO 1º CONGRESSO INTERNACIONAL DA GUERRILHA ANTIFASCISTA NA PROVÍNCIA DE OURENSEhttps://forms.gle/...
28/03/2026

ABERTO PRAZO INSCRIÇOM NO 1º CONGRESSO INTERNACIONAL DA GUERRILHA ANTIFASCISTA NA PROVÍNCIA DE OURENSE

https://forms.gle/VD33Nbai73pMVkHq8

👉Para confirmar o presente formulario de inscrición, será necesario realizar un ingreso na seguinte conta ES29 2080 0442 1530 4000 5117 e remitir copia ao correo electrónico [email protected]

👉Inscricións:
✅XERAL: 40€ até o 5 de outubro de 2026 e 60€ a partir desta data.
✅ESTUDANTES, DESEMPREGADOS E XUBILADOS: 20€ até o 5 de outubro de 2026 e 40€ a partir desta data.

👉A inscrición no congreso non será válida de non acreditar o pagamento no prazo establecido.
👉A inscrición dá dereito a asistir a todas as actividades do congreso e a recibir o diploma acreditativo de aproveitamento e asistencia ao mesmo.
👉Os datos recollidos no presente formulario fican sometidos á lexislación vixente en materia de Protección de Datos.

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Iniciativa Galega pola Memoria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir