Concellería de Deportes de Santiago de Compostela

Concellería de Deportes de Santiago de Compostela Páxina oficial de Facebook da Concellería de Deportes de Santiago de Compostela

04/09/2026

Este sábado e domingo temos unha cita!! ‼️

Omellor baloncesto galego xógase en Santiago 🏀😉

A 40ª Copa Galicia de Baloncesto chega ao Multiusos Fontes do Sar para reunir aos mellores equipos nunha fin de semana chea de emoción e espectáculo.

📅 5 e 6 de setembro
📍 Multiusos Fontes do Sar

Quen se leva a copa? 👀

04/09/2026

A conta atrás remata!! 🏀‼️

Esta fin de semana, 5 e 6 de setembro, Santiago acolle a 40ª Copa Galicia de Baloncesto, unha cita imprescindible para desfrutar do mellor baloncesto galego.

📍 Multiusos Fontes do Sar

Se es afeccionado ao baloncesto, xa tes plan para esta fin de semana 😜

Vémonos na bancada!

A tradición da chave continúa en Vidán! 🥳Os días 3 e 4 de setembro, a Asociación de Vidán organiza dúas xornadas de inic...
02/09/2026

A tradición da chave continúa en Vidán! 🥳

Os días 3 e 4 de setembro, a Asociación de Vidán organiza dúas xornadas de iniciación ao xogo da chave, pensadas para achegar esta tradición a novas persoas e seguir mantendo vivo un xogo con moita historia no barrio 🙌

💜 Animamos a todos o barrio, sobre todo a nenas e mulleres a participar.

📅 3 e 4 de setembro
🕕 De 18:00 a 20:30 h
📍 Tiro de Chave de Vidán
👧 A partir de 8 anos

Animádesvos a probar? 👀

🥏 O Monte do Gozo acollerá os próximos 26 e 27 de setembro o VI Open Xacobeo de Disc Golf, unha competición aberta a par...
31/08/2026

🥏 O Monte do Gozo acollerá os próximos 26 e 27 de setembro o VI Open Xacobeo de Disc Golf, unha competición aberta a participantes de todos os niveis e procedencias.

Unha excelente oportunidade para coñecer de preto esta modalidade deportiva, poñer a proba a túa precisión e desfrutar dunha fin de semana de deporte único.

📍 Monte do Gozo
📅 26 e 27 de setembro

Anímate a participar! 🙌 https://openxacobeo.com/?utm_source=chatgpt.com

29/08/2026
Hai pequenos praceres que só entendemos os que facemos deporte 😌👉 Que ao día seguinte non haxa maniotas, que a “última s...
28/08/2026

Hai pequenos praceres que só entendemos os que facemos deporte 😌

👉 Que ao día seguinte non haxa maniotas, que a “última serie” sexa de verdade a última ou vivir un partido que non se decide ata o último minuto.

Como dirían nas redes: kinda chic 💅✨

💬 Que engadirías ti á lista?

Esta fin de semana Santiago volveu ser punto de encontro arredor do fútbol coa celebración da fase feminina de Unindo Ca...
25/08/2026

Esta fin de semana Santiago volveu ser punto de encontro arredor do fútbol coa celebración da fase feminina de Unindo Camiños ⚽

Unhas xornadas de competición, convivencia e compañeirismo que reuniron xogadoras e equipos para seguir facendo medrar o fútbol feminino.

👏 Parabéns a todas as participantes e grazas a todas as persoas que fixeron posible esta edición.

Compartimos algunhas imaxes do vivido durante a fin de semana 📸

🤽‍♀️ E se este setembro probamos algo diferente? 👀O Club Waterpolo Santiago abre as súas portas todos os sábados de sete...
24/08/2026

🤽‍♀️ E se este setembro probamos algo diferente? 👀

O Club Waterpolo Santiago abre as súas portas todos os sábados de setembro para que nenos e nenas de 7 a 14 anos poidan achegarse e probar o waterpolo 💦

📍 Piscina Santa Isabel
📆 Todos os sábados de setembro
👧🧒 De 7 a 14 anos
📞 691 666 819 · 698 183 657

Unha oportunidade para descubrir un novo deporte, coñecer o equipo e, sobre todo, pasalo ben na auga 🙌

Quen se anima a probar? 🤽💙

Queres descubrir a cidade dountro xeito? 🤔Podes recorrela correndo! 🙌O circuíto CorreSan continúa coa Ruta dos Parques, ...
21/08/2026

Queres descubrir a cidade dountro xeito? 🤔

Podes recorrela correndo! 🙌

O circuíto CorreSan continúa coa Ruta dos Parques, unha proba que combina deporte, natureza e a oportunidade de percorrer algúns dos principais espazos verdes de Santiago nun ambiente saudable e participativo.

📅 13 de setembro

🕚 11:00 h

📍 Santiago de Compostela
Saída: Cidade da Cultura
Meta: Parque Eugenio Granell
📏 5,5 km

As inscricións permanecerán abertas ata o 9 de setembro, así que aínda estás a tempo de formar parte desta nova cita do XII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 🔗 https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/xii-corresan-ruta-dos-parques-2026

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concellería de Deportes de Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concellería de Deportes de Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir