07/09/2026
📹 Comezamos unha nova semana cun resumo da anterior
✍️ Renovamos co Concello de Cerdedo Cotobade o convenio para manter este curso as dúas liñas de autobús aos institutos da Xunqueira de Pontevedra e seguimos escoitando as demandas dos concellos galegos para avaliar posibles vías de colaboración
🏀 Tamén acudimos á final da 40ª Copa Xunta de Galicia sénior masculina de baloncesto e á inauguración da ampliación do Parque da Pesqueira de Mos, que contou co apoio da Xunta
🏁 Ademais, asistimos á saída do Rally Terra de Galicia en Carballo e participamos na entrega de premios, que tivo lugar na Coruña