Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Canle oficial en facebook da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Canle oficial da Amtega en facebook para a difusión das iniciativas de modernización, innovación tecnolóxica e promoción da sociedade da información en Galicia. Tamén integra contidos das webs Osimga, Mancomún CeMIT, Voldix e Abert@s.

👉 Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos Xemelgos Dixitais para a xestión do territorio👥 ...
08/09/2026

👉 Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos Xemelgos Dixitais para a xestión do territorio

👥 O noso director Damián Rey inaugurou hoxe unha xornada coas outras Comunidades autónomas que participan nun dos proxectos das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica

🚀 Destacou a aposta da Xunta pola soberanía dixital de Galicia, a concentración de coñecemento e a capacidade de produción de solucións tecnolóxicas adaptadas ás necesidades do territorio

➕ Toda a información nesta ligazón á nosa web:
🔗 https://s.id/PY570

🚨 Mañá mesmo, no   e en streaming 👇 O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público.👥 Organiza...
07/09/2026

🚨 Mañá mesmo, no e en streaming 👇
O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público.

👥 Organizamos este encontro de expertos, que forma parte das actividades do proxecto «Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais», encadrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica .

👉 Os están a consolidarse como unha tecnoloxía clave para optimizar a xestión de infraestruturas, territorios e servizos públicos mediante o uso intelixente dos datos.

🎯 Esta xornada reunirá a empresas tecnolóxicas, administracións públicas e expertos do sector para compartir experiencias reais, analizar os retos técnicos da súa implantación e debater sobre os modelos de gobernanza, interoperabilidade e escalabilidade necesarias para impulsar proxectos de éxito. Ademais, presentarase a estratexia da Xunta de Galicia en materia de xemelgos dixitais e a súa folla de ruta para o desenvolvemento do territorio intelixente.

✍ Programa e inscricións a través desta ligazón:
🔗 https://s.id/XORX0

🚨 Aberto prazo de inscrición nas probas ComDix nivel Intermedio - edición de outubro 2026 👉 O Certificado ComDix é unha ...
04/09/2026

🚨 Aberto prazo de inscrición nas probas ComDix nivel Intermedio - edición de outubro 2026

👉 O Certificado ComDix é unha acreditación oficial da Xunta de Galicia que certifica o nivel de competencias dixitais dunha persoa segundo o marco europeo DIGCOMP 2.2: Avalía habilidades relacionadas coa busca de información, comunicación en liña, creación de contidos, seguridade dixital e resolución de problemas tecnolóxicos.

✍ Xa podes inscribirte para as probas do nivel intermedio da certificación da e toda a información relacionada está nesta ligazón:
🔗 https://s.id/bDrwF

🚨 Encontro de expertos en  ! 🌐O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público 🚀📅Vindeiro marte...
03/09/2026

🚨 Encontro de expertos en !
🌐O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público 🚀

📅Vindeiro martes, 8 de setembro
⏰09:30 a 14 h
📍Presencial no Centro GaiásTech

👌 O organiza este encontro de expertos que forma parte das actividades do proxecto «Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais», encadrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica .

✍Inscricións abertas nesta ligazón:
🔗 https://s.id/3tvxu

👉 Os centros de ensino públicos galegos contarán cun novo modelo de web corporativo máis sinxelo e funcional para toda a...
02/09/2026

👉 Os centros de ensino públicos galegos contarán cun novo modelo de web corporativo máis sinxelo e funcional para toda a comunidade educativa

🎯 O obxectivo é ofrecer un mellor servizo con “información máis clara e fácil de localizar”, con mellor eficiencia e menos burocracia

📲 Os contidos poderán visualizarse en calquera dispositivo electrónico, sexa ordenador, tableta ou teléfono móbil

📑 Os espazos web de cada centro manterán unha estrutura común, o que favorece tamén a accesibilidade en todos, ao tempo que manteñen a súa identidade para visibilizar os proxectos propios

🆕 A transición das webs actuais, que levan funcionando dúas décadas, ás novas farase de maneira progresiva e os centros contarán con acompañamento de persoal asesor

https://s.id/bzifw

🗣️ O noso director Damián Rey participou onte nunha xuntanza cos asesores   de zona, onde coñeceu de primeira man os eix...
02/09/2026

🗣️ O noso director Damián Rey participou onte nunha xuntanza cos asesores de zona, onde coñeceu de primeira man os eixes de actuación da dixitalización dos centros educativos para o curso 2026/2027, profundando nas liñas estratéxicas que guiarán a implantación dos proxectos tecnolóxicos e o acompañamento á comunidade educativa.

📢 Publicado no DOG o anuncio das convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de compet...
01/09/2026

📢 Publicado no DOG o anuncio das convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais na Rede CeMIT, nos niveis Iniciación e Intermedio, correspondentes ao segundo semestre de 2026 🚀

✅ Mediante resolución desta Axencia, anúncianse as convocatorias das probas de avaliación para a obtención da certificación ComDix nos niveis Iniciación e Intermedio.

💻📚 Consulta na toda a información das probas:
🔗 https://s.id/IszJD

👉 O uso da   nas empresas galegas de dez ou máis traballadores medra case un 57 % nun ano👆 Unha de cada cinco empresas d...
31/08/2026

👉 O uso da nas empresas galegas de dez ou máis traballadores medra case un 57 % nun ano

👆 Unha de cada cinco empresas deste tamaño xa emprega esta tecnoloxía

🚀 Nas microempresas galegas a adopción da aumenta un 84,9 % no último ano e está presente en preto dun 10 %

👩‍💻 Unha de cada cinco empresas de 10 ou máis traballadores conta con especialistas TIC

📊 O 27 % das entidades deste segmento empresarial vende por comercio electrónico, unha porcentaxe lixeiramente superior ao conxunto do Estado

🛡️ O gasto en tecnoloxía concéntrase na , á que as empresas destinaron o ano pasado máis de 669 M€ e as microempresas máis de 47 M€

A información completa está nesta ligazón á nosa web:
🔗 https://s.id/zx0m8

🚨 Encontro de expertos en  !👉 O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público.📅 8 de Setembro ...
28/08/2026

🚨 Encontro de expertos en !
👉 O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais ao servizo público.
📅 8 de Setembro de 2026
⏰ De 09:30 a 14:00 h
📍💻 Presencial no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Galicia e tamén en streaming

👌 Organizamos este encontro de expertos que forma parte das actividades do proxecto «Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais», encadrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica .

👥 Os xemelgos dixitais están a consolidarse como unha tecnoloxía clave para optimizar a xestión de infraestruturas, territorios e servizos públicos mediante o uso intelixente dos datos. Esta xornada reunirá a empresas tecnolóxicas, administracións públicas e expertos do sector para compartir experiencias reais, analizar os retos técnicos da súa implantación e debater sobre os modelos de gobernanza, interoperabilidade e escalabilidade necesarias para impulsar proxectos de éxito.

📑 Ademais, presentarase a estratexia da Xunta de Galicia en materia de xemelgos dixitais e a súa folla de ruta para o desenvolvemento do territorio intelixente.

🚀 Consulta o programa e toda a información nesta ligazón:
🔗 https://s.id/7EqDsv6u

📢 Presta atención porque a próxima semana publicarase o anuncio das convocatorias das probas de avaliación para a obtenc...
27/08/2026

📢 Presta atención porque a próxima semana publicarase o anuncio das convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais na , nos niveis Iniciación e Intermedio, correspondentes ao segundo semestre de 2026

🗓️ A inscrición realizarase en setembro e as probas, en outubro de 2026.

👀 Consulta nesta ligazón todo o que precises acerca da obtención do certificado e séguenos con atención a próxima semana para non quedar sen praza para o teu exame!
🔗 https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl

Dirección

Centro De Innovación Cultural E Modernización Tecnolóxica De Galicia, Cidade Da Cultura De Galicia, Monte Gaiás S/n
Santiago De Compostela
15781

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

Atajos

Compartir