Casa Xohana Torres

Casa Xohana Torres Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Casa Xohana Torres, Edificio gubernamental, Casa Xohana Torres, Santiago de Compostela.

A Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela é un espazo municipal que ten como prioridade ser un lugar de encontro, debate e reflexión para todas as entidades ou colectivos feministas e de mulleres compostelás.

🎨 Acuarela consciente: exploramos a cor ao noso propio ritmo.Obradoiro práctico de acuarela no que se explorará o uso da...
08/09/2026

🎨 Acuarela consciente: exploramos a cor ao noso propio ritmo.

Obradoiro práctico de acuarela no que se explorará o uso da cor e da auga como ferramentas de expresión e calma, a través de exercicios guiados e creación libre sen necesidade de experiencia previa.

✨ Con Leidy Silva, artista visual e facilitadora de procesos creativos con experiencia en obradoiros de acuarela consciente orientados ao benestar emocional.

📅 Martes 22 de setembro
🕕18:00 a 20:00 h
📍Casa Xohana Torres
Reserva a túa praza AQUÍ: https://eu.jotform.com/220623450131036

🏳️‍🌈 Violencia intraxénero: achegándonos a unha realidade pouco visibilizadaQue ocorre cando a violencia se produce nunh...
03/09/2026

🏳️‍🌈 Violencia intraxénero: achegándonos a unha realidade pouco visibilizada

Que ocorre cando a violencia se produce nunha relación entre persoas do mesmo xénero? Identifícase do mesmo xeito? Existen as mesmas dinámicas? E os mesmos recursos?

Nesta charla achegarémonos á violencia intraxénero partindo precisamente destas preguntas, para coñecer como se manifesta, que particularidades pode presentar e por que continúa sendo unha realidade difícil de identificar e visibilizar, tamén dentro do propio colectivo LGBTIQ+. Falaremos tamén das súas diferenzas coa violencia de xénero, do marco social e legal que a rodea e dos recursos de apoio e protección existentes.

✨ Con Cinthia E. Romero, educadora social e sexóloga especializada en diversidade sexual e de xénero, pedagoxías críticas e intervención socioeducativa desde unha perspectiva feminista e interseccional.

Actividade dirixida ao público xeral.

📅 Mércores 16 de setembro
🕕18:00 a 20:00 h
📍Casa Xohana Torres
Reserva a túa praza AQUÍ: https://eu.jotform.com/220623450131036

✂️ Fanzine colectivo "Bordando o pasado": facémolo nós mesmas e facémolo xuntasObradoiro de creación colectiva no que os...
01/09/2026

✂️ Fanzine colectivo "Bordando o pasado": facémolo nós mesmas e facémolo xuntas

Obradoiro de creación colectiva no que os fotobordados realizados durante as dúas edicións do Club de Bordado “Bordando o pasado”, xunto cos textos que os acompañan, se transformarán nun fanzine. As participantes traballarán conxuntamente na estrutura, composición e deseño da publicación, construíndo unha memoria compartida da experiencia e poñendo en valor o bordado como práctica artística e as participantes como creadoras.

✨ Imparte Estefanía Tarrío, técnica da Casa Xohana Torres, socióloga, educadora e investigadora especializada en culturas underground, creación colectiva e autoedición DIY.

A actividade está dirixida ás persoas que participaron nas dúas edicións do Club.

📅 Martes 15 de setembro
🕕18:00 a 20:00 h
📍Casa Xohana Torres
Reserva a túa praza AQUÍ: https://eu.jotform.com/220623450131036

Setembro está á volta da esquina e na Casa Xohana Torres reabrimos as portas! 💜Presentámosvos a programación de setembro...
27/08/2026

Setembro está á volta da esquina e na Casa Xohana Torres reabrimos as portas! 💜

Presentámosvos a programación de setembro con propostas para crear, aprender, compartir e reflexionar arredor da igualdade.

Consulta toda a programación e reserva a túa praza!

🎟️ Inscricións: https://eu.jotform.com/220623450131036 (todas as actividades son gratuítas).
📍Casa Xohana Torres (Rúa Bernardo Barreiro s/n, Santiago de Compostela)

💜PROPOÑER tamén é unha forma de transformarQue TEMÁTICAS che gustaría que traballásemos nos vindeiros meses?Que ACTIVIDA...
25/08/2026

💜PROPOÑER tamén é unha forma de transformar

Que TEMÁTICAS che gustaría que traballásemos nos vindeiros meses?
Que ACTIVIDADES che gustaría atopar na Casa? Obradoiros, encontros, formacións, espazos de creación...
Que PROFESIONAL, entidade ou proxecto che gustaría que convidásemos?

Queremos seguir construíndo a programación da Casa Xohana Torres contando tamén coas vosas propostas.

📩Déixanos as túas ideas nos comentarios ou escríbenos!💜

🏡 Buscas un espazo para desenvolver unha actividade?Na Casa Xohana Torres dispoñemos dun sistema de reserva de espazos p...
22/08/2026

🏡 Buscas un espazo para desenvolver unha actividade?

Na Casa Xohana Torres dispoñemos dun sistema de reserva de espazos para entidades, colectivos e asociacións que compartan os valores de igualdade, diversidade e participación.

📩 Consulta a dispoñibilidade e as condicións de uso:

📧 [email protected]

🌈 Necesitas información, orientación ou acompañamento?Na Casa Xohana Torres contamos cun servizo gratuíto de atención e ...
20/08/2026

🌈 Necesitas información, orientación ou acompañamento?

Na Casa Xohana Torres contamos cun servizo gratuíto de atención e asesoramento LGBTIQ+, con atención psicolóxica e xurídica nun espazo seguro, confidencial e especializado.

📞 608 710 978
📧 [email protected]

💜 Falamos?

📚🎮 Unha boa historia ou un bo xogo pode cambiar a forma de mirar o mundo.Descubre esta selección de recursos xuvenís par...
19/08/2026

📚🎮 Unha boa historia ou un bo xogo pode cambiar a forma de mirar o mundo.

Descubre esta selección de recursos xuvenís para reflexionar sobre igualdade, diversidade e convivencia.

💜 Cal recomendarías ti?

☀️🌑 Bo día, post-eclipse!!Hoxe traémosvos recursos para medrar en igualdade.Libros, xogos, series e videoxogos para comp...
13/08/2026

☀️🌑 Bo día, post-eclipse!!

Hoxe traémosvos recursos para medrar en igualdade.

Libros, xogos, series e videoxogos para compartir en familia e descubrir novas formas de entender o mundo desde a infancia.

Coñeces algún recurso máis que recomendarías? Coméntanos!

🎬 Este verán tamén é un bo momento para descubrir novas historias.Compartimos algunhas recomendacións de filmes, series ...
10/08/2026

🎬 Este verán tamén é un bo momento para descubrir novas historias.

Compartimos algunhas recomendacións de filmes, series e documentais para reflexionar sobre igualdade, diversidade e dereitos.

💜 Cal engadirías ti?

Dirección

Casa Xohana Torres
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa Xohana Torres publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Casa Xohana Torres:

Atajos

Compartir