Politécnico de Santiago

Politécnico de Santiago Centro Integrado de Formación Profesional. Red Estatal de Centros de Excelencia FP.

🏆🎉 ¡DOBRE RECOÑECEMENTO NA GALA FINAL  ! 🎉🏆O talento, a innovación e o traballo en equipo do noso alumnado e profesorado...
12/06/2026

🏆🎉 ¡DOBRE RECOÑECEMENTO NA GALA FINAL ! 🎉🏆

O talento, a innovación e o traballo en equipo do noso alumnado e profesorado volveron brillar con luz propia na gran final de InnovaTech FP 2026. ¡Traemos para o CIFP Politécnico de Santiago dous premios de empresas líderes nos seus sectores! 🚀💪

Queremos darlle os parabéns aos dous equipos galardoados:

🔹 PREMIO Reto Applus+

O equipo do proxecto eDualFlow desenvolveu un sistema pioneiro para a medición continua de caudais en colectores de saneamento, combinando sensores radar e visión artificial para mellorar a precisión e eficiencia da monitorización. 📡💧

• Coordinadora: Lidia Caamaño García (Dpto. de Electricidade e Electrónica).
• Alumnado: Carlos Caneda Villanueva, Enmanuel Martínez Da Silva, David Iglesias Pallas e Verónica Calviño Gamallo.

🔹 PREMIO Reto FINSA

O noso equipo foi recoñecido por unha proposta innovadora e sostible que transforma as lascas de madeira nun material de carbono reutilizable con múltiples aplicacións: filtros de auga, electrodos para baterías e mellora de solos agrícolas. 🪵🌱

• Coordinador: Jorge Prieto Carpinteiro (Depto. de Química).
• Alumnado: Matías Temperán Fajundes, Sara García García, Manuel Santomil Sanjurjo e Adrián Bello Gil.

👏 ¡Parabéns a todas e todos! Grazas polo voso esforzo, compromiso e por demostrar a capacidade que ten a FP para dar resposta a retos reais das empresas a través da tecnoloxía.

💙 ¡Tremendamente orgullosos do talento que se forma cada día no CIFP Politécnico de Santiago!

👇 Déixalles un parabéns nos comentarios! 💬

10/06/2026

🎓 Descubre a oferta formativa do CIFP Politécnico de Santiago

Grao básico, medio e superior, Máster de FP e ciclos de alta especialización. Formación en 8 familias profesionais e en todos os réximes: dual xeral, dual intensiva, modular presencial e a distancia.

📞 881 867 601
✉️ [email protected]

🔬 Aprender tamén é saír da aula!O alumnado de 1º do CM de Operacións de Laboratorio visitou as instalacións do  para coñ...
07/06/2026

🔬 Aprender tamén é saír da aula!

O alumnado de 1º do CM de Operacións de Laboratorio visitou as instalacións do para coñecer de preto o funcionamento dunha empresa do sector e descubrir o papel fundamental que desempeña o laboratorio nos procesos de control e calidade.

Unha experiencia moi enriquecedora que lles permitiu:
👉 Achegarse á realidade profesional.
👉 Coñecer de primeira man os retos e oportunidades do seu futuro ámbito laboral.

Grazas ao Grupo Soaga pola excelente acollida e por compartir connosco a súa experiencia! 👏

Noraboa a Javier Tejo Blanco, alumno do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados do CIFP Politécnico d...
28/05/2026

Noraboa a Javier Tejo Blanco, alumno do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados do CIFP Politécnico de Santiago, pola súa participación no XIX Concurso de Xóvenes Instaladores organizado por ASINEC.
Unha excelente representación do centro nunha competición na que demostrou un gran nivel técnico e profesional.

🚀 Xornada de formación en elevator pitch da fase final de Innovatech FP!O pasado 19 de maio, os 5 equipos finalistas do ...
26/05/2026

🚀 Xornada de formación en elevator pitch da fase final de Innovatech FP!

O pasado 19 de maio, os 5 equipos finalistas do noso centro participaron nunha xornada de formación en elevator pitch no CIFP Universidade Laboral de Culleredo. O obxectivo? Adquirir as ferramentas e técnicas clave de comunicación de cara a gran final. 💡

Durante a sesión, os nosos estudantes adestraron a fondo:

• 🎯 Presentacións efectivas: Como estruturar e transmitir ideas innovadoras con claridade.
• 🗣️ Comunicación total: Claves de expresión verbal, non verbal e conexión co público.
• ⏱️ Capacidade de síntese: Como defender o valor diferencial dos seus proxectos en tempo récord ante un xurado profesional.

Entramos na recta final! Desexámoslle moito ánimo e toda a sorte do mundo aos nosos equipos na defensa de retos, que terá lugar en breve na sede do CGIFP Eduardo Barreiros. 👏🔥

🎭✨ O pasado 22 de maio tivemos a sorte de recibir no CIFP Politécnico de Santiago a actuación de Serafín Marcos co espec...
25/05/2026

🎭✨ O pasado 22 de maio tivemos a sorte de recibir no CIFP Politécnico de Santiago a actuación de Serafín Marcos co espectáculo “Begoña Caamaño, a voz das mulleres silenciadas”, unha proposta artística creada con motivo do Día das Letras Galegas 2026. 📚💙

A través dun monólogo e dunha narración dramatizada chea de emoción, reflexión e compromiso, o público achegouse á vida e á obra de Begoña Caamaño, figura homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.

Durante a representación, realizouse unha viaxe por:
🔹 As súas vivencias persoais.
🔹 A súa traxectoria xornalística.
🔹 As súas obras literarias.

Todo iso reivindicando o papel das mulleres na historia e reinterpretando os mitos clásicos desde unha mirada feminista e contemporánea. 💜

Grazas a Serafín Marcos por achegar ao noso centro unha actividade cultural tan enriquecedora e inspiradora para toda a comunidade educativa. 👏

Rede de Excelencia: Formación QuímicaO CIFP Politécnico de Santiago continúa impulsando a innovación na FP a través da R...
21/05/2026

Rede de Excelencia: Formación Química
O CIFP Politécnico de Santiago continúa impulsando a innovación na FP a través da Rede Estatal de Centros de Excelencia, incorporando tecnoloxías inmersivas, realidade virtual e metodoloxías disruptivas aplicadas ao sector químico.
O proxecto permitiu ampliar o espazo inmersivo do centro e achegar o alumnado a contornas profesionais reais mediante novas ferramentas dixitais e colaborativas.
https://politecnicodesantiago.es/gl/tecnoloxia-disruptiva-na-fp

⬇️ Versión en castellano:
El CIFP Politécnico de Santiago continúa impulsando la innovación en la FP a través de la Red Estatal de Centros de Excelencia, incorporando tecnologías inmersivas, realidad virtual y metodologías disruptivas aplicadas al sector químico.
El proyecto ha permitido ampliar el espacio inmersivo del centro y acercar al alumnado a entornos profesionales reales mediante nuevas herramientas digitales y colaborativas.
https://politecnicodesantiago.es/gl/tecnoloxia-disruptiva-na-fp

📚✨ Begoña Caamaño_ Letras Galegas 2026 no PolitécnicoO pasado 18 de maio vivimos no CIFP Politécnico de Santiago unha xo...
20/05/2026

📚✨ Begoña Caamaño_ Letras Galegas 2026 no Politécnico

O pasado 18 de maio vivimos no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada moi especial arredor das Letras Galegas.

🎭 O noso grupo de teatro, composto por profesorado do centro, ofreceu unha emocionante lectura dramatizada de Morgana en Esmelle. Foron dúas sesións que encheron o centro de literatura, emoción e compromiso coa nosa lingua. 💙

🎶 A actividade, coordinada pola nosa compañeira Edita Álvarez Silva, contou cunha coidada ambientación musical:

☀️ No pase matinal, a cargo de Manuel Abalo.
🌙 No pase da tarde, co Coro Harmonía Stellae (baixo a dirección de Manuel Tojo), que interpretou pezas tan emblemáticas como Negra sombra, Segredo ou Balaio.

Queremos agradecer o traballo e a implicación de todas as persoas participantes e, dun xeito moi especial, da actriz Iolanda Muíños , por facer posible unha celebración chea de creatividade, arte e identidade galega. 🌟

🚀 E isto continúa! 📖 A programación das Letras Galegas no centro seguirá o vindeiro 22 de maio coa actuación matinal de Serafín Marcos. ¡Non o perdades!

Rede de Excelencia: Formación QuímicaO CIFP Politécnico de Santiago continúa impulsando a innovación na FP a través do p...
18/05/2026

Rede de Excelencia: Formación Química
O CIFP Politécnico de Santiago continúa impulsando a innovación na FP a través do proxecto “Integración del Hidrógeno Verde en la Formación Profesional con el beneficio de recursos hídricos”, desenvolvido xunto con centros doutras comunidades autónomas no marco da Rede Estatal de Centros de Excelencia da FP.
O proxecto permitiu investigar técnicas de tratamento e reutilización de augas residuais industriais para a súa posible aplicación na produción sostible de hidróxeno verde, incorporando ademais novos procedementos e recursos didácticos vinculados á química industrial e ás enerxías renovables.
https://politecnicodesantiago.es/gl/hidroxeno-verde-e-innovacion

⬇️ Versión en castellano:
El CIFP Politécnico de Santiago continúa impulsando la innovación en la FP a través del proyecto “Integración del Hidrógeno Verde en la Formación Profesional con el beneficio de recursos hídricos”, desarrollado junto con centros de distintas comunidades autónomas en el marco de la Red Estatal de Centros de Excelencia de la FP.
El proyecto permitió investigar técnicas de tratamiento y reutilización de aguas residuales industriales para su posible aplicación en la producción sostenible de hidrógeno verde, incorporando además nuevos procedimientos y recursos didácticos vinculados a la química industrial y a las energías renovables.
https://politecnicodesantiago.es/gl/hidroxeno-verde-e-innovacion

🔧✨ O alumnado do CIFP Politécnico de Santiago continúa sumando experiencias reais dentro de  !O pasado 13 de maio visita...
18/05/2026

🔧✨ O alumnado do CIFP Politécnico de Santiago continúa sumando experiencias reais dentro de !

O pasado 13 de maio visitamos a refinería de REPSOL na Coruña para coñecer de primeira man o entorno industrial no que se desenvolverá o reto 8, centrado na trazabilidade intelixente de equipos e repostos no taller de instrumentación. ⚙️📲

Durante a visita, o noso alumnado puido achegarse ás necesidades reais da industria e descubrir como tecnoloxías como NFC, códigos QR, visión artificial ou automatización poden transformar os procesos industriais. 💡

Ademais, compartimos esta experiencia cos equipos do CIFP Montecelo e CIFP Ferrolterra nunha xornada de aprendizaxe, innovación e intercambio de ideas. 🤝

No seguimos apostando por unha FP conectada coa empresa, coa tecnoloxía e cos retos reais do futuro. 🚀

Dirección

Rúa Rosalía De Castro, 133
Santiago De Compostela
15706

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Politécnico de Santiago publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir