Biblioteca Concepción Arenal - USC

Biblioteca Concepción Arenal - USC Páxina oficial da Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

As coleccións da Biblioteca, en libre acceso na súa práctica totalidade, comprenden máis de 185.000 volumes de libros e máis de 4.000 títulos de revistas (3.300 pechadas e unhas 700 en curso). Estes fondos reflicten a investigación e docencia impartidas nas Facultades de Dereito, Ciencias Políticas e Sociais e Relacións Laborais da USC

📢 Volvemos ao horario habitual na Biblioteca Concepción Arenal! 📚A partir do 1 de setembro, a biblioteca recupera o seu ...
31/08/2026

📢 Volvemos ao horario habitual na Biblioteca Concepción Arenal! 📚

A partir do 1 de setembro, a biblioteca recupera o seu horario ordinario para acompañarvos no novo curso académico:

🗓️ De luns a venres: 08:30 – 21:30 h

🗓️ Fins de semana e festivos: 10:00 – 19:30 h

Agardámosvos para un novo curso cheo de lecturas, estudo e proxectos! 💪✨
BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Facultade de Dereito USC


26/08/2026

Descubre a Biblioteca Concepción Arenal a través deste percorrido virtual📚

Coñecerás os diferentes espazos e recursos da biblioteca: as coleccións de Dereito, Economía e Ciencias Sociais, as salas de estudo e outros servizos dispoñibles.

Unha pequena visita para orientarte e sacar o máximo partido á biblioteca🎓
BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Facultade de Dereito USC

A USC mantense entre as mellores universidades do mundo 🌍A Universidade de Santiago de Compostela mantense, por terceiro...
17/08/2026

A USC mantense entre as mellores universidades do mundo 🌍
A Universidade de Santiago de Compostela mantense, por terceiro ano consecutivo, no intervalo 501-600 do Ranking de Shanghai (ARWU), que clasifica máis de 2.500 universidades de todo o mundo e publica as 1.000 mellores.

No Ranking de Shanghai por materias (GRAS) 2025, a USC destacou en 14 eidos temáticos, con especial relevancia para Farmacia e Ciencias Farmacéuticas, situada no posto 45 mundial e primeira de España.

Un novo recoñecemento á excelencia investigadora da USC. 🎓📚

Máis info no Xornal da USC https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-consolida-sua-posicion-chanzo-501-600-ranking-shanghai

BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Facultade de Dereito USC Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos

O 9 de xullo terá lugar a formación presencial 'Mellorar a miña visibilidade co meu perfil de investigador en Web of Sci...
01/07/2026

O 9 de xullo terá lugar a formación presencial 'Mellorar a miña visibilidade co meu perfil de investigador en Web of Science' na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, en horario de 10 a 13 horas. Para participar é necesario inscribirse xa que as prazas son limitadas. A formación poderá seguirse a través de Teams, pero só se expedirá certificado a aquelas persoas que asistan presencialmente. Máis info https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria/novas/formacion-presencial-web-science-mellorar-mina-visibilidade-perfil-investigador
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Facultade de Dereito USC
BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

O Pleno da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora (CNEAI) reuniuse o pasado 23 de xuño para resolve...
25/06/2026

O Pleno da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora (CNEAI) reuniuse o pasado 23 de xuño para resolver as solicitudes presentadas no mes de febreiro polo profesorado laboral. Toda a información en https://www.aneca.es/web/guest/-/pleno-cneai-laborales
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Facultade de Dereito USC
BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

📚✨ LETRAS GALEGAS 2026 | Begoña CaamañoA Biblioteca Concepción Arenal acolle a mostra As voces de Begoña Caamaño, como p...
02/06/2026

📚✨ LETRAS GALEGAS 2026 | Begoña Caamaño

A Biblioteca Concepción Arenal acolle a mostra As voces de Begoña Caamaño, como parte das actividades organizadas con motivo do Día das Letras Galegas 2026.

A exposición reúne artigos de denuncia e entrevistas publicadas en Ar! Revista galega antimilitarista entre 1994 e 1997, etapa na que Begoña Caamaño formou parte do consello de redacción da revista. Os textos permiten achegarse ao seu compromiso antimilitarista, á defensa da insubmisión e ao pensamento crítico.

A mostra complétase con material visual que percorre a súa traxectoria vital, o seu compromiso coa lingua galega e coa defensa dos dereitos das mulleres.

📍 Biblioteca Concepción Arenal
📅 Do 2 ao 12 de xuño
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos HumanosFacultade de Ciencias Políticas e SociaisFacultade de Dereito USCBUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

📚 A Biblioteca Concepción Arenal acolle unha exposición dedicada á figura e á obra de Ramón Otero Pedrayo.Esta mostra en...
25/05/2026

📚 A Biblioteca Concepción Arenal acolle unha exposición dedicada á figura e á obra de Ramón Otero Pedrayo.

Esta mostra enmárcase nas actividades promovidas pola Cátedra Institucional Otero Pedrayo da USC con motivo da declaración de 2026 como Ano Otero Pedrayo, coincidindo co 50º aniversario do seu pasamento.

A exposición ofrece, a través de oito paneis, un percorrido pola traxectoria vital, intelectual e académica de Ramón Otero Pedrayo, unha das figuras máis relevantes da cultura galega contemporánea.

📍 Visita a exposición e descubre o legado dun dos grandes referentes do pensamento e da literatura galegas.
BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de CompostelaFacultad de Relaciones Laborales & Recursos HumanosFacultade de Ciencias Políticas e SociaisFacultade de Dereito USC

O Pleno da CNEAI resolve as solicitudes de sexenios do persoal funcionario da Convocatoria 2025. Máis información en htt...
13/05/2026

O Pleno da CNEAI resolve as solicitudes de sexenios do persoal funcionario da Convocatoria 2025. Máis información en https://www.aneca.es/web/guest/-/2026-pleno-cneai-ordinaria
BBUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de CompostelaFFacultad de Relaciones Laborales & Recursos HumanosFacultade de Ciencias Políticas e SociaisFacultade de Dereito USC

📢🔴RECORDA: 🕗Horarios extraordinarios na BUSC. Máis horas para estudar!! BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de...
06/05/2026

📢🔴RECORDA:
🕗Horarios extraordinarios na BUSC. Máis horas para estudar!!
BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Facultad de Relaciones Laborales & Recursos HumanosFacultade de Ciencias Políticas e SociaisFacultade de Dereito USC

📚Mostra bibliográfica con motivo do Día do Libro 2026.📅 Datas: do 20 ao 25 de abril 2026🎯Lugar: vestíbulo da Biblioteca ...
22/04/2026

📚Mostra bibliográfica con motivo do Día do Libro 2026.
📅 Datas: do 20 ao 25 de abril 2026
🎯Lugar: vestíbulo da Biblioteca Concepción Arenal.

A mostra reúne unha selección de fondos especiais da colección que destacan por saír do habitual: obras singulares polo seu formato, polo seu contido ou pola súa conexión con outros ámbitos do coñecemento.
Entre as pezas seleccionadas, poderedes atopar libros con edicións pouco comúns e formatos especiais, obras que exploran a relación entre o Dereito e o cinema, publicacións centradas na lexislación aplicada a cuestións concretas, así como títulos que vinculan o ámbito xurídico coas artes e a creación artística.

Así mesmo, o xoves 23 de abril, realizarase un sorteo de dúas camisetas, unha tote bag e un caderno da biblioteca. Apúntate!!!

Facultad de Relaciones Laborales & Recursos Humanos Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Facultade de Dereito USC

Dirección

Rúa Dos Feáns
Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30
Sábado 10:00 - 19:30
Domingo 10:00 - 19:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Concepción Arenal - USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Concepción Arenal - USC:

Atajos

Compartir

Categoría