Socialistas Santiago de Compostela

Socialistas Santiago de Compostela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Socialistas Santiago de Compostela, Organización política, Santiago de Compostela.

🔴 A Sionlla non pode seguir abandonadaViais estragados e sen pintar, falta de limpeza e problemas de iluminación. Un det...
07/09/2026

🔴 A Sionlla non pode seguir abandonada

Viais estragados e sen pintar, falta de limpeza e problemas de iluminación. Un deterioro que afecta cada día ás empresas, traballadores e persoas usuarias do polígono.

Non falamos só de imaxe. Falamos tamén de seguridade e dun parque empresarial clave para Santiago que non pode continuar nesta situación.

Este abandono arrástrase desde 2022 e xa durou demasiado.

👉 Xunta e Concello teñen que deixar atrás os desacordos, asumir as súas responsabilidades e dar dunha vez unha solución á Sionlla.

As empresas e as persoas que traballan no polígono non poden seguir pagando a falta de entendemento entre administracións.

🚌 O desbloqueo do novo contrato de transporte urbano ten que servir para mellorar de verdade as conexións co rural.As as...
04/09/2026

🚌 O desbloqueo do novo contrato de transporte urbano ten que servir para mellorar de verdade as conexións co rural.

As asociacións veciñais levan meses trasladando propostas sobre percorridos, frecuencias e conexións. Agora toca escoitalas e tomar decisións.

🌹 Esiximos ao Goberno de Sanmartín que concrete xa que cambios incorporará e garanta que ningún núcleo quede desconectado do casco urbano, tamén nas fins de semana e festivos.

O rural non pode seguir esperando.

🅿️ Sanmartín volve incumprir os seus propios prazos.Prometeron levar ao Pleno de xullo a municipalización dos aparcament...
02/09/2026

🅿️ Sanmartín volve incumprir os seus propios prazos.

Prometeron levar ao Pleno de xullo a municipalización dos aparcamentos de Praza de Galicia e Praza de Vigo. Estamos en setembro e seguimos sen data.

❌Unha mostra máis dun Goberno que anuncia, adía e chega tarde. Santiago necesita decisións, non máis promesas incumpridas.

🏊 O Club Natación Cidade de Santiago pode perder horas e espazo para adestrar co novo reparto das piscinas municipais.Fa...
31/08/2026

🏊 O Club Natación Cidade de Santiago pode perder horas e espazo para adestrar co novo reparto das piscinas municipais.

Falamos do único club de natación da cidade, con máis de 200 deportistas e unha traxectoria que non deixou de medrar.

Sanmartín está a tempo de escoitar ao club e dar unha solución. 🌹

🏘️ Ás portas do outono, as asociacións veciñais seguen sen saber con que axudas van contar este ano.Case dous meses desp...
25/08/2026

🏘️ Ás portas do outono, as asociacións veciñais seguen sen saber con que axudas van contar este ano.

Case dous meses despois de denuncialo, o Goberno de Sanmartín segue sen convocar as axudas de 2026.

❌ Unha mostra máis dun goberno que sempre chega tarde e que converte a falta de planificación na norma.

🌹 Esiximos que se convoquen xa e que as de 2027 estean listas en xaneiro. O movemento veciñal necesita certezas, non máis atrasos.

✈️ O Goberno do BNG debe explicar que sabía sobre Fly2Galicia antes de apoiar o proxecto.Que información tiña sobre o op...
23/08/2026

✈️ O Goberno do BNG debe explicar que sabía sobre Fly2Galicia antes de apoiar o proxecto.

Que información tiña sobre o operador? Que garantías esixiu? En que consistiron eses “meses axudando” dos que presumía a concelleira de Turismo?

Agora xa non chega con desmarcarse.

🌹 Recuperar conexións aéreas é necesario, pero con transparencia, garantías e explicacións.

🏥 A falta de planificación da Xunta tamén cancela tratamentos de rehabilitación.Pacientes do Hospital de Conxo recibiron...
05/08/2026

🏥 A falta de planificación da Xunta tamén cancela tratamentos de rehabilitación.

Pacientes do Hospital de Conxo recibiron a cancelación das súas citas ata despois do verán por non cubrir as vacacións do persoal.

❌ A saúde non pode esperar. Esiximos á Xunta de Rueda que garanta a continuidade dos tratamentos e deixe de poñer en risco a recuperación das persoas.

🚖 Dous anos perdidos tamén son unha forma de non gobernar.O Goberno de Sanmartín aprobou por fin o concurso para concede...
29/07/2026

🚖 Dous anos perdidos tamén son unha forma de non gobernar.

O Goberno de Sanmartín aprobou por fin o concurso para conceder 29 novas licenzas de taxi tras máis de dous anos de demora.

Agora xa non valen máis escusas. Esiximos ao Goberno de Sanmartín e á Xunta de Rueda que culminen a tramitación coa máxima axilidade.

🌹Santiago merece un servizo de taxi á altura da cidade, non máis demoras por falta de planificación.

🏛️ O patrimonio tamén precisa mantemento.A caída da escultura de Rubén García Juncal en Rodrigo de Padrón non é un accid...
28/07/2026

🏛️ O patrimonio tamén precisa mantemento.

A caída da escultura de Rubén García Juncal en Rodrigo de Padrón non é un accidente, é a consecuencia da falta de conservación.

No mes de marzo levamos ao Pleno unha iniciativa para restaurar os elementos escultóricos deste ámbito. Foi aprobada, pero o Goberno de Sanmartín non cumpriu.

Hoxe o resultado está á vista.

📍 Santiago merece un patrimonio coidado, non abandonado.

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir