BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páxina oficial da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela

10/06/2026

📚💻 Necesitas un libro e está prestado? Ou quizáis está nunha biblioteca que che queda lonxe? Neste video amosámosche como reservar ou solicitar un libro a través do catálogo Iacobus.

Iacobus

08/06/2026

Os libros sofren danos cando se utilizan. E na Biblioteca preocupámonos de coidalos e reparalos para que poidades desfrutar deles o máximo tempo posible. 📚👨‍🔧👩‍🔧📚

05/06/2026

💻 Temos nova versión do catálogo! Agora Iacobus presenta unha interface máis moderna e intuitiva.

01/06/2026

☀️😎 Xa está activado o préstamo de verán para o estudantado de grao, máster e cuarto ciclo. A data máxima de devolución é o 8 de setembro.

Este xoves celebrouse a ###III Conferencia Anual de REBIUN-Red de Bibliotecas Universitarias y Científicas no Campus de ...
29/05/2026

Este xoves celebrouse a ###III Conferencia Anual de REBIUN-Red de Bibliotecas Universitarias y Científicas no Campus de Albacete, un foro de referencia para as bibliotecas universitarias españolas. E alí estaba representando á BUSC a nosa directora Mabela Casal.

27/05/2026

📚 Tes libros que xa non usas e queres doalos a unha biblioteca? Neste vídeo explicámosche as condicións da BUSC.

25/05/2026

☀️📚 Chegan os horarios reducidos de verán á BUSC. Varían segundo cada biblioteca, así que recomendámosche consultar a web para comprobar o da túa.

🚨 Pero atención! Isto non afecta aos horarios extraordinarios por mor dos exames, que continúan todo o mes de xuño.

🎬 Imaxes: Europeana, Digital Public Library, Pixabay

🎵 Música: Funky Fresh - soundbycam

17/05/2026
05/05/2026

📢 Expo As Voces de Begoña Caamaño: Letras Galegas 2026 💜

📆 Do 5 ao 29 de maio no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela.

📜🏰 Unha das coleccións privadas españolas máis importantes que forman parte do patrimonio bibliográfico do país é a Bibl...
29/04/2026

📜🏰 Unha das coleccións privadas españolas máis importantes que forman parte do patrimonio bibliográfico do país é a Biblioteca da Casa Ducal de Osuna. O seu comezo data do s. XV e ao longo de cinco séculos reuníu máis de trinta mil volumes.
👉 O Grupo Patrimonio Bibliográfico de REBIUN presentou a exposición virtual: "De colección privada a patrimonio compartido: la Biblioteca de la Casa de Osuna en las bibliotecas universitarias", mostra que alberga noventa obras en distintas linguas organizadas en torno a doce temáticas. https://colecciones.rebiun.org/s/osuna/page/home
👏 A BUSC participa con 8 documentos.

Dirección

Colexio De Fonseca/Rúa Do Franco, S/n
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría