BNG Tomiño

BNG Tomiño Páxina oficial do BNG de Tomiño

20/08/2026
Un bo e xeneroso que, como tantos, mellorou o camiño polo que transitamos…🩵
17/08/2026

Un bo e xeneroso que, como tantos, mellorou o camiño polo que transitamos…🩵

🖤 Dende o Concello de Tomiño queremos expresar o noso pesar polo falecemento de Manuel Álvarez Gayoso, “Coruto”, que formou parte da Corporación Municipal como concelleiro do BNG, tras resultar elixido nas eleccións municipais de 1991.

“Coruto” deixa a súa pegada na historia política e municipal do noso concello, froito dunha maneira de entender a participación na vida pública desde o compromiso, a responsabilidade e o servizo desinteresado á veciñanza.

Dende o Concello trasladamos as nosas máis sentidas condolencias e todo o noso afecto á súa familia, amizades e persoas achegadas.

🚧 A Xunta do PP condena ao Baixo Miño a outros 25 anos de espera pola autovía.😠 O BNG cualifica de “tomadura de pelo” e ...
30/07/2026

🚧 A Xunta do PP condena ao Baixo Miño a outros 25 anos de espera pola autovía.

😠 O BNG cualifica de “tomadura de pelo” e de “anuncio por fascículos” que a Conselleira de Infraestruturas viñese a Tomiño para anunciar a contratación dun proxecto de apenas 2 km. Este subtreito, no mellor dos casos, non estará rematado ata dentro de 5 anos e nin sequera permitirá chegar a Tomiño, derivando o tráfico cara a Taborda e Carregal. 🚗

📅 Esta infraestrutura foi anunciada por Núñez Feijóo no ano 2003 e, a este ritmo, teremos que agardar outros 25 anos para vela rematada ata Goián.

🏛️ O BNG presentará unha iniciativa no Parlamento para solicitar que a Xunta contrate o proxecto completo e adquira un compromiso cun plan plurianual de investimento. O Baixo Miño merece feitos, non máis promesas. 💙

O día da nosa terra e do noso orgullo. Sempre Galiza🩵
25/07/2026

O día da nosa terra e do noso orgullo. Sempre Galiza🩵

O presidente da Deputación visitou as traídas veciñais de Tomiño. O curioso é que o Concello non recibiu ningunha comuni...
02/07/2026

O presidente da Deputación visitou as traídas veciñais de Tomiño. O curioso é que o Concello non recibiu ningunha comunicación oficial. Quen si estaba avisado eran os concelleiros do PP. 🤔

Debe ser esa nova forma de entender as visitas institucionais: máis sectaria ca institucional e máis partidista ca de todos e todas.

En fin… as vellas mañas do PP nunca pasan de moda. 😉

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Tomiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Tomiño:

Atajos

Compartir

Categoría