14/08/2026
🏛️ Pleno de agosto: o BNG solicita información, planificación e transparencia
No Pleno ordinario celebrado este xoves, desde o BNG de Ortigueira volvimos exercer o noso labor de oposición: preguntar, fiscalizar e reclamar que os acordos se cumpran.
E unha cuestión marcou boa parte da sesión: a falta de respostas do Goberno municipal ás preguntas formuladas polo noso portavoz, Marco Schaal
🔹 Piscina e instalacións deportivas: abstivémonos na prórroga do contrato despois de preguntar polo incumprimento do prazo de preaviso, pola situación xurídica dos terreos e polos gastos de mantemento que corresponden á empresa. Non obtivemos ningunha resposta.
🔹 POS+ Adicional 2/2026: valoramos positivamente os case 994.000 € da Deputación da Coruña, pero advertimos erros e discrepancias na documentación, incluída unha diferenza de 900 € nas cantidades. Tamén preguntamos polo estado das autorizacións para as obras nos camiños. De novo, sen respostas, abstivémonos.
🔹 550.000 € de modificación de crédito: preguntamos por que se redistribúen 550.000 € inicialmente orzamentados para persoal de Servizos Sociais e que cambiou respecto da planificación inicial. Tamén reclamamos concreción sobre as partidas de limpeza, Cultura e Turismo.
Na comisión, o alcalde indicara que as concelleiras de Cultura e Turismo responderían no Pleno ás cuestións formuladas polo BNG. As respostas non se produciron. Por iso votamos en contra.
🔹 265.206 € e Piscina do Salgueiro: desaparece do orzamento a partida destinada a solucionar en 2026 un problema que leva máis de vinte anos pendente. Preguntamos que prazo ten e cando se vai resolver. De novo, ningunha aclaración nin resposta. Tamén votamos en contra.
E no apartado de rogos e preguntas, volvimos formular as preguntas que non se responderon nos puntos anteriores e reclamamos información sobre o custo e financiamento do Festival do Mundo Celta, accesibilidade nas praias, muro de San Roque, obra da AC862 en Espasante, senda peonil da Venta, camión do lixo, os 3 informes sobre a Residencia Dolores Dávila, recollida de lixo durante o verán e mantemento das casetas das praias, entre outras moitas cuestións.
Desde o BNG pedimos información para os grupos políticos, pero sobre todo para a veciñanza.
Pedimos planificación.
E pedimos transparencia.
Seguiremos preguntando, fiscalizando e reclamando que os acordos deste Pleno se cumpran.
👉 O resumo completo do Pleno, na nosa web.
O Pleno ordinario correspondente ao mes de xullo celebrouse este xoves 13 de agosto ás 20:00 horas, coa presenza de 12 dos 13 concelleiros e concelleiras da ...