Psoe Ribeira

Psoe Ribeira "O Progreso de Ribeira, ea distribución solidaria dos recursos; presiden o ideario socialista PSOE".

04/09/2026

La oposición fuerza un Pleno extraordinario en Ribeira para exigir avances en la residencia de mayores

04/09/2026

La alcaldesa, María Sampedro, sostiene que los trámites no se han parado y que la parcela de San Roque estará segregada en días para poder cedérsela a la Xunta

05/08/2026

No pleno do pasado luns presentamos unha proposta para que Ribeira conte cun regulamento que permita ordenar e controlar as caravanas, autocaravanas e vehículos vivenda.

Durante a nosa quenda de réplica aclaramos varias cuestións. En primeiro lugar, lembramos que o PP votou en contra dos orzamentos de 2024 e abstívose nos de 2023. Por iso resulta incoherente que agora critique á oposición por votar en contra dos orzamentos deste ano, facendo ver que iso significa opoñerse a todo.

Tamén respondemos ao PBBI, que afirmou que gobernan "por e para os veciños". Neste caso, fano grazas a unha proposta do PSdeG de Ribeira. Esta cuestión levaba varios plenos sobre a mesa sen que o Goberno actuase. Foi necesario que a levásemos ao Pleno para conseguir un acordo unánime.

Explicamos tamén que durante a nosa etapa no Goberno non se construíu unha área de autocaravanas porque as parcelas e os custos non eran os adecuados, apostando por potenciar os negocios privados que xa prestaban este servizo.

Regular non é ir contra o turismo. É favorecer a convivencia. O problema actual non é a falta de normas, senón a existencia de múltiples disposicións legais que dificultan o traballo da Policía Local. Un regulamento municipal permitirá simplificar a súa aplicación, unificar criterios e ofrecer maior seguridade xurídica tanto aos axentes como aos usuarios.

A proposta foi aprobada por unanimidade. Agora agardamos que o Goberno municipal cumpra co acordado e elabore canto antes este regulamento para que Ribeira dispoña dunha normativa clara que ordene e controle este tipo de vehículos.

03/08/2026

No pleno do pasado luns apoiamos a proposta para avanzar na instalación de aseos portátiles nas festas das parroquias. Trátase dunha medida de sentido común que contribúe a mellorar a convivencia, a salubridade e a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Votamos a favor da emenda presentada polo Goberno porque, para nós, o importante é que este tipo de iniciativas saian adiante e poidan converterse nunha realidade.

Agora ben, na súa emenda o Goberno condicionaba a medida á súa "viabilidade económica". Durante o debate deixamos claro que a viabilidade económica é, en realidade, unha cuestión de vontade política. No mesmo pleno aprobouse un suplemento de crédito de case 900.000 euros, polo que existe marxe para priorizar actuacións como esta se realmente hai interese en levalas a cabo.

A instalación destes aseos non é un capricho. É unha necesidade para evitar malos cheiros, problemas de hixiene e molestias aos veciños e veciñas que viven nas inmediacións das festas, e para compatibilizar o lecer co respecto ao descanso e á convivencia.

Agardamos que o compromiso adquirido non quede nunha simple declaración de intencións e que esa suposta "viabilidade económica" se traduza en vontade política. Porque, cando hai vontade, hai recursos. E as parroquias de Ribeira merecen contar con este servizo nas súas festas.

03/08/2026

No pleno do pasado luns aprobouse un suplemento de crédito apenas un mes despois da entrada en vigor do orzamento municipal. Unha situación que demostra que as contas aprobadas polo Goberno non respondían á realidade das necesidades do Concello.

Desde o PSdeG de Ribeira votamos a favor, por responsabilidade. A situación exposta respecto á gardería municipal parécenos o suficientemente grave como para non bloquear unha solución que afecta directamente ás familias e ao funcionamento dun servizo esencial.

Agora ben, este suplemento tamén deixa en evidencia importantes deficiencias na planificación do Goberno municipal. Por unha banda, o Concello terá que afrontar unha sentenza derivada da situación de falsos autónomos. Por outra, tamén é necesario incrementar a partida de Deportes porque as previsións orzamentarias non se fixeron correctamente.

Cando se aprobaron os orzamentos municipais xa advertimos que eran unhas contas afastadas da realidade e que acabarían necesitando modificacións en moi pouco tempo. Desde o Goberno responderon dicindo que estabamos a esaxerar.

Hoxe, apenas un mes despois da súa entrada en vigor, os feitos demostran que tiñamos razón. Un bo orzamento non é o que se aproba con grandes titulares, senón o que responde ás necesidades reais do Concello e está elaborado con rigor e planificación. Ribeira merece unha xestión máis seria e máis responsable.

03/08/2026

No pleno do pasado luns tamén apoiamos a proposta para solicitar a incorporación de Ribeira á Rede Española de Capitais da Cultura. Trátase dunha iniciativa interesante, ambiciosa e positiva para o noso concello, que pode contribuír a dar visibilidade ao noso patrimonio, á nosa programación cultural e ao potencial de Ribeira.

Queremos, ademais, felicitar á concelleira de Cultura por traer ao Pleno unha proposta propia. É, lamentablemente, a única integrante do Goberno municipal que levou unha sola iniciativa á sesión plenaria, algo que non se pode dicir do resto do executivo, que continúa instalado na inacción e sen impulsar proxectos para Ribeira.

Cando as propostas son boas e benefician ao noso concello, contarán sempre co apoio do PSdeG de Ribeira. A nosa forma de facer política é clara: apoiar todo aquilo que sexa positivo para os veciños e veciñas, con independencia de quen o presente.

03/08/2026

No pleno do pasado luns 27 de xullo, durante a nosa quenda de réplica, aclaramos todas as dúbidas formuladas pola oposición sobre a proposta relativa ao lavadoiro da Pen*squeira.

Finalmente, a iniciativa foi aprobada coa emenda presentada polo Goberno municipal. Agardamos que ese acordo se traduza en feitos e que se cumpra, para que o lavadoiro quede correctamente limpo, acondicionado e conte co mantemento que merece.

O importante non é quen presenta a proposta, senón que os compromisos adquiridos se leven á práctica e que o patrimonio de todos os veciños e veciñas de Ribeira estea en boas condicións. Seguiremos atentos para comprobar que así sexa.

29/07/2026

El PSOE criticó que el gobierno local no aclaró si sancionará a la contratista por incumplir el plazo de entrega de esta infraestructura

28/07/2026

O PSdeG logra o apoio unánime para que Ribeira regule as autocaravanas ✅

No mesmo pleno, o Grupo Municipal Socialista criticou que o PP aprobe un suplemento de crédito de 900.000€ apenas un mes despois de aprobar os orzamentos ❌

ℹ️ Máis info en https://f.mtr.cool/yuyurjeiuz

28/07/2026

O Grupo Municipal Socialista conseguiu no pleno celebrado este luns 27 de xullo a aprobación da súa proposta para que o Concello de Ribeira redacte un regulamento sobre as autocaravanas. Autocaravanas estacionadas en Coroso A sesión estivo marcada tamén pola aprobación dun suplemento de crédit...

Dirección

Praza Uxío Novoneyra 5/Entrechan
Santa Eugenia De Ribeira
15960

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Psoe Ribeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Psoe Ribeira:

Atajos

Compartir

Categoría