Policía Local de Ribeira

Policía Local de Ribeira Perfil oficial do corpo da Policía Local de Ribeira. Canle informativa. Teléfonos de incidencias e urxencias 112 / 981 871 178

Esta canle non atende denuncias, en caso de URXENCIA ou EMERXENCIA chama ao teléfono 112 / 092 / 981 871 178

🤔 LEMBRADE!!! 🗓️ Hoxe, sábado 25🕐 15:00 horas🚫 Prohibido estacionar🌍 Zona Portuaria e a Avenida do Malecón🎢 Montaxe Atra...
24/07/2026

🤔 LEMBRADE!!!

🗓️ Hoxe, sábado 25

🕐 15:00 horas

🚫 Prohibido estacionar

🌍 Zona Portuaria e a Avenida do Malecón

🎢 Montaxe Atraccións das Festas do Verán

ℹ️ O vindeiro sábado 25 a Zona Portuaria e a Avenida do Malecón, quedarán reservadas para a montaxe das atraccións das F...
22/07/2026

ℹ️ O vindeiro sábado 25 a Zona Portuaria e a Avenida do Malecón, quedarán reservadas para a montaxe das atraccións das Festas do Verán.

🚫 Por tal motivo o estacionamento quedará prohibido dende as 15:00 horas.

👀 Cambios no Regulamento Xeral de Circulación para mellorar a protección das persoas usuarias vulnerables da vía.PRINCIP...
29/06/2026

👀 Cambios no Regulamento Xeral de Circulación para mellorar a protección das persoas usuarias vulnerables da vía.

PRINCIPAIS CAMBIOS

Os principais cambios introducidos no Regulamento Xeral de Circulación agrúpanse en seis grandes bloques:

1) Condutores de vehículos de mobilidade persoal (VMP)

👉 Fíxase en 15 anos a idade mínima para conducir un VMP.

👉 Deberán utilizar obrigatoriamente casco de protección e chaleco reflector durante a noite ou en situacións de escasa visibilidade. Os profesionais que circulen en VMP deberán utilizalo en todo momento. Ambas as dúas condutas constitúe nunha infracción grave con sanción económica de 200 €.

👉 Estes vehículos deberán levar sempre acendida a iluminación.

👉 Fóra dos núcleos urbanos poderá permitirse a circulación dos VMP por vías segregadas do tráfico de vehículos de motor, como vías ciclistas ou carrís bici.

2) Ciclistas

👉 Elimínanse as exencións do uso do casco e todas as persoas ciclistas deberán levalonas vías interurbanas.

👉 As persoas ciclistas que desenvolvan a súa actividade profesional neste vehículo (riders) deberán utilizar en todo momento casco de protección e chaleco reflector. Ambas as dúas situación constitúe nunha infracción grave con sanción económica de 200 €.

👉 O condutor que adiante unha persoa ciclista nunha vía interurbana deberá reducir a velocidade en, polo menos, 20 quilómetros por hora respecto ao límite establecido na vía.

👉 Ademais, nas calzadas con máis dun carril por sentido, o condutor que adiante deberá cambiar completamente de carril, ademais de deixar unha separación lateral de 1,5 metros.

👉 Nas vías urbanas:

- As persoas ciclistas circularán preferentemente polo centro do carril para mellorar a súa seguridade.

- Os condutores de vehículos de motor deberán manter unha separación mínima de 5 metros coas persoas ciclistas que circulen diante deles no mesmo carril.

- Naquelas vías dun só carril nas que a velocidade estea limitada a 30 quilómetros por hora ou menos, e logo da correspondente sinalización, a autoridade municipal poderá permitir a circulación das bicicletas nos dous sentidos.

3) Usuarios de motocicletas

👉 É obrigatorio o uso de luvas de protección para condutores e pasaxeiros de motocicletas e ciclomotores nas vías interurbanas, así como de calzado pechado en todo tipo de vías. Ambas as dúas obrigas constitúe nunha infracción grave con sanción económica de 200 €.

👉 Permítese a circulación de motocicletas polo arcén dereito cando exista conxestión de tráfico, sen superar a velocidade de 30 quilómetros por hora e sempre que o tramo estea debidamente sinalizado.

👉 Os cascos de protección das persoas usuarias de ciclomotores deberán estar obrigatoriamente homologados e non simplemente certificados.

👉 Os riders que desenvolvan a súa actividade profesional en motocicleta deberán levar chaleco reflector en todo momento. Constitúe unha infracción grave con sanción económica de 200 €.

4) Equipamento de protección

👉 Elimínanse as exencións ao uso do cinto de seguridade que existían para condutores de taxi, vehículos de transporte de mercadorías e vehículos de ensino da condución. A partir de agora deberán leval oposto en todo momento.

👉 Establécese unha excepción para as persoas pasaxeiras das ambulancias asistenciais acondicionadas para permitir asistencia técnico-sanitaria en ruta cando, durante un servizo de urxencia, ocupen o habitáculo do paciente.

5) Outras normas nas vías interurbanas

👉 Os vehículos que adianten outros inmobilizados por accidente, avaría, labores de auxilio, mantemento ou regulación do tráfico deberán deixar unha separación lateral de 1,5 metros e reducir a velocidade en, polo menos, 20 quilómetros por hora respecto ao límite da vía.

👉 Nas autoestradas e autovías, cando a circulación resulte dificultada pola neve, quedará prohibido adiantar e circularase unicamente polo carril dereito, deixando libre o carril esquerdo para a circulación dos vehículos de emerxencia e quitaneves.

👉 Cando, debido a unha retención, os vehículos circulen ao paso dunha persoa peón ou se deteñan, deberán arrimarse de maneira que deixen un espazo central libre para permitir o paso dos vehículos da policía e dos demais servizos de emerxencia, espazo denominado «carril de emerxencia».

6) Outras normas nas vías urbanas

👉 Nos pasos para peóns regulados por semáforos, como norma xeral, non poderá coincidir a luz ámbar intermitente para vehículos coa luz verde para peóns.

👉 Dótase de entidade xurídica aos camiños escolares seguros, definíndo os como o conxunto de vías acondicionadas pola autoridade competente para favorecer que os nenos e as nenas se despracen aos centros escolares a pé, en transporte público ou utilizando medios de mobilidade non motorizados.

👉 Regúlase a manobra de estacionamento das autocaravanas, que non poderán despregar elementos propios que excedan o perímetro do vehículo, entendido como a súa proxección en planta; deberán descansar unicamente sobre os neumáticos e non poderán verter fluídos procedentes do habitáculo.

ENTRADA EN VIGOR

O Real Decreto aprobado este martes polo Consello de Ministros entrará en vigor o día 1 de outubro de 2026, agás os artigos referidos á iluminación obrigatoria para os VMP e ao casco homologado para as persoas usuarias de motocicletas, que o farán o 1 de outubro de 2027.

Pola súa parte, o artigo relativo á obrigatoriedade do uso de luvas de protección homologadas será efectivo cando entre en vigor a orde ministerial que regule as súas especificacións técnicas; mentres tanto, utilizaranse luvas de protección das mesmas características ca as que se empregan na actualidade.

25/06/2026

O vindeiro xoves 2 de xullo, por mor das obras que Viaqua vai levar a cabo na Rúa Alcalde Fdez. Bermúdez, á altura do núm. 25, o tráfico que chegue do Centenario desde Miguel Rguez. Bautista desviarase cara Abesadas pola Avda. da Constitución.

Na rotonda da Serea cortarase o tráfico cara Miguel Rguez. Bautista e só se permitirá o paso do tráfico pesado: buses e camións de transporte.

ℹ️ Esta mañá Axentes de Garda da Policía Local de Ribeira acudiron a Lugo, no marco das Dilixencias Penais que se seguen...
26/05/2026

ℹ️ Esta mañá Axentes de Garda da Policía Local de Ribeira acudiron a Lugo, no marco das Dilixencias Penais que se seguen por este Corpo de Seguridade en relación cun posible delito de maltrato animal.

☝️ En Lugo localízase o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, referente en necropsias e informes periciais na nosa Comunidade Autónoma.

👩‍⚖️ O examen que os técnicos practiquen e os resultados obtidos son unha peza de convicción fundamental dentro dun proceso penal por delito de maltrato animal.

👮‍♀️ Na tarde de onte a Policía Local de Ribeira deu inicio á Campaña de Control dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VM...
29/04/2026

👮‍♀️ Na tarde de onte a Policía Local de Ribeira deu inicio á Campaña de Control dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) que circulan polo noso municipio.

🤔 Lembrade que estes vehículos deben cumprir cos seguintes requisitos administrativos:

1. Alta no Rexistro de Vehículos da DXT.
2. Portar a Etiqueta Identificativa ["Matrícula"].
3. Contar co Seguro Obrigatorio.

🗓️ Se mercaches o teu VMP antes do 2024 e carece da chapa de marcaxe troquelada do fabricante (última foto), debes igualmente cumprir estes requisitos e poderás seguir circulando ata o 22 de xaneiro do ano que vén.

📜 Regulariza o teu Patinete Eléctrico!!! e se eres menor de idade pídelle axuda aos teus titores legais, xa que incumprir estes requisitos conleva sancións dende os 80 aos 800 euros xunto coa inmobilización e retirada do vehículo.

🤗 Se tes algunha dúbida, acude á Xefatura da túa Policía Local.

ℹ️ A Policía Local de Ribeira vai iniciar unha Campaña para verificar que os Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) do mu...
26/04/2026

ℹ️ A Policía Local de Ribeira vai iniciar unha Campaña para verificar que os Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) do municipio circulan conforme á normativa vixente, pola cal todos estes vehículos deben:

1. Levar unha Chapa de Marcaxe Troquelada.
2. Estar dados de Alta no Rexistro Nacional de Vehículos.
3. Exhibir a Etiqueta Identificativa ("Matrícula")
2. Contar cun Seguro Obrigatorio.

✍️ A carencia dalgún destes requisitos, ademais da/s sanción/s prevista/s conforme á Lei de Seguridade Viaria e os seus regulamentos, levará aparellada a inmobilización e/ou retirada do vehículo.

🕵🏼‍♂️ Legaliza o teu vehículo de mobilidade persoal e respeta a normas de circulación.

🛜 Na ligazón que se achega á DXT, podes facer estes trámites e aclarar calquera dúbida. Se eres menor de idade, pídelle axuda aos teus titores legais.



https://sede.dgt.gob.es/es/vehiculos/matriculaciones-de-vehiculos/inscripcion-vmp/index.html

🚧 Mañá martes 21 de abril os condutores debemos ter presente as obras en Miguel Rodríguez Bautista, á hora de planificar...
20/04/2026

🚧 Mañá martes 21 de abril os condutores debemos ter presente as obras en Miguel Rodríguez Bautista, á hora de planificar os nosos desprazamentos 👇

📣 O Concello de Ribeira informa de que mañá, martes, 21 de abril, comezan as obras de mellora do pavimento na rúa Miguel Rodríguez Bautista. Debido que se vai ter que pechar ao tráfico rodado, as obras executaranse en dúas fases para minimizar o impacto na circulación, comezando no tramo comprendido entre a praza do Centenario e o cruce que dá acceso a rúa Canarias. Inicialmente está previsto que o corte de circulación dure dous días en cada un dos tramos.

🚫 Durante a actuación, prohibirase a circulación de vehículos pesados como camións e autobuses en toda a vía, xa indicado dende a rotonda de Padín cara rúa Lepanto e na rotonda cara a rúa Alcalde Fernández Bermúdez.

🚗 Se ben existirán alternativas de circulación polo centro urbano para turismos, que se indicará mediante a correspondente sinalización vertical. Así mesmo, recoméndase, na medida do posible, o uso doutras rutas para evitar que se produzan retencións.

🔁 Os turismos que cheguen dende Alcalde Fernández Bermúdez terán que desviarse cara a praza do Concello ou avenida da Constitución. Tamén se permitirá, en todo momento, o acceso dende aquí ao aparcamento do Centenario e aos garaxes de Otero Pedrayo.

🔗 Dispoñible tamén na web municipal: https://www.ribeira.gal/noticias/-/asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/705021

🚧 Domingo 12 de abril corte ao tráfico da Rotonda de Padín
11/04/2026

🚧 Domingo 12 de abril corte ao tráfico da Rotonda de Padín

📣 O Concello de Ribeira informa de que no domingo, 12 de abril, permanecerá cortada ao tráfico a rotonda de Padín por mor do seu aglomerado, dun tramo da avenida de Ferrol e da rúa de Lepanto, sendo preciso desviar a circulación por vías alternativas.

⛔️ Indicarase mediante a correspondente sinalización vertical.

✔️ O día elixido é un domingo por ser cando se presenta menor densidade de circulación, minimizando así o impacto nos desprazamentos.

🚧 A partir das 8:00 horas de mañá, luns 9 de marzo, a Rúa Doutor Torres en Palmeira, quedará pechada ao tráfico, durante...
08/03/2026

🚧 A partir das 8:00 horas de mañá, luns 9 de marzo, a Rúa Doutor Torres en Palmeira, quedará pechada ao tráfico, durante o tempo que duren as obras de pavimentación.

☝️ Do mesmo xeito, dende as 8:00 horas do martes 10, os condutores deberán seguir as indicación do persoal de obras, na Rúa Castelao en Aguiño, xa que o Concello de Ribeira vai proceder ao seu asfaltado.

Dirección

Rúa Barbanza Nº33
Santa Eugenia De Ribeira
15960

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Policía Local de Ribeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir