04/09/2026
🚔 A POLICÍA LOCAL DE SANXENXO DETÉN UN CONDUTOR TRAS UNHA FUXIDA QUE REMATOU CUN ACCIDENTE EN SAMIEIRA
A Policía Local detivo un veciño de Cambados, de 25 anos, tras saltarse dous controis policiais e chocar contra un muro en Samieira.
O condutor, que presuntamente protagonizara varios altercados e causara danos no mobiliario urbano na zona do porto deportivo de Sanxenxo, fuxiu a gran velocidade pola PO-308 en dirección a Pontevedra. Tras o accidente, abandonou o vehículo xunto cun acompañante, pero ambos foron localizados polos axentes nunhas fincas próximas.
Ao identificalo, comprobouse que tiña unha orde de detención en vigor emitida por un xulgado de Caldas e que carecía de permiso de conducir, retirado en 2022. Tamén se negou a realizar as probas de alcohol e dr**as.
Impútanselle presuntos delitos de condución temeraria e contra a seguridade viaria. A Garda Civil de Pontevedra continúa coa instrución das dilixencias.