Turismo de Sanxenxo

Turismo de Sanxenxo Esta es la página oficial de empresa municipal Turismo de Sanxenxo S.L. (Concello de Sanxenxo) en Facebook.

A través de ella podrás encontrar información, ideas y actividades que te ayuden a vivir una experiencia inigualable en nuestro municipio.

25/08/2026
🌞🔭 Prepárate para vivir a eclipse solar do 12 de agosto con total seguridade!O Pazo Emilia Pardo Bazán acollerá o vindei...
30/07/2026

🌞🔭 Prepárate para vivir a eclipse solar do 12 de agosto con total seguridade!

O Pazo Emilia Pardo Bazán acollerá o vindeiro xoves, 6 de agosto, ás 19:00 horas, unha charla divulgativa gratuíta na que o astrónomo galego Ramón Iglesias Marzoa explicará como se produce unha eclipse solar, como se verá desde Sanxenxo e as medidas de seguridade imprescindibles para observala sen riscos.

🕶️ Todas as persoas asistentes recibirán unhas lentes homologadas para a observación segura da eclipse e un díptico informativo.

✍️ Inscrición previa gratuíta
📧 [email protected]
📞 986 72 02 85

Ademais, a Concellería de Turismo distribuirá lentes homologadas (ata agotar existencias) nas oficinas de Turismo de Sanxenxo e Portonovo e en distintos edificios municipais a partir do 7 de agosto, para que veciñanza e visitantes poidan g***r deste extraordinario fenómeno astronómico con todas as garantías.

🌒 Unha oportunidade única para coñecer todos os detalles dun dos acontecementos astronómicos máis agardados dos últimos anos.

📰 https://tinyurl.com/sanxenxoeclipse

📈 Sanxenxo continúa consolidándose como un dos grandes destinos turísticos do norte de España.Nos seis primeiros meses d...
28/07/2026

📈 Sanxenxo continúa consolidándose como un dos grandes destinos turísticos do norte de España.

Nos seis primeiros meses de 2026, o municipio rexistrou:

🏨 230.181 viaxeiros
🌙 690.343 pernoctacións, un 4 % máis que no mesmo período do ano pasado.
☀️ 841.998 visitantes de día, un 3,2 % máis.

O crecemento foi especialmente destacado nos meses de xaneiro e febreiro, cun incremento do 44 % de viaxeiros respecto ao ano anterior.

Ademais, Sanxenxo continúa ampliando a súa oferta de aloxamento e alcanza xa as 34.009 prazas turísticas, distribuídas entre vivendas de uso turístico, hoteis, apartamentos turísticos e cámpings, mantendo a súa posición como o destino con maior capacidade turística do norte de España.

📰 https://tinyurl.com/datosSanxenxo

🍴🎁 Se participaches co teu voto na XV edición do Sanxenxo Degusta Tapas 2026, xa podes comprobar se resultaches agraciad...
18/06/2026

🍴🎁 Se participaches co teu voto na XV edición do Sanxenxo Degusta Tapas 2026, xa podes comprobar se resultaches agraciado con algún dos premios sorteados entre as persoas participantes.

🔗 Consulta a listaxe completa na seguinte ligazón:
https://bit.ly/premiadostapas26

Máis información: 986 720 285

Grazas a todas as persoas que participaron nesta edición e contribuíron coas súas votacións ao éxito do certame.

08/06/2026

📢 SELECCIÓN URXENTE – BOLSA DE EMPREGO DE INFORMADOR/A TURÍSTICO/A

O OA Terra de Sanxenxo abre o proceso de selección urxente para a creación dunha bolsa de emprego de informador/a turístico/a.

📄 As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a documentación requirida nas bases da convocatoria.

ℹ️ As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios do OA Terra de Sanxenxo:

https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal/transparency/4ccbec38-7973-4c48-892c-2c6a13e0c5f6/

🌿 As Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo visitaron a pasada semana o Centro da Cultura Gastronómica das Rías ...
04/06/2026

🌿 As Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo visitaron a pasada semana o Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas, no Pazo de Quintáns, onde puideron coñecer de primeira man este espazo dedicado á promoción da nosa tradición culinaria e dos produtos do territorio.

📍 Lembramos que o centro ofrece visitas guiadas para grupos con inscrición previa, unha excelente oportunidade para descubrir a riqueza gastronómica das Rías Baixas e a historia dun enclave singular como o Pazo de Quintáns.

ℹ️ As visitas están dispoñibles para grupos de entre 10 e 30 persoas, os xoves ás 11:00 horas e os venres ás 17:00 horas. Para máis información e reservas:
📞 986 720 285
📧 [email protected]

🍢😋 Xa está aquí o XV Sanxenxo Degusta Tapas!Do 22 de maio ao 7 de xuño, 26 locais de Sanxenxo ofrecerán 37 deliciosas pr...
21/05/2026

🍢😋 Xa está aquí o XV Sanxenxo Degusta Tapas!

Do 22 de maio ao 7 de xuño, 26 locais de Sanxenxo ofrecerán 37 deliciosas propostas gastronómicas, entre tapas tradicionais e creativas, por só 4 €.

🥘 Ruta gastronómica
🎁 Sorteos e premios
🏆 Premios para os mellores locais

Recorre os establecementos participantes, sela o teu Degusta Mapa e disfruta da mellor gastronomía local.

DegustaMapa👉 https://bit.ly/SanxenxoDegutaTapas26

Dirección

Puerto Deportivo Juan Carlos I, S/n
Sangenjo
36960

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

+34986720285

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Turismo de Sanxenxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Turismo de Sanxenxo:

Atajos

Compartir