Concello de Ribas de Sil

Concello de Ribas de Sil Páxina do Concello de Ribas de Sil. Aquí poderás atopar información e novas de Ribas de Sil.

🚧 RENOVACIÓN DA SINALIZACIÓN EN TODO O CONCELLOEsta semana, a brigada de obras do Concello de Ribas de Sil comezou os tr...
06/09/2026

🚧 RENOVACIÓN DA SINALIZACIÓN EN TODO O CONCELLO

Esta semana, a brigada de obras do Concello de Ribas de Sil comezou os traballos de renovación da sinalización vertical do municipio.

🔹 Instalaranse un total de 60 novos sinais de diferentes tamaños, cun investimento de 7.753,81 euros no seu subministro, financiado pola Deputación de Lugo.

🔧 O Concello de Ribas de Sil asumirá os traballos e gastos correspondentes á retirada dos sinais antigos e á colocación dos novos.

A renovación chegará progresivamente a todas as parroquias do municipio, comezando os traballos pola parroquia de Soutordei.

Unha actuación para mellorar e actualizar a sinalización das nosas estradas e núcleos de poboación.

Campaña do uso do galego nos comercios do Xeoparque.
03/09/2026

Campaña do uso do galego nos comercios do Xeoparque.

🔨 AVANZAN AS OBRAS NA FONTE E LAVADOIRO DA VENTOSAO alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, supervisou, xunto coa direc...
02/09/2026

🔨 AVANZAN AS OBRAS NA FONTE E LAVADOIRO DA VENTOSA

O alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, supervisou, xunto coa directora do Obradoiro de Emprego, Verónica Quintela, os traballos de acondicionamento da Fonte e Lavadoiro da Ventosa, en Torbeo.

As obras avanzan a bo ritmo grazas ao traballo do monitor e dos sete alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego SILLOR XII, que están a recuperar e poñer en valor este elemento do noso patrimonio etnográfico.

💧 Unha actuación que responde tamén a unha petición da veciñanza de Torbeo e que permitirá conservar e mellorar un espazo tradicional ligado á historia e á vida da parroquia.

👏 Grazas ao equipo do Obradoiro polo traballo e pola implicación.

🏗️ MELLORA DO ACCESO Á CAPTACIÓN DE AUGA DE TORBEOComezaron as obras de «Mellora de acceso á captación de Torbeo», unha ...
01/09/2026

🏗️ MELLORA DO ACCESO Á CAPTACIÓN DE AUGA DE TORBEO

Comezaron as obras de «Mellora de acceso á captación de Torbeo», unha actuación que permitirá aos veciños e veciñas chegar en vehículo ata moi preto da captación, facilitando os traballos de coidado e mantemento das instalacións.

💧 A actuación inclúe tamén a mellora da propia captación, coa instalación de novas arquetas e o seu peche perimetral, evitando así o acceso de animais.

💶 O investimento total ascende a 17.029,84 euros, con cargo ao Plan Deputación.

Esta obra completa outras dúas actuacións realizadas recentemente para mellorar o sistema de abastecemento de Torbeo: o peche perimetral do tanque de auga, executado polos propios veciños coa colaboración do Concello, e a substitución da tubaxe desde a captación ata a estación de filtros, realizada mediante unha subvención da Deputación de Lugo concedida en 2025 a AVETO (Asociación de Veciños de Torbeo).

Nos medios
https://ribeirasacraxa.com/news/comezan-en-ribas-de-sil-as-obras-para-mellorar-o-acceso-a-captacion-de-auga-de-torbeo/133419/

📚☀️ REMATAMOS OS OBRADOIROS DE VERÁN 2026Cunha pequena festa despedimos os Obradoiros de Verán do Concello de Ribas de S...
31/08/2026

📚☀️ REMATAMOS OS OBRADOIROS DE VERÁN 2026

Cunha pequena festa despedimos os Obradoiros de Verán do Concello de Ribas de Sil para nenos e nenas. Hoxe non estaban todos: moitos dos que compartiron con nós estas semanas xa regresaron ás súas vilas e cidades, pero tamén estiveron presentes na lembranza dunha despedida que pon fin a outro verán compartido.

Foron semanas para xogar, aprender, convivir, facer amizades e sumar experiencias. Un espazo de lecer para a rapazada, pero tamén unha iniciativa que facilita a conciliación das familias durante os meses de verán.

Un dos monitores, Iván, resumía así a despedida: «E con isto rematamos outro ano os campamentos de verán. Moitas grazas por confiar en todos nós. Agardámosvos o próximo ano». ❤️

E as respostas das familias son probablemente a mellor maneira de valorar o traballo realizado: agradecementos aos monitores, nenos e nenas que marchan «con moita pena porque o pasaron en grande» e familias que xa pensan en volver o próximo verán para seguir sumando lembranzas e vivencias.

E tampouco faltou o humor dalgún pai ante a invitación a volver o ano que vén: «Non fai falta esperar ao próximo ano; mañá déixovos os nenos se queredes». 😄

Desde o Concello de Ribas de Sil queremos agradecer especialmente o traballo, o cariño e a implicación dos monitores, monitoras e do voluntariado, que fixeron posible que os nenos e nenas puidesen desfrutar e aprender durante todo o verán e, sobre todo, que as familias confíen ano tras ano en nós para deixar nas nosas mans o máis importante: os seus fillos e fillas.

❤️ Grazas ás familias pola confianza e á rapazada por encher de vida outro verán en Ribas de Sil. Ata o próximo!

28/08/2026

O Concello ven de instalar sinais luminosos en catro pasos de peóns da Rúa do Sil, en San Clodio.Os sinais aliméntanse con enerxía solar, cargándose polo día, e emitindo luz intermitente pola noite. O obxectivo fundamental é mellorar a seguridade vial nunha rúa na que moitos vehículos circulan con velocidades inadecuadas.

🧩 REMATAN OS ENCONTROS COA RAPAZADA 2026 COA ESCRITORA CELIA DÍAZCon moita implicación da rapazada, hoxe puxemos o punto...
28/08/2026

🧩 REMATAN OS ENCONTROS COA RAPAZADA 2026 COA ESCRITORA CELIA DÍAZ

Con moita implicación da rapazada, hoxe puxemos o punto final aos Encontros coa Rapazada do Verán Cultural de Ribas de Sil 2026. Participaron nenos e nenas dos Obradoiros de Verán e tamén outros que se achegaron respondendo á convocatoria aberta.

✏️ Nesta última cita, a escritora quiroguesa e docente Celia Díaz Núñez fíxonos pasar dúas horas moi divertidas nas que tamén houbo moito que aprender. Sopas de letras, encrucillados e outros pasatempos serviron para achegar aos máis novos formas clásicas de lecer que paga a pena conservar. E fixérono dun xeito especial: non só resolvendo os pasatempos, senón tamén aprendendo a construílos eles mesmos. 🧠📝

👏 O Concello de Ribas de Sil, a través do alcalde, que estivo presente nos encontros, quere agradecer a Roi Sampedro, Ovidio Villar e Celia Díaz que dedicasen con xenerosidade parte do seu tempo de lecer ao tempo de lecer dos máis novos de Ribas de Sil, achegándolles tres propostas diferentes para aprender e desfrutar: a astronomía, a robótica e os pasatempos.

Grazas tamén ao traballo e á implicación das concellerías resposables, os monitores, monitoras e voluntariado, fundamentais para facer posibles estas actividades.

❤️ E, por suposto, grazas a toda a rapazada pola ilusión, a curiosidade e a participación nestes tres Encontros do Verán Cultural 2026. Vémonos o ano próximo con novas propostas.

🌊 NOVOS CONTIDOS NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RÍO SIL CIRSFinalizou unha nova ampliación de contidos do Centro de Inte...
27/08/2026

🌊 NOVOS CONTIDOS NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RÍO SIL CIRS

Finalizou unha nova ampliación de contidos do Centro de Interpretación do Río Sil, situado na Escola de Torbeo, coa que o Concello de Ribas de Sil continúa mellorando este espazo dedicado a coñecer e divulgar o noso patrimonio.

📚 Instaláronse seis novos paneis divulgativos sobre:
• O Xeoparque Montañas do Courel
• A historia da Escola de Torbeo
• A xeoloxía de Torbeo e o Ollo de Sapo
• Os ríos no Xeoparque
• A idade do río Sil
• Singularidades arquitectónicas como A Pedra Cavaleira

🖥️ Ademais, incorporáronse dúas pantallas interactivas. Nunha delas podemos contemplar un vídeo do río Sil ao seu paso polo Xeoparque e, na outra, unha animación en 3D que explica o funcionamento dun muíño tradicional, inspirada no muíño de Vieiros.

💶 A actuación supuxo un investimento total de 14.996,74 euros, financiado nun 90 % polo GDR Ribeira Sacra-Courel, a través do programa LEADER con fondos europeos.

Un pequeno paso máis para coñecer, conservar e divulgar o patrimonio de Ribas de Sil e das Montañas do Courel.

Nos medios

https://ribeirasacraxa.com/news/ribas-de-sil-amplia-os-contidos-do-centro-de-interpretacion-do-rio-sil-con-novos-paneis-e-pantallas-interactivas/133041/

26/08/2026

🎥 IMAXES DA SEMANA GRANDE DE TORBEO

Antonio Paz, de Torbeo, déixanos este vídeo con imaxes da pasada Semana Grande de Torbeo, na que se inclúen as celebracións da Festa da Nosa Señora da Asunción e San Roque e outras actividades previas pensadas para todos os públicos.

Unha lembranza en imaxes duns días de festa e tradición na parroquia. Grazas a Antonio por compartilo!

🧩 ESTE VENRES, ÚLTIMO ENCONTRO COA RAPAZADA DO VERÁN CULTURALEste venres 28 de agosto chega o último dos tres Encontros ...
26/08/2026

🧩 ESTE VENRES, ÚLTIMO ENCONTRO COA RAPAZADA DO VERÁN CULTURAL

Este venres 28 de agosto chega o último dos tres Encontros coa Rapazada do Verán Cultural de Ribas de Sil, antes do xa próximo comezo do curso. 🌌 Despois da astronomía e 🤖 da robótica, nesta ocasión recibiremos a escritora Celia Díaz Núñez, que fará g***r os nenos e nenas coa construción de pasatempos.

✏️ Enxeño, palabras, creatividade e diversión nunha forma diferente e amena de aprender para ir despedindo o verán.

📅 Venres, 28 de agosto
🕚 De 11:00 a 13:00 h
📍 Aula de Pesca de San Clodio
👧👦 Aberto a todos os nenos e nenas a partir dos 8 anos

Non é necesaria inscrición previa. Basta con achegarse e participar!

Nos medios
https://ribeirasacraxa.com/news/ribas-de-sil-pecha-os-encontros-coa-rapazada-do-veran-cultural-cun-obradoiro-de-pasatempos/132891/

Dirección

Praza Maior Nº 1
San Clodio
27310

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ribas de Sil publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir