PartidoGalego Samos

PartidoGalego Samos Esta é a páxina oficial da Agrupación Local do Partido Galego de Samos

27/07/2025
01/04/2025

No Partido Galego apostamos polo investimento industrial, polo progreso social, polo equilibrio medioambiental, polo benestar xeral...
Por estás e moitas outras razóns, queremos e cremos no futuro de Galicia como referente mundial en moitos ámbitos, motivo polo que non se poden aceptar mega proxectos que son lesivos contra todo un texido empresarial actual e autóctono.
A abrumadora "propaganda" dos mega proxectos de Altri e Mina de Touro, non pode impedirnos ver o futuro alternativo que garantizan as miles de Pimes, moitísimas empresas actuais e outras que poden e deben florecer, que son sustentables co medio e garantes do futuro económico de Galicia.

17/08/2023

Rendemos homenaxe a Alexandre Bóveda no día de hoxe, aniversario do seu asasinato. Temos a obriga de lembrar as persoas que no seu tempo xa deron a vida porque Galicia se emancipara, fose máis dona de seu, unha Galicia que debía rexurdir.
Por esas ideas tal día como hoxe, Bóveda foi asasinado polos sublevados do levantamento militar do 36.

09/08/2023

O Partido Galego, ven de presentar no Parlamento Galego, unha proposta de uso do Galego máis alá do propio territorio.
Galicia Rexorde. Debemos deixar atrás o período de apoucamento idiomático e abrazar con orgullo a nosa lingua.
Traballaremos para pasar da confrontación lingüística á colaboración e valoración das linguas.
https://partidogalego.gal/galicia-rexorde-respecto-para-o-galego-na-camara-baixa/

27/07/2023

Realización do EVENTO deste 25 de Xullo
O Partido Galego celebrou o acto de homenaxe
no Panteón de Galegos Ilustres
onde presentou a campaña “Galicia Rexorde”
https://partidogalego.gal/novas/

24/07/2023

Neste 25 de xullo, ven compartir un día de orgullo de País, un día de grandes retos a marcar, e un día de anuncio de cambios.

17/05/2023

👀 O PARTIDO GALEGO PIDE EXPLICACIÓNS 👀
Dende o Partido Galego pedimoslle ós membros do Partido Popular de Samos que expliquen se son realidade os rumores que corren sobre unha posible fusión (mellor dito absorción) do noso Concello por parte de Triacastela.
A certeza destes rumores explicaría os últimos movementos políticos que houbo en Samos. O Partido Popular fixo o que fixo en Samos para poder realizar a fusión? Por que ese interese en impoñerlle ó Partido Popular samonense un alcalde socialista máis o seu fillo? Como lle afectaría esta absorción á vida social e administrativa do noso Concello? Vaise trasladar a capital administrativa a Triacastela?
Son preguntas que agardan resposta porén, o que está claro, é que este plan de fusión non sería posible con dous gobernos de distinta cor política. Do mesmo xeito, é evidente que o potencial de Samos, moi desaproveitado nos últimos 16 anos, é desexable máis aló das fronteiras do noso Concello e os de fóra queren aproveitalo.
Consideramos que esta cuestión débeselle explicar á veciñanza samonense e contar coa súa opinión, xa que hai decisións que non se poden tomar dende un despacho.

17/05/2023
TEMOS O MELLOR PROGRAMA.E TEMOS MOITAS GAÑAS DE QUE SAMOS , ABANDONE DUNHA VEZ O RETRASO NO QUE ESTÁ SUMERXIDO ,  POR CU...
15/05/2023

TEMOS O MELLOR PROGRAMA.
E TEMOS MOITAS GAÑAS DE QUE SAMOS , ABANDONE DUNHA VEZ O RETRASO NO QUE ESTÁ SUMERXIDO , POR CULPA DO GOBERNO DE JULIO GALLEGO , E O SEU EQUIPO.

Dirección

Samos
27620

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PartidoGalego Samos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría