Biblioteca Municipal Salvaterra de Miño

Biblioteca Municipal Salvaterra de Miño Ola! Esta é a páxina da Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. Agardamos por ti!

12/03/2025
Onte tivo lugar unha nova xuntanza do Club de Lectura Municipal, onde tivemos moito que dicir sobre a nosa última lectur...
13/02/2025

Onte tivo lugar unha nova xuntanza do Club de Lectura Municipal, onde tivemos moito que dicir sobre a nosa última lectura, "El Mal de Montano" unha obra do autor catalán Enrique Vila-Matas que, escrita en forma de diario persoal, fai unha análise das vivencias e pensamentos relacionados cunha suposta enfermidade que se contrae ao obsesionarse coa literatura, o chamado mal de Montano.

Seguimos compartindo experiencias literarias! ☺️

Se estades interesadas ou interesados en unirvos, achegádevos ata a Biblioteca e informarémosvos máis polo miúdo sobre o funcionamento do Club. 📚📖

23/12/2024

📚 A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA REXISTRA MÁIS DE 800 USUARIOS EN NOVEMBRO E TRABALLA XA NUN SISTEMA DE ACCESO AUTÓNOMO

A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño segue incrementando o número de usuarios e usuarias que utilizan os servizos e instalacións superando un mes máis os datos do pasado mes. Se en outubro alcanzouse a cifra dos 700 usuarios no mes de novembro foron máis de 800 as persoas que acudiron á biblioteca.

Do número total, case a metade eran estudantes, concretamente 388 persoas que utilizaron o lugar como espazo de estudo, en novembro tivo unha media de 16 estudantes por día.

Con estos datos, despois de facer balance positivo do funcionamento do espazo, dende a Concellería de Cultura xa se traballa na instalación dun sistema de acceso autónomo que permitirá que os usuarios e usuarias poidan utilizar a Biblioteca Municipal nun horario moito máis amplo.

A implantación deste novo sistema supón unha nova aposta do Concello de Salvaterra de Miño por un espazo que se inaugurou en 2022 e que manisfestou un incremento de servizos e actividades, e en consecuencia de visitas, para que a Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño sexa un lugar para todas e todos.

A Biblioteca Municipal xa está preparada para festexar o Nadal! Este ano contamos cunha árbore moi especial, que se enca...
20/12/2024

A Biblioteca Municipal xa está preparada para festexar o Nadal!

Este ano contamos cunha árbore moi especial, que se encargarán de adubiar os máis pequenos con adornos feitos por eles e elas mesmas nos Obradoiros que terán lugar nas nosas instalacións.

Bo Nadal! 🎄🎅🤶🧑‍🎄

Na Biblioteca xa estamos preparadísimas para arrancar esta tempada festiva. Hai mellor plan que pasar as datas de Nadal ...
30/11/2024

Na Biblioteca xa estamos preparadísimas para arrancar esta tempada festiva.

Hai mellor plan que pasar as datas de Nadal cun bo libro e unha cunca de chocolate ben quentiño? Ben seguro que non!

Temos unha pequena selección de contos e historias de Nadal, para crianzas e maiores, en lingua española e galega. Clásicos eternos e historias cheas de amor, amizade e boas intencións.

Tamén artellamos un pequeno espazo no que navegar en mundos fantásticos, dende Baum ate Tolkien. Dragóns, fadas, mansións e castelos con milleiros de aventuras.

Agardámosvos! Felices Festas! 🎉🎄🎅

NOVO HORARIO DA BIBLIOTECA EN DECEMBRO ‼️
29/11/2024

NOVO HORARIO DA BIBLIOTECA EN DECEMBRO ‼️

Seguimos co noso Club de Lectura Municipal, mais desta volta imos mudar de época e de lugar, viaxando ata a Galicia de h...
28/11/2024

Seguimos co noso Club de Lectura Municipal, mais desta volta imos mudar de época e de lugar, viaxando ata a Galicia de hoxe. Mergullaremos na fermosa historia que se nos relata na novela "O Incendio", da autora nevense Sara Vila Alonso, que ben seguro non nos vai deixar indiferentes. 🔥

"Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias se***is, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece..."

A literatura galega, valor universal.Este foi un gran ano para a nosa literatura e a nosa lingua, recoñecidas dentro e f...
16/11/2024

A literatura galega, valor universal.

Este foi un gran ano para a nosa literatura e a nosa lingua, recoñecidas dentro e fóra das nosas fronteiras. MANUEL RIVAS foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024, a primeira vez que se fai entrega deste recoñecemento a un autor en lingua galega.

No ámbito da poesía non quedamos atrás, xa que CHUS PATO é a nova depositaria do Premio Nacional de Poesía, no que a lingua galega conta cun papel protagónico. Yolanda Castaño, Pilar Pallarés, Olga Novo e Manuel Álvarez Torneiro xa recibiron este galardon previamente.

Na Biblioteca de Salvaterra celebramos e sentímonos especialmente orgullosos das nosas autoras e autores, por iso lle adicamos este recuncho especial cunha selección das súas obras a Manuel Rivas e Chus Pato, xunto ao tarballo de outros autores e autoras coas que comparten esta honra.

Que vivan as nosas Letras!

Vimos de coñecer que Álvaro Pombo é o gañador do Premio Cervantes 2024, e como non, na Biblioteca de Salvaterra xa arran...
13/11/2024

Vimos de coñecer que Álvaro Pombo é o gañador do Premio Cervantes 2024, e como non, na Biblioteca de Salvaterra xa arranxamos unha selección con dúas das súas obras máis relevantes e con novelas doutros autores e autoras que recibiron este galardon previamente. 🎉📚🥇🏆

A nosa selección:

- "La Cuadratura del Círculo" de Álvaro Pombo

- "La Fortuna de Matilda Turpin" de Álvaro Pombo

- "A Filla do Filósofo" de Elena Poniatowska

- "Paraíso Inhabitado" de Ana María Matute

- "La Gloria de los Niños" de Luis Mateo Díez

- "Una Comedia Ligera" de Eduardo Mendoza

Melloramos os servizos, a xestión e os horarios, para vós, porque a Biblioteca é un servizo público esencial na difusión...
12/11/2024

Melloramos os servizos, a xestión e os horarios, para vós, porque a Biblioteca é un servizo público esencial na difusión e dinamización cultural do noso municipio.

- Contamos con Sección Infantil, Comicteca, Sección de Audiovisuais, seccións especializadas (Arte, Ciencias Naturais, Psicoloxía, Pedagoxía, Economía...), Fondo Local, Bebeteca, etc.

- Computadoras á disposición das usuarias/os e Rede Wifi, con tomas para conectar os vosos aparellos electrónicos en cada recuncho da nosa Sala de Consulta e Lectura.

- Unha Sala Polivalente onde realizar actividades, impartir cursos, etc.

- Iniciamos un Club de Lectura para adultos, en lingua española e lingua galega.

- Preparamos presentacións de libros e encontros con autores e autoras.

- Organizamos obradoiros de lectura e de manualidades para os máis pequenos.

- Ampliamos os nosos fondos cada día, ofertando tamén o servizo de Préstamo Interbibliotecario coas Bibliotecas Centrais galegas. Traballamos man con man coas Bibliotecas das localidades veciñas e coas Bibliotecas Escolares dos centros educativos de Salvaterra e da nosa comarca.

E seguiremos mellorando, mil grazas por confiar en nós!😁

Hoxe celébrase o DÍA DAS LIBRARÍAS, unha data axeitada para lembrar a importancia das librarías independentes na promoci...
11/11/2024

Hoxe celébrase o DÍA DAS LIBRARÍAS, unha data axeitada para lembrar a importancia das librarías independentes na promoción da lectura e da cultura. Estes establecementos son parte fundamental do comercio local e da vida dos nosos barrios, vilas e parroquias.

Apoiemos ás nosas libreiras e libreiros!📚📖

O pasado día 3 de novembro celebrouse o 96º aniversario do nacemento do xornalista, escritor e dinamizador cultural cruc...
06/11/2024

O pasado día 3 de novembro celebrouse o 96º aniversario do nacemento do xornalista, escritor e dinamizador cultural crucés Xosé Neira Vilas.

Neira Vilas é autor dunha extensa obra narrativa, cultivando tamén outros xéneros coma a poesía o ensaio e a literatura infantil. Todas elas están caracterizadas pola súa gran calidade, o que o converteu nun clásico indispensábel na nosa lingua. A súa obra máis salientábel é "Memorias dun neno labrego", cun comezo que xa é todo un signo de identidade galego:

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."

Na Biblioteca preparamos para vós unha pequena selección das súas obras para que poidades g***r das súas letras

Dirección

Praza Do Castelo 1
Salvatierra De Miño
36450

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal Salvaterra de Miño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría