BNG Salvaterra de Miño

BNG Salvaterra de Miño Páxina do BNG de Salvaterra de Miño. Contacta con nós en Facebook, X, Instagram ou por correo [email protected]

04/09/2026
🍇🥂 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐛𝐫𝐢𝐧𝐝𝐢𝐬 𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞𝐧 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐢ñ𝐨!Hoxe, coas compañeiras e compañeiros da comarca, brindamos ...
30/08/2026

🍇🥂 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐛𝐫𝐢𝐧𝐝𝐢𝐬 𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞𝐧 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐢ñ𝐨!

Hoxe, coas compañeiras e compañeiros da comarca, brindamos polo viño, pola nosa terra e por todas as persoas que, co seu traballo e dedicación, fan posible que a tradición vitivinícola siga viva.

Saúde!

🍇🍷 𝐂𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐳𝐨 𝐝𝐚 𝐋𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐕𝐢ñ𝐨 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐝𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐓𝐞𝐚!Este venres, sábado e domingo, 𝟐𝟖, 𝟐𝟗 𝐞 𝟑𝟎 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, Sa...
28/08/2026

🍇🍷 𝐂𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐳𝐨 𝐝𝐚 𝐋𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐕𝐢ñ𝐨 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐝𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐓𝐞𝐚!

Este venres, sábado e domingo, 𝟐𝟖, 𝟐𝟗 𝐞 𝟑𝟎 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, Salvaterra convértese un ano máis nun punto de encontro para celebrar a nosa cultura, a nosa tradición e os nosos viños.

Pero celebrar tamén é 𝐫𝐞𝐜𝐨ñ𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐨 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐩𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐨 𝐯𝐢𝐭𝐢𝐜𝐮𝐥𝐭𝐨𝐫 𝐞 𝐯𝐢𝐭𝐢𝐜𝐮𝐥𝐭𝐨𝐫𝐚, fundamental para manter vivo o territorio e a nosa tradición vitivinícola.

🍇 𝐃𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐫 𝐚 𝐯𝐢𝐭𝐢𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐢𝐦𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 é 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐫 𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥. Precisamos garantir que quen traballa a terra reciba 𝐮𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐱𝐮𝐬𝐭𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐬ú𝐚 𝐮𝐯𝐚, 𝐩𝐨𝐫 𝐞𝐧𝐜𝐢𝐦𝐚 𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐜𝐢ó𝐧, para que a viña siga tendo futuro.

🥂 𝐂𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐯𝐢ñ𝐨, 𝐩𝐞𝐫𝐨 𝐭𝐚𝐦𝐞́𝐧 𝐚 𝐪𝐮𝐞𝐧 𝐨 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐞 𝐟𝐚𝐢 𝐩𝐨𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞.


21/08/2026

Partillamos a emotiva ofrenda floral organizada por Asociación Lazoiro e pola Comisión Memoria Histórica do Baixo Miño, ...
17/08/2026

Partillamos a emotiva ofrenda floral organizada por Asociación Lazoiro e pola Comisión Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, no Espazo de Memoria Histórica da rúa Marqués de Viana.

Un acto de lembranza e compromiso coa memoria, a verdade e a reparación das vítimas do franquismo.

Grazas a todas as persoas que traballan para manter viva a memoria histórica en Salvaterra de Miño. 🕊️


🚨🚨Este venres non podes faltar, xogàmonos moito💪
12/08/2026

🚨🚨Este venres non podes faltar, xogàmonos moito💪

La protesta partirá este viernes 14 de agosto a las 20.30 horas desde la Praza de Abastos para reclamar la cobertura de las plazas médicas y la recuperación del servicio de Pediatría.

31/07/2026

𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗽𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 para liberar a rúa Miño do tráfico pesado e 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗳𝗿𝗲𝗰𝘂𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝗿𝗲𝗻 para persoas viaxeiras. 🌉🚆
Ana Miranda

Hoxe estivemos no inicio dos traballos de exhumación da fosa común do Cemiterio Civil de Salvaterra de Miño, unha actuac...
27/07/2026

Hoxe estivemos no inicio dos traballos de exhumación da fosa común do Cemiterio Civil de Salvaterra de Miño, unha actuación que busca localizar os restos de Bernardo Bernárdez Martínez, veciño de Alxén; de Delfín Rey Sánchez, das Neves; e dunha terceira persoa de filiación descoñecida, asasinadas en 1936.

A intervención é realizada por Breogán Arqueoloxía, coa participación de Fernando Serrulla, médico forense do Imelga e especialista en identificación forense, e conta co financiamento do VI Plan de Recuperación da Memoria Democrática 2025-2026 da FEMP.

Este mércores cúmprense 90 anos do asasinato de Bernardo Bernárdez Martínez, unha data que dá aínda máis significado a este paso na recuperación da Memoria Democrática.

O noso recoñecemento ás familias, á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, aos compañeiros Anxo López Méndez e Antón Lorenzo González, e a todas as persoas que, co seu compromiso, fixeron posíbel este proceso.

Desde o BNG reafirmamos o noso compromiso coa memoria, a verdade, a xustiza e a reparación. Recuperar a dignidade das vítimas é tamén defender a nosa democracia.

Nunca máis o esquecemento.



🏹 Fin de tempada para Mony Ledo cun novo éxito a nivel estatal.A nosa veciña remata o Campionato de España ao Aire Libre...
26/07/2026

🏹 Fin de tempada para Mony Ledo cun novo éxito a nivel estatal.

A nosa veciña remata o Campionato de España ao Aire Libre cunha meritoria 7ª posición na modalidade de Longbow, despois de dúas intensas xornadas de competición en Madrid.

Con este resultado péchase unha gran tempada na que Mónica volveu levar o nome de Salvaterra e de Galiza aos máis altos niveis, acadando numerosos éxitos e demostrando, unha vez máis, o froito do esforzo, da constancia e da dedicación.

👏 Desde o BNG de Salvaterra queremos felicitala por todos os logros conseguidos ao longo desta tempada e desexarlle que goce dunhas máis que merecidas vacacións antes de afrontar novos retos.

Parabéns, Mónica, e a descansar! 💙🏹



Dirección

Salvatierra De Miño
36450

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Salvaterra de Miño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Salvaterra de Miño:

Atajos

Compartir

Categoría