Socialistas de Rois

Socialistas de Rois Páxina do grupo PSdG-Rois. Información variada, útil e de interés sobre o Concello de Rois, a agrupación socialista, axudas e noticias varias.

Hai persoas que miden a súa vida polos anos. Outras, mídense polo ben que deixan feito.Ana escolleu servir. Servir a súa...
05/08/2026

Hai persoas que miden a súa vida polos anos. Outras, mídense polo ben que deixan feito.

Ana escolleu servir. Servir a súa Terra, ao seu concello e a súa xente. Coidou da natureza con valentía, guiou con responsabilidade e nunca deixou de traballar polo ben común.

O monte gardará sempre o recordo dos teus pasos. A Terra que protexeches seguirá dando froitos, e as persoas que tivemos a sorte de camiñar ao teu carón conservaremos o teu exemplo de entrega, honestidade e traballo.

O noso máis sentido agarimo a súa familia, as súas amizades e as/aos nos@s compañeir@s de Padrón.

Que a terra que tanto coidaches sexa agora o teu descanso.

Descansa en paz, Ana.

🖤 𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐝𝐫𝐨́𝐧 𝐝𝐞𝐜𝐥𝐚𝐫𝐚 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐟𝐚𝐥𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐀𝐧𝐚 𝐁𝐞𝐥𝐞́𝐧 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚

O Concello de Padrón lamenta profundamente o falecemento de 𝐀𝐧𝐚 𝐁𝐞𝐥𝐞́𝐧 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚, concelleira do Goberno municipal desde 2023.

En sinal de respecto e homenaxe, o Goberno local acordou 𝐝𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐚𝐫 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥.

O alcalde, Anxo Arca, expresou o pesar de todo o Goberno e destacou o compromiso de Ana Castro co servizo público:

"𝑃𝑎𝑑𝑟𝑜́𝑛 𝑝𝑒𝑟𝑑𝑒 𝑢𝑛ℎ𝑎 𝑠𝑒𝑟𝑣𝑖𝑑𝑜𝑟𝑎 𝑝𝑢́𝑏𝑙𝑖𝑐𝑎 𝑒𝑛𝑜𝑟𝑚𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑒 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑟𝑜𝑚𝑒𝑡𝑖𝑑𝑎 𝑐𝑜 𝑛𝑜𝑠𝑜 𝑝𝑜𝑏𝑜. 𝑈𝑛ℎ𝑎 𝑐𝑜𝑛𝑐𝑒𝑙𝑙𝑒𝑖𝑟𝑎 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑒𝑡𝑒𝑛𝑡𝑒 𝑞𝑢𝑒 𝑑𝑒𝑑𝑖𝑐𝑜𝑢 𝑜𝑠 𝑡𝑟𝑒𝑠 𝑢́𝑙𝑡𝑖𝑚𝑜𝑠 𝑎𝑛𝑜𝑠 𝑑𝑎 𝑠𝑢́𝑎 𝑣𝑖𝑑𝑎 𝑎 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑎𝑟 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑚𝑒𝑙𝑙𝑜𝑟𝑎𝑟 𝑎 𝑐𝑎𝑙𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑣𝑖𝑑𝑎 𝑑𝑎 𝑛𝑜𝑠𝑎 𝑣𝑒𝑐𝑖𝑛̃𝑎𝑛𝑧𝑎 𝑥𝑒𝑠𝑡𝑖𝑜𝑛𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑎́𝑟𝑒𝑎𝑠 𝑑𝑒 𝑔𝑟𝑎𝑛 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑙𝑒𝑥𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒. 𝑈𝑛ℎ𝑎 𝑝𝑒𝑟𝑠𝑜𝑎 𝑏𝑜𝑎 𝑒 𝑥𝑒𝑛𝑒𝑟𝑜𝑠𝑎 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑟𝑜𝑚𝑒𝑡𝑖𝑑𝑎 𝑠𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒 𝑎𝑜 𝑐𝑒𝑛 𝑝𝑜𝑟 𝑐𝑒𝑛 𝑐𝑜𝑎 𝑠𝑢́𝑎 𝑓𝑎𝑚𝑖𝑙𝑖𝑎 𝑒 𝑠𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒 𝑑𝑖𝑠𝑝𝑜𝑠𝑡𝑎 𝑎 𝑏𝑜𝑡𝑎𝑟 𝑢𝑛ℎ𝑎 𝑚𝑎𝑛 𝑒𝑛 𝑡𝑜𝑑𝑜 𝑎𝑞𝑢𝑒𝑙𝑜 𝑛𝑜 𝑞𝑢𝑒 𝑝𝑜𝑑𝑖́𝑎 𝑟𝑒𝑠𝑢𝑙𝑡𝑎𝑟 𝑑𝑒 𝑎𝑥𝑢𝑑𝑎".

O rexedor engadiu tamén:

"𝐶𝑜𝑚𝑜 𝐺𝑜𝑏𝑒𝑟𝑛𝑜 𝑑𝑒 𝑃𝑎𝑑𝑟𝑜́𝑛, 𝑝𝑒𝑟𝑜 𝑠𝑜𝑏𝑟𝑒 𝑡𝑜𝑑𝑜 𝑐𝑜𝑚𝑜 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑎𝑛̃𝑒𝑖𝑟𝑜𝑠 𝑒 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑎𝑛̃𝑒𝑖𝑟𝑎𝑠, 𝑐𝑜𝑚𝑜 𝑎𝑚𝑖𝑔𝑎𝑠 𝑒 𝑎𝑚𝑖𝑔𝑜𝑠, 𝑎𝑔𝑟𝑎𝑑𝑒𝑐𝑒𝑚𝑜𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑓𝑢𝑛𝑑𝑎𝑚𝑒𝑛𝑡𝑒 𝑡𝑒𝑟 𝑡𝑖𝑑𝑜 𝑎 𝑜𝑝𝑜𝑟𝑡𝑢𝑛𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑠𝑒𝑟𝑣𝑖𝑟 𝑜 𝑛𝑜𝑠𝑜 𝑝𝑜𝑏𝑜 𝑥𝑢𝑛𝑡𝑜 𝑎 𝐴𝑛𝑎 𝑛𝑒𝑠𝑡𝑒 𝑚𝑎𝑛𝑑𝑎𝑡𝑜 𝑛𝑜 𝑞𝑢𝑒, 𝑒𝑛𝑡𝑟𝑒 𝑡𝑜𝑑𝑜𝑠 𝑒 𝑡𝑜𝑑𝑎𝑠, 𝑒𝑠𝑡𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑎 𝑐𝑜𝑛𝑠𝑒𝑔𝑢𝑖𝑟 𝑔𝑟𝑎𝑛𝑑𝑒𝑠 𝑎𝑣𝑎𝑛𝑐𝑒𝑠 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑃𝑎𝑑𝑟𝑜́𝑛.

𝑁𝑎 𝑠𝑢́𝑎 𝑚𝑒𝑚𝑜𝑟𝑖𝑎, 𝑡𝑒́𝑛𝑑𝑜𝑎 𝑠𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒 𝑝𝑟𝑒𝑠𝑒𝑛𝑡𝑒, 𝑜 𝐺𝑜𝑏𝑒𝑟𝑛𝑜 𝑑𝑒 𝑃𝑎𝑑𝑟𝑜́𝑛 𝑠𝑒𝑔𝑢𝑖𝑟𝑎́ 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑐𝑜𝑛 𝑡𝑜𝑑𝑎 𝑎 𝑐𝑎𝑝𝑎𝑐𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑐𝑜𝑛𝑡𝑖𝑛𝑢𝑎𝑟 𝑛𝑒𝑠𝑡𝑎 𝑠𝑒𝑛𝑑𝑎 𝑑𝑒 𝑝𝑟𝑜𝑔𝑟𝑒𝑠𝑜. 𝑆𝑎𝑏𝑒𝑚𝑜𝑠 𝑞𝑢𝑒 𝑒́ 𝑜 𝑞𝑢𝑒 𝐴𝑛𝑎 𝐶𝑎𝑠𝑡𝑟𝑜 𝑞𝑢𝑒𝑟𝑖́𝑎 𝑒 𝑎𝑠𝑖́ 𝑜 𝑓𝑎𝑟𝑒𝑚𝑜𝑠".

A capela ardente está instalada no 𝐓𝐚𝐧𝐚𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐝𝐫𝐨́𝐧. O funeral celebrarase o 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐦𝐚𝐧̃𝐚́ 𝐧𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐦𝐢𝐨 e, posteriormente, Ana Castro será incinerada na intimidade familiar.

Por expreso desexo de Ana Castro, 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐝𝐦𝐢𝐭𝐞𝐧 𝐟𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬. Quen desexe renderlle homenaxe pode destinar ese importe a 𝐮𝐧 𝐝𝐨𝐧𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐜𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨, cumprindo así a súa vontade.

O Concello de Padrón traslada o seu máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas, compartindo con elas a dor por esta irreparable perda.

Desgraciadamente esta é só a punta do iceberg!! 🧊 Desbordado pola débeda, a morosidade e un gasto corrente incontrolado ...
28/07/2026

Desgraciadamente esta é só a punta do iceberg!! 🧊

Desbordado pola débeda, a morosidade e un gasto corrente incontrolado resulta xa unha evidencia que a XESTIÓN ECONÓMICA que está facendo o PP en Rois é un auténtico desastre!! 💸💸💸

El plazo vence este martes y, si el Concello no hace el pago, la Mancomunidad pedirá a la Xunta que le retenga su parte del Fondo de Compensación

Fai tempo que aprendemos que o mellor da política non son as ideas, son as persoas que coñeces polo camiño. Tourís, ti f...
16/07/2026

Fai tempo que aprendemos que o mellor da política non son as ideas, son as persoas que coñeces polo camiño. Tourís, ti fuches unha delas!

Da costa, curtido polo mar e polos temporais, aprendiches cedo que a forza non consiste en non caer, senón en erguerse unha e outra vez... Quizais por iso repetías unha idea que hoxe resoa con máis forza que nunca: o último que se perde é a esperanza!

En Rois, se de resistencia falamos, experiencia témola. Levamos anos aprendendo que hai derrotas que non derrotan e esperas que tamén constrúen. Pero ti, ensináchesnos que resistir non chega. Sen esperanza so se aguanta, con esperanza constrúese o futuro.

Quédanos unha promesa pendente. Pero un día, sentaremonos arredor dunha mesa e cunha copa de viño (si, un Ribera del Duero ou un Et Suseia de Adega Vella) brindaremos por ti. Polas conversas que compartimos, polas que quedaron pendentes e por esa esperanza que nos pediches que nunca perderamos.

Grazas por lembrarnos que a esperanza non é unha palabra, é unha forma de vivir!

Ata sempre, compañeiro. Ata sempre, Tourís!

PLENO ORDINARIO ROIS10 de Xullo de 2026Ao comezo da sesión a Corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas do i...
12/07/2026

PLENO ORDINARIO ROIS
10 de Xullo de 2026

Ao comezo da sesión a Corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Los Gallardos, en Almería.

🎥
https://youtu.be/6jYmE3nuxzw?si=y5jJZgsgjzPOnpZS
______
No apartado de "ROGOS" estas foron as solicitudes realizadas dende o grupo socialista👇🏼

1️⃣ En plenos pasados xa falamos da necesidade de darlle un uso á PISTA DE TENIS DE OÍN DE ARRIBA, que tendo nunha ubicación excepcional atopase abandonada, polo que debería dárselle algún uso. Propoñendo valorar a posibilidade de instalar aí un parque infantil cuberto, un tipo de instalacións que xa están proliferando noutros concellos con bastante boa aceptación por permitir aos nenos g***r do parque en día de choiva.
Respondeu o Goberno Local que xa teñen programado un uso para esa cancha e que esperan comezar as obras no vindeiro ano.
Non concretaron moito máis.

2️⃣ Tamén de novo volvemos solicitar o arranxo da carretera que vai dende O SISTO ata a parte baixa do FARAMELLO.
Consideramos que esta estrada se atopa excesivamente deteriorada. Unha estrada pola que transcorre o CAMIÑO PORTUGUÉS a SANTIAGO DE COMPOSTELA e que dá a un nucleo do Faramello onde se están a desenvolver distintos negocios relacionados co camiño, e outros servizos. Sendo ademáis unha pista que dá acceso á urbanización de A GANDARIÑA. Ademáis doutros usos.
Consideramos por tanto que o arranxo desta estrada debe ser prioritario e solicitamos fose incluído dentro dos vindeiros plans de obras de melloras das estradas municipais de Rois.

3️⃣ Por último solicitamos o arranxo de apenas uns metros que dan acceso a última casa de Bralo en dirección Leroño.
Esta petición tan singular producese a consecuencia dunha obra mal feita. Cando se arranxou a pista que vai ata Bralo deixouse sen arranxar este tramo de pista perxudicando claramente a este veciño e xerando un agravio comparativo co resto da aldea.
Non é unha excepción, xa pasou tamén noutros lados polos que tamén xa temos protestado.

🔎 Aínda que só podemos facer tres "rogos" por pleno, destacar tamén unha pregunta que ben poderia ser unha solicitude: pois levanos anos pedindo a acometida do SANEAMENTO EN FORMARÍS mediande enganche na rede de saneamento de Pexegueiro. Para isto é preciso firmar un convenio con Dodro, onde nos dín que pola súa parte xa está todo en regra despois de pechar os requerimentos esixidos dende Augas de Galicia.
Por tanto, non valen máis excusas e preguntamos para cando teñen previsto desenvolver este compromiso adquirido fai xa tempo atrás?
Respondeu o Goberno Local que pronto.. 🙄

O Concello de Rois asinará un convenio co de Brión para a execución...

08/06/2026

BASES REGULADORAS DO BONO CULTURA FAMILIA DO CONCELLO DE ROIS.

Bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de
axudas baixo o réxime de concorrencia non competitiva ás familias residentes en Rois con nenos e nenas nados entre o 1
de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2023 para facilitar o acceso a actividades socioculturais puntuais non incluídas
na programación anual xa bonificada do Concello.

👉 PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais desde a publicación da convocatoria no BOP e no
taboleiro de anuncios do Concello.

📢 A corporación de Rois aproba por unanimidade a cesión da escola unitaria de Sorribas á Asociación AMIPA para crear un ...
28/05/2026

📢 A corporación de Rois aproba por unanimidade a cesión da escola unitaria de Sorribas á Asociación AMIPA para crear un centro de día de persoas con discapacidade intelectual.
Un proxecto no que AMIPA leva moito tempo traballando. 🫂 Gracias! É un gran proxecto!

A cesión da escola unitaria requiría previamente a desafectación da escola do uso educativo. Un trámite que o concello arrastrou excesivamente no tempo ata o punto de ter que convocar un pleno extraordinario para non exceder os prazos marcados na subvención concedida pola concellería de Política Social da Xunta de Galicia a asociación AMIPA para poder executar este proxecto tan interesante e importante, e que no caso de haberse sobrepasado os prazos marcados podería supoñer a perda da axuda concedida.
Algo, a perda de axudas por incumprimento dos prazos fixados, no Concello de Rois xa ten experiencia.

🎣 En canto á escola unitaria da Peruca queda a disposición do Concello e que se poderá destinar aos usos que se considere oportuno máis adiante.
Dende o grupo socialista solicitamos estudasen a posibilidade dun convenio de cesión temporal, aínda que sexa de maneira parcial, ao Club de pesca deportiva LONDRA coa fin de que este club, que xa goza actualmente do uso destas instalacións, poida así ter potestade para solicitar subvencións para inversións no inmoble que repercuta nunhas mellores instalacións. 🐟

O Concello de Rois cederalle á Asociación Amipa a antiga escola uni...

🎉🎉 Hoxe celebramos a San Isidro Labrador, o patrón do noso Concello. Un día de tradición, de apego á terra e de homenaxe...
15/05/2026

🎉🎉 Hoxe celebramos a San Isidro Labrador, o patrón do noso Concello. Un día de tradición, de apego á terra e de homenaxe á xente do rural.

Mais tamén é un día para lembrar a quen sostén a vida cada día, moitas veces en silencio: as traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar. Profesionais esenciais que coidan das nosas persoas maiores e dependentes, garantindo dignidade e acompañamento, mentres sofren condicións laborais precarias, sobrecarga e falta de recoñecemento.

Non hai Festa verdadeira se quen coida segue esquecida.

O SAF leva dende o 2018 esperando pola licitación do servizo. O venres pasado preguntamos e o Sr. Tojo estaba preparado (xa sabía que ibamos preguntar polo SAF, e non lle avisamos nós...). Pero vamos a darvos un dato: concello de Pontecesures con goberno novo dende o 2023, sacou licitación do servizo en decembro e adxudicou en abril. A conclusión sacadea vós!

Neste San Isidro, reivindicamos:

☑️ DIGNIDADE PARA O SAF!

Porque un rural vivo tamén precisa coidados dignos! 💜




Licitación da obra de arranxo e ensanche da estrada DP-7402 (AUGASANTAS-O CODESO) en Rois.    🚗Deputación da Coruña.- Pr...
28/04/2026

Licitación da obra de arranxo e ensanche da estrada DP-7402 (AUGASANTAS-O CODESO) en Rois. 🚗
Deputación da Coruña.

- Prazo de presentación de ofertas: ata 25/05/2026
- Valor estimado do contrato: 1.686.932,62 €
- Importe: 2.041.188,47 €.
- Prazo de Execución: 12 Meses

__________
📣E con isto cumprimos o compromiso dado polos socialistas de Rois de loitar ata o final por esta obra. Pois tan só queda a adxudicación do contrato e a execución da obra pola empresa que resulte adxudicataria da obra.

Foron anos moi moi duros: os problemas patrimoniais, a relaxación de prazos nos permisos da Xunta, a nula colaboración do concello de Rois,.. e é que a falta de confianza e os reproches ao compromiso socialista dado foron constantes e nalgunha ocasión demasiado crueis.

En fin!!.. hoxe por fin podemos dicir que o proceso de tramitación administrativo da obra chegou a súa fase final e que, agás a licitación quede deserta, máis pronto que tarde saberemos que empresa executará esta importante obra coa que a estrada DP-7402 pasará a ter un trazado máis lineal (sacaranse/suavizaranse moitas curvas) e un ancho de 8 metros (dous carrís de 3'5 metros cada un, duas beiravías de 0'5 metros cada unha e as correspondentes cunetas).

Unha obra fundamental para mellorar as comunicacións no sur da provincia da Coruña, e dos concellos das comarcas do Sar, Barbanza Norte e Noia-Barcala con Padrón e a provincia de Pontevedra.

Dende o PSOE de Rois queremos novamente agradecerlle á Deputación da Coruña o enorme esforzo adquirido e non haber abandonado o proxecto a pesar de tódalas dificultades cantas foron aparecendo.

🌹🌹

🔎 (*) Podes consultar os datos da licitación na plataforma de contratación do sector público (Ministerio de Facenda, Goberno de España) 👇

https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=6o6Am19w38yzz8fXU2i3eQ%3D%3D

08/04/2026

Anuncio publicado no BOP da Coruña de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Rois por parte de UFD Distribución Electricidad S.A.

A instalación afecta a terreos situados entre os lugares de A PEREIRA e SOCASTRO, na parroquia de Herbogo.

A publicación engade o cadro das expropiacións a realizar e dos seus propietarios. 👇
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001961.pdf

As persoas interesadas poderán examinar a documentación técnica, e no seu caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Dirección

Rois

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Rois publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Socialistas de Rois:

Atajos

Compartir