04/09/2026
Forzamos un pleno extraordinario para esixir que se faga a residencia pública de Ribeira
👎 Un ano despois da moción de censura, non se cedeu ningún terreo á consellaría, non hai proxecto nin partida orzamentaria e o PP pretende tirar ao lixo cos 800.000€ xa investidos nas Saíñas.
Estamos falando dunha infraestrutura vital para prestarlle servizo ás persoas maiores. Porén, un ano despois de que o PP volvera ao goberno local, non só a residencia pública continúa paralizada, senón que existen outros proxectos permanecen parados.
💸 O PP quere tirar ao lixo máis de 800.000€
A decisión de querer levar a residencia para San Roque suporía perder todo o traballo realizado e tirar cos 800.000 euros xa investidos de cartos públicos nas Saíñas. San Roque supón levar aos maiores ao monte, xa que estaría illada, non disporía de transporte público e implicaría máis atrasos mentres que facer a residencia nas Saíñas implicaría que nuns meses podería estar en construción.
⚠️ Actualmente, a Consellería de Política Social non ten o terreo á súa disposición, tampouco ten un novo proxecto, nin ten habilitada a partida orzamentaria para poder construíla.
✅Reclamamos manter o proxecto nas Saíñas
Neste pleno reclamamos que se execute o proxecto da residencia pública de maiores nas Saíñas tal e como estaba previsto xa que nesta localización non existe ningún tipo de lexislación que impida a construción da residencia nese emprazamento tal e como confirmou o goberno español. Esta localización trátase dun terreo accesible, con zonas verdes e conectada co mar, conta con transporte público e xa se realizaron importantes investimentos públicos. O proxecto das Saíñas podería estar en construción en poucos meses se se quixera.
📄 Tamén esiximos á Xunta que faga públicos os supostos informes técnicos nos que se baseou para cuestionar esta localización.
🤝 O exalcalde insistiu: Ribeira non imos consentir máis demoras nunha infraestrutura destinada a atender ás persoas maiores e ás familias. "Defendemos que se faga un uso racional dos cartos públicos e que as persoas maiores, teñan unha nova residencia pública. Imos traballar e esforzarnos para que sexa unha realidade canto antes".
ℹ https://www.bng-ribeira.gal/bng-psdeg-e-non-adscritos-forzan-un-pleno-extraordinario-para-desbloquear-a-residencia-publica-de-ribeira/