Somos Ribadumia

Somos Ribadumia Séguenos e mantente ao día do noso traballo. Somos unha plataforma cidadá, aberta e transversal. Máis nós non desaparecemos. Estades convidados a participar.

No 2015 nacemos para dar unha alternativa á cidadanía ribadumiense. Unha alternativa que permitira pular por un cambio moi necesario, logo de anos de políticas de despilfarro e enchufismo. Nacemos naquel intre, e co apoio da veciñanza logramos dar o cambio que Ribadumia precisaba, que nos fixemos efectivo confiando a alcaldía en David Castro. Durante catro anos, co noso voceiro volcado no traballo

municipal co apoio da nosa Comisión Executiva, Ribadumia converteuse nun exemplo de pequeno concello a seguir pola comarca e o resto de Galicia, con importantes avances na transparencia, na xestión municipal e na política social, con importantes logros. Logo no 2019 a cidadanía interpretou que era mellor volver a un goberno maioritario, e iso sumado á ventaxa que IR tiña ao posuír a alcaldía e toda a presenza pública, e ao segundo descalabro electoral do PP, fixo posible que os Independientes obtiveran a maioría absoluta. Mantivemos o apoio dunha parte da veciñanza, e seguimos traballando coa mesma forza que o primeiro día, agora na oposición, onde nos destacamos como o partido máis activo tanto na labor de control ao goberno como poñendo enriba da mesa propostas e solucións diversas aos problemas do noso concello. O paso dos meses está demostrando que por un lado David Castro precisa da experiencia e das capacidades de Somos Ribadumia, sen os cales resúltalle complicado, a pesar de ter tres liberacións, sacar adiante o goberno. Por outro lado a maioría absoluta de IR sacou a parte caciquil que esa formación leva dentro (non esquezamos que son unha escisión do PP), e que durante catro anos dende Somos Ribadumia mantivemos a raia. E todo isto tradúcese nun concello que xa non é referente de nada, cunha xestión opaca, cun goberno sen proxecto, que traballa a impulsos, facendo política de oposición á oposición, á que tenta bloquear en todos os aspectos, e que so sae nos medios por mor dos seus ataques xudiciais a traballadoras do concello e polo lios continuos nos que o alcalde se mete. Por iso cada día é máis evidente que seguimos sendo unha forza necesaria. E por iso seguimos traballando, sen depender de ningunha entidade superior nin de ningun líder público ou oculto, unicamente da nosa veciñanza. Nesta páxina está o noso traballo diario, complementada coa nosa presenza no Twitter, no Instagram e na web www.somosribadumia.com , e cos nosos boletíns en papel que cada certo tempo chegan aos voso fogares. Porque todas e todos Somos Ribadumia.

06/09/2026

𝗣𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗯𝗹𝗼𝗾𝘂𝗲𝗼𝘂 𝗮𝘀 𝗽𝗿𝗲𝗴𝘂𝗻𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 Sergio soutelo concelleiro. 𝗗𝗲𝘀𝗽𝗼𝗶𝘀 𝗶𝗺𝗽𝗲𝗱𝗶𝘂 𝗳𝗮𝗹𝗮𝗿 𝗮 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮 𝗮𝗳𝗲𝗰𝘁𝗮𝗱𝗮. 𝗠𝗶𝗿𝗮 𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗮𝘀𝗼𝘂.
Despois de que o alcalde impedise a Sergio Soutelo continuar coa súa intervención sobre o acontecido no tanatorio.

E cando a propia familia pediu a palabra, a resposta foi a que se ve no vídeo: negarlle a palabra á familia e sair correndo.

Dende Somos Ribadumia esiximos que se aclare todo o sucedido no Tanatorio Municipal: quen estivo traballando, con que autorización e baixo que responsabilidade.
Porque diante dun asunto así, o mínimo que se lle debe á veciñanza é escoitar, explicar e asumir responsabilidades.

Unha familia reclama explicacións polo acontecido no tanatorio e David Castro remata fuxindo do salón de Plenos . · Serg...
05/09/2026

Unha familia reclama explicacións polo acontecido no tanatorio e David Castro remata fuxindo do salón de Plenos . · Sergio Soutelo deu voz as preguntas dunha familia que se queixa da mala atención no tanatorio. · David Castro evitou dar explicacións e rematou fuxindo da familia afectada e do salón de Plenos. · A familia confirmou que a situación dunha nai cubrindo a unha filla leva tempo producíndose e que o goberno estaba perfectamente enterado....

Unha familia reclama explicacións polo acontecido no tanatorio e David Castro remata fuxindo do salón de Plenos . ·       Sergio Soutelo deu voz as preguntas dunha familia que se que…

04/09/2026
Oito meses despois de inaugurarse, os parques infantís de Barrantes adoecen de abandono e falta de mantemento .· O gober...
03/09/2026

Oito meses despois de inaugurarse, os parques infantís de Barrantes adoecen de abandono e falta de mantemento .

· O goberno non ten capacidade para xestionar correctamente os parques infantís. · Esiximos que se actue con dilixencia e se manteñan os parques en condicións. Os dous parques infantís do centro de Barrantes foron renovados por completo a finais do pasado ano, cun investimento que rondou os 170.000€. Dende a nosa formación xa advertimos o pasado marzo, logo de que os parques levaran un tempo funcionando, de que nin a obra quedara todo o ben que debería nin os elementos de xogo correspondían aos usuarios habituais....

·       O goberno non ten capacidade para xestionar correctamente os parques infantís. ·       Esiximos que se actue con dilixencia e se manteñan os parques en condici…

O goberno local tivo a ben recordar as súas obrigas e ven de comunicar que está  temporalmente prohibido o baño en Caban...
01/09/2026

O goberno local tivo a ben recordar as súas obrigas e ven de comunicar que está temporalmente prohibido o baño en Cabanelas.
Segunda vez que acontece este verán, por certo.

📢 O Concello de Ribadumia informa da prohibición temporal do baño na praia fluvial de Cabanelas, tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida presenta unha contaminación microbiolóxica por riba dos límites establecidos para o baño.

Por este motivo, e co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza e das persoas usuarias, probíbese o baño neste areal, e esta medida permanecerá vixente ata novo aviso.

👉 A prohibición manterase ata coñecer os resultados da contraanálise e confirmar que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros establecidos para o baño.

ℹ️ O Concello informará da evolución da situación e comunicará o levantamento da prohibición tan pronto como se confirme que a auga é apta para o baño.

Pedimos que se aclare se unha persoa allea ao Concello substituíu unha traballadora no Tanatorio Municipal.Segundo a inf...
28/08/2026

Pedimos que se aclare se unha persoa allea ao Concello substituíu unha traballadora no Tanatorio Municipal.

Segundo a información recibida, a traballadora que debía prestar servizo o 22 de agosto non se tería presentado e outra persoa tería ocupado o seu posto. A persoa que presuntamente realizou esa substitución sería, segundo a información trasladada a Somos Ribadumia, a nai da traballadora asignada á quenda. Solicitamos cuadrantes, rexistros de presenza e toda a documentación necesaria para comprobar oficialmente quen prestou servizo ese día e quen autorizou, no seu caso, a substitución....

Segundo a información recibida, a traballadora que debía prestar servizo o 22 de agosto non se tería presentado e outra persoa tería ocupado o seu posto. A persoa que presuntamente realizou esa sub…

28/08/2026

A piscina pechou por exceso de cloro.

Pedimos ao Concello as analíticas e, semanas despois, recibimos ... fotografías sen sentido … pero as analíticas non aparecen.

Onde están?

Nun asunto relacionado coa seguridade das persoas usuarias, a información debe ser clara e accesible.

📄 As analíticas deben facerse públicas.

A obra do atranco de Cabanelas, sen permisos municipais.Un informe municipal  certifica que a obra de está facendo sen a...
15/08/2026

A obra do atranco de Cabanelas, sen permisos municipais.

Un informe municipal certifica que a obra de está facendo sen autorización municipal. David Castro sendo coñecedor, non ordena a súa paralización. Unha vez máis, trato de favor a entidades amigas. No seu momento xa expuxemos a nosa oposición frontal á construción da represa de Cabanelas. Esa obra, iniciada este verán, xa provocou a anulación da zona de baño de Cabanelas por mor da terra, problemas ás empresas turísticas que operan no río Umia - que teñen que abandonar o río antes do atranco nun lugar pouco accesible e acortando as rutas - e mesmo pode comprobarse como nin sequera os peixes poden remontar e fican atrancados en Cabanelas....

Un informe municipal certifica que a obra de está facendo sen autorización municipal. David Castro sendo coñecedor, non ordena a súa paralización. Unha vez máis, trato de favor a entidades amigas.…

Dende Somos Ribadumia estamos moi preocupados polas novas que chegan dende a residencia  xeriátrica que hai no noso Conc...
14/08/2026

Dende Somos Ribadumia estamos moi preocupados polas novas que chegan dende a residencia xeriátrica que hai no noso Concello. Por moito que sexa unha entidade privada, non podemos pasar por alto que alí residen e traballan persoas, e que moitas desas persoas ademais son do noso Concello. Agardamos que a traballadora afectada non pasara de levar un susto, pero a situación e as denuncias feitas públicas son moi graves.

Non é esta a primeira problemática que enfronta esta residencia, motivo polo cal levamos tempo apoiando as loitas das empregadas na defensa dos seus dereitos e as das familias por lograr unha atención digna e con recursos suficientes para as persoas residentes, en contra por certo do criterio do goberno local e do alcalde, que prefire defender os intereses da empresa e cando xorden problemas agocha a cabeza no buraco.

Non esquecemos tampouco a importancia de traballar por lograr unha residencia de carácter público na nosa comarca, e que mentres outros alcaldes se están movendo por lograr que esta necesidade se volva unha realidade, o noso alcalde dedícase a buscar e negociar terreos que pretende pagar con cartos públicos para despois regalarllos a unha empresa e colocar un segundo xeriátrico, privado, en Ribadumia .

Asegura que una gerocultora tuvo que ser «evacuada de urgencia tras un severo golpe de calor»

Recordade as recomendacións de seguridade e  especial atención aos nenos e nenas. A saúde debe ser o primeiro, máis cand...
12/08/2026

Recordade as recomendacións de seguridade e especial atención aos nenos e nenas. A saúde debe ser o primeiro, máis cando as consecuencias dun mal proceder ou dun xogo inocente poden ser tan graves como as perda da visión.

Non é preciso saír de Ribadumia para ver o eclipse , nin case desprazarse por que ademais vai ser visible dende boa parte do noso Concello, pero se vos desprazades a algún punto concreto, como sempre precaución na estrada, evitade as presas e as aglomeracións, e neste caso moito coidado co espazo a onde vaiades, sobre todo ante o perigo de incendios.

Dirección

Ribadumia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Somos Ribadumia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Somos Ribadumia:

Atajos

Compartir