Socialistas de Ribadumia

Socialistas de Ribadumia Perfil oficial do PSdeG-PSOE de Ribadumia

01/08/2026

🏊‍♂️⚠️ Un día de piscina… e ao seguinte, suspendida.
👧👦 E as familias seguimos sen explicacións.
📄 Xa solicitamos toda a información sobre o sucedido.
❌ Cos servizos públicos non se improvisa.
❤️ E cos nosos nenos e nenas, moito menos.
🎥 Mais info no vídeo 👇
🌹

🚧 Por fin se arranxou a beirarrúa da rúa Espadeiro.Unha mostra máis de como funciona este goberno municipal: tarde e des...
10/07/2026

🚧 Por fin se arranxou a beirarrúa da rúa Espadeiro.Unha mostra máis de como funciona este goberno municipal: tarde e despois de moitas queixas.
🛑Esta beirarrúa levaba máis de dous anos en mal estado. Houbo escritos veciñais e desde o PSdeG-PSOE de Ribadumia pedimos o seu arranxo en pleno fai un ano. A resposta foi que “había outras cousas que arranxar”.
Claro que hai máis cousas que arranxar. Por iso hai que gobernar con planificación, atender á veciñanza e non deixar que os problemas se eternicen.
✅ Ben por arranxala.
❌ Mal por chegar tarde.
Seguiremos reclamando solucións para os problemas de Ribadumia.

📍 Desde a Deputación de PontevedraO noso compañeiro e deputado provincial Javier Mougán participou xunto ao Grupo Provin...
03/07/2026

📍 Desde a Deputación de Pontevedra
O noso compañeiro e deputado provincial Javier Mougán participou xunto ao Grupo Provincial Socialista na denuncia da preocupante deriva do goberno do PP na política de persoal da Deputación.
⚠️ Falamos de transparencia, igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público.
🏛️ As institucións deben estar ao servizo da cidadanía, non dos intereses partidistas.
🌹 Desde o PSdeG-PSOE seguiremos fiscalizando, esixindo explicacións e defendendo unha Deputación limpa, rigorosa e transparente.
📰 Noticia en Faro de Vigo 👇
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2026/07/02/psoe-provincial-acusa-diputacion-irregularidades-132048293.amp.html

21/06/2026

Las críticas del partido opositor y la central sindical arrecian sobre el alcalde de Ribadumia

🚨 O PLENO QUE DAVID CASTRO NON QUERÍA CELEBRAR ACABOU RETRATÁNDOO 🚨O alcalde tentou evitar este debate durante meses. Ca...
20/06/2026

🚨 O PLENO QUE DAVID CASTRO NON QUERÍA CELEBRAR ACABOU RETRATÁNDOO 🚨
O alcalde tentou evitar este debate durante meses. Cando finalmente se viu obrigado a celebralo pola iniciativa de PSOE e SR, respondeu como leva tempo facendo: interrompendo, apagando micrófonos e negándose a asumir responsabilidades.
📌 A piscina colapsou. 📌 O seguro non estaba pagado. 📌 O Consorcio rexeitou a cobertura. 📌 Cinco meses despois non existe unha solución nin financiamento.

👉 O que onte quedou claro é que o problema da piscina non é só unha infraestrutura. O problema é un modelo de goberno, incapaz de xestionar, incapaz de dialogar e incapaz de asumir erros.

🔴 Ribadumia merece máis.

🛑Cando un alcalde apaga os micrófonos da oposición, o que realmente apaga son as preguntas que non sabe responder.

La oposición afea al grupo de gobierno por «no ser capaz de dar una explicación convincente» sobre lo ocurrido con este servicio desde que fue arrasado por una inundación del Umia

17/06/2026

🏛️ Este xoves ás 21:00 horas celebrarase un Pleno extraordinario solicitado pola oposición para debater cuestións que afectan directamente á veciñanza de Ribadumia:
🏊‍♂️ A situación da piscina municipal.
🤝 As deficiencias detectadas pola Xunta de Galicia no Departamento de Servizos Sociais.

📍 Salón de Plenos do Concello de Ribadumia. 🗓️ Xoves 18 de xuño. 🕘 21:00 horas.

16/06/2026
👏🏆 Parabéns ás representantes de ASC Pole Sport Salnés polos magníficos resultados acadados no Campionato Nacional Arise...
09/06/2026

👏🏆 Parabéns ás representantes de ASC Pole Sport Salnés polos magníficos resultados acadados no Campionato Nacional Arise Championship celebrado en Badajoz.
🥇 Gabriela Besada – 1º posto en Artistic Amateur
🥈 Montse Gómez – 2º posto en Exotic Amateur
🥉 Eva Lede, de Ribadumia – 3º posto en Exotic Profesional
💪 Un exemplo de esforzo, disciplina e talento nun deporte en crecemento que tamén leva o nome de Ribadumia a competicións de ámbito nacional.
👏 Moitos parabéns a todo o equipo polo traballo realizado nesta primeira tempada!

📢🏛️ O PSOE xunto con SR forzamos un Pleno extraordinario en Ribadumia ante o bloqueo constante ás iniciativas da oposici...
04/06/2026

📢🏛️ O PSOE xunto con SR forzamos un Pleno extraordinario en Ribadumia ante o bloqueo constante ás iniciativas da oposición e a falta de respostas do goberno local.
🏊‍♂️ Piscina municipal de Cabanelas
🏢 Deficiencias detectadas en Servizos Sociais
📄 Mocións sen debatir durante meses
❌ Falta de transparencia e información pública
🗣️ “Non se pode normalizar que cuestións importantes para a veciñanza leven meses sen seren debatidas no Pleno municipal”.
👇 Deixamos aquí algunhas das informacións publicadas hoxe polos medios de comunicación:

🏛️ O PSdeG-PSOE de Ribadumia levou ao Concello unha moción para reclamar melloras urxentes no Departamento Municipal de ...
03/06/2026

🏛️ O PSdeG-PSOE de Ribadumia levou ao Concello unha moción para reclamar melloras urxentes no Departamento Municipal de Servizos Sociais tras o informe da Xunta de Galicia que detectou importantes deficiencias nas instalacións e no funcionamento do servizo.

📄 Ademais, solicitamos oficialmente toda a documentación relacionada coa inspección autonómica e coas actuacións realizadas polo goberno municipal.

🗣️ “Os Servizos Sociais son un servizo esencial e non poden funcionar en condicións precarias nin para os traballadores nin para os usuarios”, sinalou Javier Mougán.

🤝 Esta iniciativa contará tamén co seguimento do deputado autonómico Julio Torrado no Parlamento de Galicia.

👇 Deixamos aquí a información completa publicada nos medios:

El grupo opositor lleva una moción al pleno

Dirección

Ribadumia

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Ribadumia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Socialistas de Ribadumia:

Atajos

Compartir

Categoría