Sergio soutelo concelleiro

Sergio soutelo  concelleiro RIBADUMIA

03/09/2026

📢 BONO CONCILIA FAMILIA 2026 | INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Compartimos unha nova convocatoria de axudas que pode ser de interese para familias de Ribadumia que durante este ano tiveron que asumir determinados gastos para poder conciliar a vida laboral, persoal e familiar.
A Xunta de Galicia vén de convocar o Bono Concilia Familia 2026, destinado a colaborar nos gastos de conciliación derivados de situacións puntuais ou dos períodos de vacacións escolares. �
Xunta de Galicia
👧👦 A QUEN VAI DIRIXIDO?
A familias residentes en Galicia con nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022, sempre que se cumpran os requisitos establecidos na convocatoria. �
Xunta de Galicia
📅 QUE PERÍODO CUBRE?
Pódense solicitar axudas por determinados gastos de conciliación realizados entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2026. �
Xunta de Galicia
💶 CONTÍAS
➡️ Ata 500 € por unidade familiar para a contratación temporal dunha persoa empregada do fogar para o coidado dos menores ou para servizos de atención á infancia a domicilio.
➡️ Ata 200 € por cada neno ou nena para determinados servizos de conciliación, ludotecas, espazos infantís, campamentos privados ou outros recursos colectivos de conciliación admitidos pola convocatoria.
➡️ A axuda pode cubrir ata o 75 % do custo con carácter xeral e ata o 100 % no caso de determinadas familias de especial consideración, sempre dentro dos límites establecidos. �
Xunta de Galicia
🗓️ PRAZO PARA SOLICITALA
⚠️ Aínda non está aberto.
✅ Inicio: 9 de setembro de 2026 ás 09:00 horas.
✅ Fin: 9 de outubro de 2026 ás 14:00 horas.
💻 A solicitude deberá realizarse por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia.
🔎 Código do procedemento: BS412A. �
Xunta de Galicia
ℹ️ IMPORTANTE
Como ocorre con este tipo de convocatorias, a axuda conta con requisitos, condicións e algunhas limitacións que convén revisar antes de presentar a solicitude. Na nosa opinión, hai aspectos da convocatoria que resultan bastante restritivos, pero entendemos que o primeiro é que a información chegue ás familias que poden beneficiarse dela.
Por iso, se alguén ten dúbidas sobre se pode solicitala, que gastos poden entrar, que documentación necesita ou como tramitala, estamos á súa disposición.
📩 Non dubidedes en contactar con nós. Se podemos axudar ou ampliar a información, farémolo encantados.
👇 Deixamos aquí a información oficial da Xunta de Galicia, onde podedes consultar todos os requisitos, documentación e realizar posteriormente a solicitude:

🔗 Bono Concilia Familia 2026 – Procedemento BS412A⁠�

📄 E tamén as bases completas publicadas no Diario Oficial de Galicia:

🔗 DOG – Bases do Bono Concilia Familia 2026⁠�

Informar tamén é facer servizo público.
🔄 Se coñecedes algunha familia á que lle poida ser útil, compartide a información.

Se tes menos de 36 anos e estás pensando en mercar ou autopromover unha vivenda en Ribadumia, esta información pode inte...
19/08/2026

Se tes menos de 36 anos e estás pensando en mercar ou autopromover unha vivenda en Ribadumia, esta información pode interesarche.

A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de axudas para a adquisición ou autopromoción de vivenda en concellos de ata 10.000 habitantes, polo que Ribadumia está incluída nesta convocatoria.

🏠 Vivendas de ata 250.000 €
💶 Axuda de ata o 20 %, cun máximo de 15.000 € por vivenda
📅 Prazo de solicitude: do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026

É certo que, tendo en conta o prezo actual dunha vivenda ou o custo de construír unha casa, 15.000 € poden parecer unha cantidade limitada. Pero tamén é certo que, cando alguén decide dar o paso de mercar ou construír, son moitos os gastos que aparecen desde o primeiro momento: permisos, licenzas, proxectos, taxas, notaría, rexistro… e todo suma.
Por iso, aínda que non resolva por si soa o problema do acceso á vivenda, toda axuda conta e pode aliviar unha parte importante deses primeiros gastos.
Creo que é importante que a xente nova de Ribadumia coñeza esta convocatoria e teña acceso á información con tempo suficiente para comprobar se cumpre os requisitos e preparar a documentación necesaria.
🔗 Convocatoria oficial no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260819/AnuncioC3Q2-110826-0002_gl.html

Como concelleiro, considero que parte do noso traballo tamén é facer chegar aos veciños e veciñas aquelas axudas e oportunidades que lles poidan resultar útiles.

Compartide para que esta información chegue a quen lle poida interesar.

Disposición del Diario Oficial de Galicia

12/08/2026

Recordade as recomendacións de seguridade e especial atención aos nenos e nenas. A saúde debe ser o primeiro, máis cando as consecuencias dun mal proceder ou dun xogo inocente poden ser tan graves como as perda da visión.

Non é preciso saír de Ribadumia para ver o eclipse , nin case desprazarse por que ademais vai ser visible dende boa parte do noso Concello, pero se vos desprazades a algún punto concreto, como sempre precaución na estrada, evitade as presas e as aglomeracións, e neste caso moito coidado co espazo a onde vaiades, sobre todo ante o perigo de incendios.

11/08/2026

Hoxe apetéceme falar do PMP. Sabedes o que é?

Pois mira, o PMP é o Período Medio de Pago a Provedores, é dicir, o indicador que nos di canto tarda unha administración pública, de media, en pagar as facturas aos seus provedores.

E se un bota un ollo aos datos oficiais do Ministerio de Facenda, vense cousas bastante claras.

Durante a etapa do goberno tripartito de Ribadumia, no que estaban Independentes/Somos Ribadumia e PSOE, e no que David Castro tiña un papel importante, os últimos datos comparables do PMP foron:
➡️ Setembro 2018: 18,39 días
➡️ Decembro 2018: 12,77 días
➡️ Marzo 2019: 23,79 días

Todos eles por debaixo dos 30 días de referencia.

Pero hoxe a realidade é ben distinta, o último dato oficial é que en Ribadumia o PMP en marzo 2026 está de media nos 81,05 días
E decir esa é a cifra , de media , que tarda o Concello en pagar .

Esto é normal ?
Pois non , en concellos veciños como Meaño ( gobernado polo PP) o último datos oficial é de 5.07 días

Pero ... e si nos vamos a Mancomunidad do Salnés , que esta gobernando polo mismo que o Concello de Ribadumia, pois o tema repítese, o último datos oficial da Mancomunidade do Salnés en marzo 2026 é de 47,94 días
O preocupante e que na Mancomunidade, xa se chegou a rexistrar 117,87 días de PMP en xuño de 2024.
Por iso isto non vai só de partidos nin de siglas.
A mesma persoa que estivo nun goberno no que Ribadumia pagaba por debaixo dos 30 días, hoxe está á fronte de administracións nas que os prazos se disparan.
E ao noso redor tamén hai concellos que demostran que se pode pagar en prazo, sexa quen sexa quen goberne.
O problema non son as siglas.
O problema é como se xestiona, como se organiza e que prioridades se marcan.
E cando os atrasos se repiten en Ribadumia e tamén aparecen na Mancomunidade do Salnés, é normal preguntarse se se está trasladando o mesmo modelo dunha administración a outra.

Por certo ...dá pena ver como un grupo de persoas pode acabar representando tan mal unhas siglas e, sobre todo, un pobo.
Sabedes que?
Detrás de cada factura hai empresas, autónomos e provedores que fixeron o seu traballo, cumpriron coa administración e merecen cobrar en prazo.

Nós queremos para Ribadumia un goberno que xestione ben, que cumpra e que pague a tempo.

08/08/2026
Eu non saio do meu asombro. Nunha das visitas á zona de baño de Cabanelas que hoxe a tarde fixen despois de traballar at...
05/08/2026

Eu non saio do meu asombro. Nunha das visitas á zona de baño de Cabanelas que hoxe a tarde fixen despois de traballar atópome con duas sorpresas . A primeira e que dá verdadeira pena e tristeza ver o estado no que se atopa a zona de baño , e a segunda o cartel.
Unha zona que a concelleira Vanesa Jorge afirmou que estaba en perfectas condicións e que, en pleno verán, resulta que non se pode utilizar.
E por se fose pouco, o Concello coloca os carteis de prohibición á calada, sen informar previamente á veciñanza e sen explicar publicamente o motivo.
En fin… desde Somos Ribadumia fixemos o aviso para que, polo menos, os veciños e veciñas non perdan o tempo desprazándose ata alí pensando que poden bañarse.

Isto é xestión? Isto é transparencia?

Vos diredes.

04/08/2026
04/08/2026

Asegura que podrían haberse llevado al pleno de julio

Ano tras ano, o mesmo: tarde, a rastras, axudas conxeladas e un Concello que non paga a tempo.E despois os malos somos n...
04/08/2026

Ano tras ano, o mesmo: tarde, a rastras, axudas conxeladas e un Concello que non paga a tempo.
E despois os malos somos nós por dicilo.
De verdade queremos isto para Ribadumia?

Somos lamenta que el Concello no haya aprobado las ayudas a entidades y colectivos locales

Vamos a recompilar os datos de esta semana...O martes, nada máis coñecer o grave sucedido na piscina da Pousada, present...
01/08/2026

Vamos a recompilar os datos de esta semana...
O martes, nada máis coñecer o grave sucedido na piscina da Pousada, presentei un escrito solicitando información para as familias e acceso ás analíticas realizadas.
O mércores acudín persoalmente ao Concello e non foron quen de amosarme ningún resultado nin informe. O voxes volvin a presenciarme no concello pedindo o mesmo pero esta vez a propia Secretaría deixa agora por escrito que as analíticas da empresa externa aínda non constaban entregadas oficialmente nin rexistradas.
Estamos falando da exposición de menores a unha piscina cun nivel de cloro presuntamente descontrolado, con nenos que sufriron reaccións físicas.

As preguntas son evidentes .

Cando se fixeron as analíticas? Quen coñecía os resultados? E con que garantías se permitiu o baño?

E onde está agora o concelleiro de Obras e Servizos, que cobra unha liberación e días antes afirmaba estar traballando para abrir esta piscina?

Dando a cara ante as familias xa vos digo eu que no.
A política non só e saír nas fotos señor concelleiro ,a política é estar ao lado dos problemas aportar información e buscar solucións .

As familias merecen información, transparencia e explicacións inmediatas.

Dirección

Ribadumia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sergio soutelo concelleiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría