Queremossentir

Queremossentir FAmiliares Unidos pola DEfensa dos nosos MAiores

Calquer momento é bo para reflexionar... incluso un luns pola mañá.
14/12/2020

Calquer momento é bo para reflexionar... incluso un luns pola mañá.

13/12/2020

propón, para consegui-lo seu obxectivo, unha actuación baseada en dous puntos clave:

PROTECCIÓN, é dicir, que os familiares dispoñan dos equipos de protección individual (custodiados nos propios centros residenciais e desbotables despois de cada visita) suficientes para poder acariñar e tocar ós seus seres queridos.
SUPERVISIÓN, é dicir, que o centro estableza o control necesario para garantir visitas de contacto seguro, pasando esto por un protocolo validado pola Autoridade Sanitaria correspondente (relativo a bicos, tempo de contacto, etc) e vixiado polo personal do centro para a tranquilidade de tódolos axentes implicados.

13/12/2020

é un proxecto impulsado por familiares de usuarias e usuarios de centros residenciais da terceira edade de Galiza co obxecto de concienciar á autoridade competente en particular, e á sociedade enteira en xeral, da necesidade de contacto humán que teñen os residentes e nós mesmos, os seus seres queridos, e tamén do efecto positivo que este supón no seu estado de saúde.
Somos moi conscientes da situación complicada que estamos a vivir pola COVID-19 e somos tamén os primeiros interesados en preserva-la saúde dos nosos familiares, pero tamén vemos cada día como o distanciamento e o aillamento ós que están sometidos, por mor da súa seguridade, está a apagalos paseniñamente, provocando en moitas ocasións, un avance do seu deterioro cognitivo a unha velocidade de vertixe.

Grazas Pilar. Ogallá en vindeiras presentacións podamos contar coa túa presenza!!
13/12/2020

Grazas Pilar. Ogallá en vindeiras presentacións podamos contar coa túa presenza!!

  é moito máis que unha caixa chea de equipos de protección individual. Dentro dela, van tódalas esperanzas de maiores e...
13/12/2020

é moito máis que unha caixa chea de equipos de protección individual. Dentro dela, van tódalas esperanzas de maiores e seus familiares de que o día en que nos podamos abrazar esté á volta da esquina. Pensade... máis de 9 meses xa. Se nos blindamos con máscaras, pantallas, gorros, luvas, batas, calzas... por qué non poderemos acariñalos?

Acompañáronnos na presentación do proxecto Moisés Cid de REDE GALICIA e REDE OURENSE, Ana Villaverde, cofundadora da aso...
13/12/2020

Acompañáronnos na presentación do proxecto Moisés Cid de REDE GALICIA e REDE OURENSE, Ana Villaverde, cofundadora da asociación FAUDEMA, Rosa Cerqueiro, psicóloga e voceira do Movemento Galego da Saúde Mental, María Lueiro, psicóloga e directora dun Centro de Día en Compostela e Ignacio Novo, médico internista no Hospital do Barbanza e Coordinador da Xestión Asistencial na residencia Integrada do CEGADI, tamén en Compostela. GRAZAS A TODOS ELES POLA SÚA COLABORACIÓN!!

O pasado 11 de decembro, presentamos na Casa das Asociacións de Cornes, en Compostela, o proxecto  . O obxectivo é conse...
13/12/2020

O pasado 11 de decembro, presentamos na Casa das Asociacións de Cornes, en Compostela, o proxecto . O obxectivo é conseguir que, despois de 9 meses sen poder abrazar ós nosos seres queridos (nais, pais, irmás, irmáns, avós, avoas, tías, tíos,...), coas correspondentes medidas de protección e supervisión, nos permitan manter un contacto humán con eles.

Dirección

RIBADUMIA
Ribadumia
36636

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Queremossentir publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Queremossentir:

Compartir

Categoría