Concello de Ribadumia

Concello de Ribadumia Páxina oficial do Concello de Ribadumia

📢 O vindeiro 14 de setembro ás 08:00 horas, o Concello de Ribadumia abrirá o prazo de inscrición nas actividades municip...
04/09/2026

📢 O vindeiro 14 de setembro ás 08:00 horas, o Concello de Ribadumia abrirá o prazo de inscrición nas actividades municipais de lecer e tempo libre, dirixidas tanto a nenos/as como a persoas adultas.

Para inscribirse será necesario presentar o formulario correspondente xunto coa documentación requirida:

➡️ Copia do DNI
➡️ Certificado da conta bancaria
➡️ No caso de ximnasia e mantemento do Club Sénior, copia da tarxeta sanitaria.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica, a partir do 14 de setembro ás 08:00 horas.

‼️Importante: as prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de entrada das solicitudes.

👉 Toda a información sobre actividades, horarios, espazos, prezos, formularios e prazos de inscrición está recollida no bando e na Axenda de Actividades Municipais e doutras entidades 2026/2027, dispoñible na páxina web municipal.

Permanece atento/a porque o luns publicaremos a relación completa de actividades 👀

🔴 ESTAMOS EN DIRECTOPodes seguir a sesión do Pleno Ordinario clicando na imaxe
03/09/2026

🔴 ESTAMOS EN DIRECTO

Podes seguir a sesión do Pleno Ordinario clicando na imaxe

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

🏛️ Ribadumia foi un dos máis de 200 concellos galegos que se sumaron á convocatoria da FEMP con motivo do Día de Ceuta.G...
03/09/2026

🏛️ Ribadumia foi un dos máis de 200 concellos galegos que se sumaron á convocatoria da FEMP con motivo do Día de Ceuta.

Grazas ás persoas que vos sumastes a este xesto de solidariedade e apoio ao pobo ceutí 🙏

🛍️ Ribadumia participa na campaña Merca no Teu Comercio do 1 ao 15 de setembro para impulsar as compras nos establecemen...
02/09/2026

🛍️ Ribadumia participa na campaña Merca no Teu Comercio do 1 ao 15 de setembro para impulsar as compras nos establecementos de proximidade. Así que, se mercas no comercio local durante eses días, podes ter premio!

Se realizas unha compra nun negocio participante de Ribadumia, podes rexistrar o teu ticket en 👉 mercanoteucomercio.com/ribadumia

Cada compra rexistrada equivale a unha participación no sorteo, que se celebrará o 16 de setembro.

Lembra gardar ou fotografar o teu ticket de compra e consulta toda a información da campaña na web.

Anímate e merca no comercio local!

🏛️ Este xoves, 3 de setembro, o Concello de Ribadumia celebrará unha nova sesión ordinaria do Pleno municipal.🕘 21:00 h📍...
02/09/2026

🏛️ Este xoves, 3 de setembro, o Concello de Ribadumia celebrará unha nova sesión ordinaria do Pleno municipal.

🕘 21:00 h
📍 Salón de Plenos

👉 Consulta a orde do día da sesión.

🎶 Este domingo, Laroá levou ao Auditorio Municipal o seu espectáculo “Porque non hei de cantar”, dentro do ciclo Son Ver...
02/09/2026

🎶 Este domingo, Laroá levou ao Auditorio Municipal o seu espectáculo “Porque non hei de cantar”, dentro do ciclo Son Verán da Deputación Pontevedra.

A música e a tradición musical galega foron as protagonistas dunha tarde na que a cultura volveu ter o seu espazo en Ribadumia ✨

▶️ Estes días celebrouse unha nova Noite de Morcegos en Ribadumia, unha actividade organizada pola Asociación Ideas de b...
02/09/2026

▶️ Estes días celebrouse unha nova Noite de Morcegos en Ribadumia, unha actividade organizada pola Asociación Ideas de bombero en colaboración co Concello.

A xornada incluíu unha pequena charla sobre estes animais, unha ruta pola contorna do río Umia e a visita a varios dos refuxios que forman parte da Rede de Refuxios para Morcegos AIB do Salnés 🦇

Tamén houbo tempo para escoitar os morcegos co detector de ultrasóns e compartir un rato agradable entre as persoas participantes.

👏 Grazas á asociación por seguir achegando este proxecto á veciñanza e a todas as persoas que participaron nesta nova xornada.

🏊‍♀️ O Concello de Ribadumia traslada o fin da prohibición temporal do baño unha vez confirmada a recuperación dos nivei...
02/09/2026

🏊‍♀️ O Concello de Ribadumia traslada o fin da prohibición temporal do baño unha vez confirmada a recuperación dos niveis de calidade da auga e a súa aptitude para o baño.

Deste xeito, a praia fluvial de Cabanelas recupera o seu uso habitual e o baño volve estar permitido.

Lamentamos as molestias ocasionadas e agradecemos a comprensión e colaboración de toda a veciñanza 🙏

🏛️ O Concello de Ribadumia adhírese á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en apoio e s...
01/09/2026

🏛️ O Concello de Ribadumia adhírese á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en apoio e solidariedade co pobo de Ceuta.

A concentración terá lugar mañá, mércores 2 de setembro, ás 20:00 horas, diante do Concello de Ribadumia.

Animamos á veciñanza que o desexe a sumarse a este acto de apoio e solidariedade 🤝

Coa volta ao cole á vista, estes días estamos a poñer a punto as marquesiñas e os puntos de parada do transporte escolar...
01/09/2026

Coa volta ao cole á vista, estes días estamos a poñer a punto as marquesiñas e os puntos de parada do transporte escolar de Ribadumia 🚌

Estanse realizando traballos de limpeza e acondicionamento para que os nenos e nenas que utilizan estas paradas atopen os espazos en boas condicións ao comezar o curso.

👉 Estas actuacións forman parte do mantemento habitual dos distintos puntos do municipio, prestando especial atención nestas datas aos lugares de uso diario dos escolares.

Dirección

Avenida De Ribadumia, 3
Ribadumia
36636

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ribadumia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir