31/10/2026
🩺💙 𝗥𝗶𝗯𝗮𝗱𝗲𝗼 𝗽𝗼𝗻 𝗲𝗻 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗵𝗮 𝗮 𝗰𝘂𝗮𝗿𝘁𝗮 𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 «𝗦𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗲 𝗘𝗺𝗲𝗿𝘅𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀»!
A iniciativa, organizada pola Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia, chegará a 146 alumnos e alumnas de secundaria e FP básica dos centros educativos de Ribadeo e A Pontenova durante o mes de novembro.
🚑 O alumnado recibirá formación para saber como actuar ante situacións de emerxencia. As sesións combinarán explicacións e prácticas con maniquíes de simulación para que o alumnado poida adquirir habilidades básicas e aprender a responder ante unha emerxencia.
📅 Inicio: martes 3 de novembro.
📍 Colexio Sagrado Corazón e resto de centros educativos participantes.
Unha iniciativa para fomentar a prevención, a educación para a saúde e a adquisición de coñecementos que poden salvar vidas. 💙