08/09/2026
🥾🚵 BTT e Andaina Subida ao Castro Barbudo 🚵🥾
O pasado domingo, voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Rianxo participaron no operativo da BTT e Andaina Subida ao Castro Barbudo, celebrada no noso concello.
Durante a xornada, os nosos voluntarios prestaron apoio preventivo ao longo dos percorridos, en colaboración coa Policía Local, permanecendo preparados para actuar ante calquera incidencia e contribuíndo á seguridade das persoas participantes.
Agradecemos á organización e a todos os servizos participantes a súa colaboración, facendo posible unha nova xornada de deporte, natureza e compañeirismo.
🌿 Unha xornada máis acompañando o deporte e reforzando a prevención.