BNG Redondela

BNG Redondela Somos a organización política nacionalista galega que defende os dereitos da cidadanía galega.

XOÁN CARLOS GONZÁLEZ FALA CLARO DA XENOFOBIA DO PPO PP de Redondela vive a súa frustración  ante o clamoroso fracaso da ...
05/09/2026

XOÁN CARLOS GONZÁLEZ FALA CLARO DA XENOFOBIA DO PP

O PP de Redondela vive a súa frustración ante o clamoroso fracaso da súa convocatoria contra a chegada de inmigrantes ao Ceuta cunha campaña de acoso ao voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González Campo

Na liña marcada dende Madrid, Javier Bas e as súa ordas pretenderon utilizar a Redondela na súa loita contra a chegada de persoas que buscan unha vida mellor.

A labazada que lle deron os veciños e veciñas de Redondela foi apoteósica

Sentíuse ofendido Javier Bas cando Xoán Carlos González díxolle ao realidade, que eran RACISTAS E XENÓFOBOS.

Apoio absoluto ao noso voceiro.

A defensa dos DEREITOS HUMANOS NON SE NEGOCIA.

Convocatoria do pleno ordinario do concello de Redondela correspondente ao mes de agosto, hoxe xoves 3 de setembro ás 20...
03/09/2026

Convocatoria do pleno ordinario do concello de Redondela correspondente ao mes de agosto, hoxe xoves 3 de setembro ás 20 horas coa seguinte orde do día.

LABAZADA DE REDONDELA Á CONCENTRACIÓN RAZISTA DE PPVOXBaixo a falsa consigna do apoio ao pobo de Ceuta o PP e VOX convoc...
03/09/2026

LABAZADA DE REDONDELA Á CONCENTRACIÓN RAZISTA DE PPVOX

Baixo a falsa consigna do apoio ao pobo de Ceuta o PP e VOX convocaron unha concentración diante do concello

Nada máis lonxe, o que se difunde é o discurso do odio nos que priman consignas racistas e xenófobas

A extrema dereita en todo o seu explendor.

Redondela que sempre se amosou SOLIDARIA cos máis débiles deulle toda unha lección a un grupúsculo de fanáticos radicalizados.

Unha concentración liderada por Javier Bas que aglutina o voto da extrema dereita e da dereita extrema

Non caben medias tintas

No BNG sabemos que temos que estar do lado da xustiza, dos dereitos humanos, dos que buscan no "primeiro mundo" unha oportunidade de mellora.

Nosa é a responsabilidade.

01/09/2026

🗣 O noso candidato á alcaldía de Redondela nas vindeiras eleccións municipais de 2027, Xoán Carlos Gónzalez, fala sobre o estado de abandono das parroquias no noso concello para o Atlántico Diario.

📝 As parroquias teñen que estar atendidas e servir como núcleo social para o desenvolvemento vital e cultural das veciñas.

👉 Ademais, un goberno local liderado polo BNG centrarase en devolver as rúas aos peóns.

29/08/2026

🗣 O noso candidato á alcaldía de Redondela nas vindeiras eleccións municipais de 2027, Xoán Carlos Gónzalez, fala sobre a problemática da vivenda no noso concello para o Atlántico Diario.

📝 É unha das grandes preocupacións das veciñas de Redondela e atallaremos este reto desde un goberno liderado polo BNG.

✊️ A vivenda é un dereito, non un privilexio.

UNHA DECLARACIÓN, QUE NON É SUFICIENTE                                                           A recente declaración d...
23/08/2026

UNHA DECLARACIÓN, QUE NON É SUFICIENTE A recente declaración de San Simón como Lugar de Memoria Democrática, valórase dende o BNG como positiva en canto á recuperación da Illa da Memoria. Dende o BNG valoramos positivamente que "As Madriñas" tamén sexan recoñecidas como exemplo de solidariedade (por iniciativa da nosa organización o 2020, foi declarado ano das Madriñas de San Simón). Consideramos dende o BNG que o concello debe desenvolver o Plan de Usos de San Simón, tal como exiximos nunha moción presentada polo grupo municipal nacionalista hai varios anos. Exiximos dende o BNG que Redondela teña presenza na Fundación Museo do Mar de Vigo, onde se deciden as actividades que se desenvolven na Illa. O BNG manterase na defensa da recuperación da Memoria dos e das que foron perseguidos e asasinados durante o golpe de estado franquista e posterior represión.

As illas de San Simón e Santo Antón, en Redondela, son desde esta sexta feira Lugar de Memoria Democrática. Máis de 5.600 persoas represaliadas pasaron polas...

22/08/2026
DÍA DA GALIZA MÁRTIRCANDO O FASCISMO ASASINOU A BÓVEDAHoxe conmemoramos o 90° aniversario do vil  asasinato de Alexandre...
17/08/2026

DÍA DA GALIZA MÁRTIR

CANDO O FASCISMO ASASINOU A BÓVEDA

Hoxe conmemoramos o 90° aniversario do vil asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira (Poio) polo réxime do terror franquista.

En Chapela, o CEIP Alexandre Bóveda, celebra o aniversario do seu nacemento coa presenza de parte da súa familia.

O noso recoñecemento por dar protagonismo a unha das figuras singulares da historia de Galiza.

14/08/2026

Dirección

Praza Da Constitución
Redondela
36800

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir