07/09/2026
🥇 Redondela revalida a MEDALLA DE OURO da Rede Galega de PRAIAS SEN FUME!
👉 O noso concello volve situarse na vangarda da protección ambiental e do coidado da saúde pública en Galicia. O distintivo que certifica que o 100% dos nosos areais son espazos libres de tabaco e vapeadores 🌊
🚭 Máis alá das praias: medramos en saúde urbana
Grazas ao impulso da Mesa Local de Saúde e en colaboración coa AECC e o alumnado dos institutos locais, ampliamos os espazos sen fume á contorna urbana:
• Paseo da Xunqueira libre de fume.
• Alameda Castelao libre de fume.
♻ Coidamos dos nosos ecosistemas mariños evitando a contaminación por cabichas e, sobre todo, protexemos a saúde de toda a veciñanza, especialmente da mocidade.
🔗 Tes toda a información detallada na web municipal 👇
https://redondela.gal/redondela-revalida-a-medalla-de-ouro-como-municipio-100-libre-de-tabaco-na-rede-de-praias-sen-fume/