05/09/2026
𝗗𝗘𝗦𝗖𝗨𝗕𝗥𝗜𝗥 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗦𝗘𝗚𝗪𝗔𝗬
RTMQ. Esta mañá tiña lugar unha das actividades máis novas do programa de dinamización turística Descubrir Quiroga: “ Segway Mini Aventura”. Un entretido percorrido polo Paseo Fluvial de Quiroga para g***r da paisaxe local dun xeito diferente e sobre rodas.
O Concelleiro de Turismo, Vicente Parra, encargouse de recibir a algún dos grupos de participantes e ademais de darlle a benvida, pois a maioría eran de fora do municipio; lembrou que o Descubrir Quiroga deste ano está integramente financiado pola Deputación Provincial de Lugo.
Os participantes saían en pequenos grupos, distanciados unha hora, dende o aparcamento do paseo fluvial para, tras unhas pequenas explicacións e prácticas a cargo da empresas Enoturismo Galicia, desfrutar das beiras do río Quiroga en segway.
A experiencia, segundo os participantes, máis que satisfactoria, tanto polo entorno como polo vehículo empregado para facer o recorrido.
O programa descubrir Quiroga continúa neste mes de setembro, con outras dúas citas. A primeira “Raíces e Ritmos das Montañas”, unha actividade no Museo Etnográfico concibida para achegar aos asistentes ás tradicións, á artesanía e á cultura das montañas quiroguesas.
E a seguinte , unha nova cita co barranquismo, para a que xa están todas as prazas cubertas. Dada o boa acollida que ten a actividade de barranquismo e a gran demanda deste deporte en Quiroga, o Concelleiro de Turismo, Vicente Parra, quere lembrarlle a todos os aventureiros que esta actividade, así como a espeleoloxía, está regrada e suxeita a unha normativa ambiental.
Os barrancos de Quiroga, ao igual que todos os do Xeoparque Montañas do Courel, están incluídos dentro da Rede Natura 2000 polo que para practicar este deporte, en calquera dos barrancos do municipio, é preciso contar coa autorización de Patrimonio Natural de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia), ou acudir cun monitor que conte con esta autorización.
Para o mes de outubro aínda están previstas dúas actividades. O día 3, un recorrido polas fervenzas de Quiroga coincidindo coa espectacular época de caída da folla no municipio. E o día 18 un recorrido polo Camiño do Ferradal co que se pechará o programa Descubrir Quiroga por este ano.
As persoas interesadas en participar nestas actividades poden formalizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de Quiroga, no teléfono 982 43 51 25 ou no enderezo electrónico: [email protected]. As prazas deste programa gratuíto son limitadas, polo que é preciso Inscribirse canto antes.