Concello de As Pontes

Concello de As Pontes Página Oficial del Concello de As Pontes

🏍️🌲 As Pontes volverá ser o epicentro do mototurismo galego!O vindeiro 27 de xuño chega unha nova edición da Ruta do Eum...
15/06/2026

🏍️🌲 As Pontes volverá ser o epicentro do mototurismo galego!

O vindeiro 27 de xuño chega unha nova edición da Ruta do Eume, unha das citas máis destacadas do Campionato Galego de Mototurismo e unha das rutas máis agardadas polos amantes das dúas rodas.

Con máis de 320 quilómetros de percorrido e un itinerario secreto, os participantes descubrirán algunhas das paisaxes máis espectaculares da provincia da Coruña, percorrendo estradas costeiras, bosques, aldeas con encanto e impresionantes miradoiros naturais.

🗺️ Navegación mediante libro de ruta
🏍️ Punto pantasma durante o percorrido
⏱️ Tramo de regularidade
🌄 Paradas en enclaves de gran valor paisaxístico
🤝 Unha experiencia única para g***r da moto, da estrada e do compañeirismo

📍 Saída: Praza do Concello das Pontes
🕘 09:00 horas

A proba está aberta tanto a pilotos federados como a afeccionados que queiran vivir esta aventura sobre dúas rodas.

📝 Inscricións: www.cgmototurismo.org 📞 698 144 717
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-volvera-ser-o-epicentro-do-mototurismo-galego-coa-celebracion-da-ruta-do-eume/

🚣‍♂️🏆 Grandes resultados para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes no Campionato Galego de Travesías!O domingo, ...
15/06/2026

🚣‍♂️🏆 Grandes resultados para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes no Campionato Galego de Travesías!

O domingo, o club pontés participou no Campionato Galego de Travesías disputado na marisma do Mandeo, en Betanzos, nunha esixente proba de 10 quilómetros marcada pola pouca profundidade da auga e as correntes provocadas polo cambio de marea.

Os deportistas das Pontes acadaron destacados resultados:

🥇 Xoel Timiraos e Xalo Romero proclamáronse campións galegos en K2 Cadete Masculino.

🥇 Antonio Polo conquistou o título de Campión Galego en K1 Veterán Masculino tras facerse coa vitoria na regata.

🥉 Adrián Filgueira e Omar Penabad lograron a medalla de bronce en K2 Xuvenil Masculino.

👏 En K1 Cadete Masculino, Daniel Ferro liderou a competición durante gran parte da proba, pero un incidente nos últimos metros obrigouno a sobrepoñerse a un envorco para finalizar nun meritorio quinto posto galego.

👏 Na categoría K1 Veterán Masculino, Ernesto Gancedo rematou sexto e J. Antonio Menéndez “Lolo” acadou a sétima posición.

Parabéns a todos os deportistas e ao Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes polo seu esforzo e polos excelentes resultados acadados! 💙💛

⛵🌊 Este verán, o lago das Pontes convértese na mellor aula ao aire libre!O Club de Vela Fluvial As Pontes abre as inscri...
15/06/2026

⛵🌊 Este verán, o lago das Pontes convértese na mellor aula ao aire libre!

O Club de Vela Fluvial As Pontes abre as inscricións para os seus Cursos de Vela de Verán 2026, dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos.

📅 Do 6 de xullo ao 28 de agosto
🕙 De 10:00 a 14:00 horas
⛵ Cursos semanais de 20 horas de formación

Unha oportunidade única para aprender a navegar, facer deporte, gañar autonomía, fomentar o traballo en equipo e g***r da natureza nun entorno seguro e privilexiado.

✅ Todo o material incluído
✅ Chalecos salvavidas facilitados polo club
✅ Descontos para socios e para a contratación de varias semanas

✨ Como novidade, o Club aposta pola continuidade da aprendizaxe, animando aos participantes a incorporarse á escola deportiva durante o inverno e seguir medrando no deporte da vela.

⚠️ As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes.

📝 Inscricións e máis información:
https://forms.cloud.microsoft/r/in3rN5wsGk

COMPARTIMOS 📰A Carrera Greenpower Galicia reunirá a 12 equipos de tres comunidades no circuíto das Pontes.  Estudantes d...
15/06/2026

COMPARTIMOS 📰

A Carrera Greenpower Galicia reunirá a 12 equipos de tres comunidades no circuíto das Pontes. Estudantes de Galicia, Asturias e País Vasco competirán o xoves con vehículos eléctricos de eficiencia enerxética nunha cita non clasificatoria.

Máis info:

Estudiantes de Galicia, Asturias y País Vasco competirán el jueves con vehículos eléctricos de eficiencia energética en una cita no clasificatoria

15/06/2026

🎬🏭 Unha viaxe á memoria da Central Térmica das Pontes

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume organiza unha nova sesión das Xornadas Hume coa proxección do documental:

📽️ "Central Térmica das Pontes: memoria dende as súas entrañas"

🗓️ Venres, 19 de xuño de 2026
🕢 19:30 h
📍 Casa Dopeso

Tras a proxección, celebrarase un interesante faladoiro con antigos traballadores da central térmica, que compartirán as súas experiencias e lembranzas dunha das instalacións máis emblemáticas da historia recente das Pontes.

✨ Unha oportunidade única para coñecer e preservar a memoria industrial do noso concello.

👉 Entrada libre ata completar aforo.

🚧 Máis seguridade e mellores infraestruturas nos nosos polígonos industriais 🚧O Concello das Pontes investirá 141.794,18...
12/06/2026

🚧 Máis seguridade e mellores infraestruturas nos nosos polígonos industriais 🚧

O Concello das Pontes investirá 141.794,18 € na mellora da seguridade viaria dos polígonos dos Airíos e Penapurreira, grazas ás axudas da Xunta de Galicia para a modernización dos parques empresariais.

✅ Renovación do firme no viario 2 dos Airíos (830 metros de lonxitude)
✅ Reparación de fochancas e zonas deterioradas polo tráfico pesado
✅ Reposición completa da sinalización horizontal nos polígonos dos Airíos e Penapurreira
✅ Mellora de pasos de peóns, liñas viarias, símbolos e zonas cebreadas

🎯 O obxectivo é ofrecer unhas infraestruturas máis seguras, modernas e adaptadas ás necesidades das empresas e das persoas que traballan nestes espazos industriais.

Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-investira-mais-de-140-000-euros-en-seguridade-viaria-nos-poligonos-dos-airios-e-penapurreira/

🚜🏭🛣️

🐝 Curso de Selección e Cría de Raíñas con Abella Autóctona 🐝Se che interesa a apicultura ou queres afondar nos coñecemen...
12/06/2026

🐝 Curso de Selección e Cría de Raíñas con Abella Autóctona 🐝

Se che interesa a apicultura ou queres afondar nos coñecementos sobre a conservación e mellora da nosa abella autóctona, esta formación é para ti.

📍 Lugar: Na Casa do Mel
📅 Datas:
• 27, 28 e 29 de xuño
• 7, 9 e 10 de xullo
🕟 Horario: De 16:30 a 21:30 h

Durante o curso abordaranse técnicas de selección e cría de raíñas, fundamentais para o desenvolvemento dunha apicultura sostible e adaptada ao noso territorio.

📞 Máis información: 661 003 616
📧 [email protected]

📝 Inscricións: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

🧶🌿 O Día Mundial de Tecer en Público celebrarase na Fraga de Doña Rita! 🌿🧶Compartimos esta fermosa iniciativa organizada...
12/06/2026

🧶🌿 O Día Mundial de Tecer en Público celebrarase na Fraga de Doña Rita! 🌿🧶

Compartimos esta fermosa iniciativa organizada por Puntadas con Agarimo, que este ano se suma á Romaría das Merendas para vivir unha tarde chea de tradición, convivencia e creatividade 💛

Agullas, la, gaitas, baile, merendas e moito agarimo nun entorno único para compartir, crear e desfrutar en boa compañía 🧺🎶✨

📍 Fraga de Doña Rita
🧶 13 de xuño
⏰ A partir das 16:00 horas

Animádevos a participar e a encher a Fraga de puntos, cores e sorrisos! 💚

Dirección

Parque Municipal S/n
Puentes De García Rodríguez
15320

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de As Pontes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de As Pontes:

Compartir